Xa pasou medio curso, máis seguimos coa labor de manter limpo o noso patio de xogo, no que gozamos e convimos cada día. Seguimos tratando de concienciar ás nosas crianzas da importancia de non tirar lixo ao chan e de manter limpa a nosa contorna en beneficio de todos. Cada semana correspóndelle a unha aula ser COMANDO VERDE; ocuparse de facer recollida do lixo, trasladar os restos orgánicos das merendas ao composteiro, coidar do noso horto que está iniciando a plantación despois do inverno.
cartel que indica que aula lle toca buscando e recollendo lixo polo patio
SEGUIMOS ATOPANDO MOITO LIXO CADA SEMANA. AÍNDA DEBEMOS SEGUIR CONCIENCIANDO NO COIDADO DO NOSO MEDIO, COMO LABOR E OBRIGA DE TODOS.
MEDIO CESTO COA DIFERENZA SO DUNHA SEMANA DE RECOLLIDA ENTRE UN E OUTRO!!!