Skip to Content

As imaxes do patrimonio (PNO)

Proxecto sobre o patrimonio cultural inmaterial.

ENTREGA DE PREMIOS (PNO)

V CERTAME AS IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO-PORTUGUES

Hoxe acudimos ao Auditorio da Asoc. Cultural Valadares (Vigo) para recoller o 1º premio á mellor fotografía e o premio ao mellor programa de radio escolar adicado á mesma temática. Foi un día cargado de emocións e gratitude!!

Queremos agradecer á organización de Ponte nas Ondas e ao xurado do certame este recoñecemento tan importante para nós.

E por suposto a tod@s @s nen@s e familias que nos fixéstedes chegar as vosas fermosas fotografías antigas e aos que participaron no programa de radio, especialmente a Otilia e Javier, os avós que nos agasallaron con esta fermosa entrevista. Non vos perdades este programa de radio ramalloseiros aquí

Podedes tamén ver toda a información completa dos premios, ao que asistiron entre outras autoridades; D. José Manuel Rodríguez Uribes, embaixador de España na UNESCO, os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, D. Anxo M. Lorenzo e Dna. Mª Carmen Martínez asistentes,... Premendo aquí entraredes directamente á nova na propia web de Ponte nas Ondas

PNO Premios
PNO Premios 2

Asitiron todos @s participantes no certame e tivemos tamén a sorte de podermos contar coa compaña das familias dos premiados.

Podedes ver todas as fotos e vídeos premendo aquí  

(Seguimos subindo contidos, pois agardamos máis fotografías)

 

Podedes ver toda a entrega de premios no seguinte vídeo:

 

"Os nosos premios": Entrega premio ao Mellor programa de Radio Escolar de Ed. Primaria (Minuto 36:20)

Entrega 1º premio de Ed. Primaria (Minuto 48:10)

 

APOIA AQUÍ A CANDIDATURA DE PONTE…NAS ONDAS! AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO. O 1 DE DECEMBRO SABEREMOS SE OBTEMOS ESTE RECOÑECEMENTO DA UNESCO

Qué é a UNESCO? Cal é o motivo da súa creación?

Preme nos seguinte enlaces para saber máis cousiñas sobre a "Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

HISTORIA - MAIS SOBRE A UNESCO  

PREMIO DOBRE NO "V CERTAME: AS IMAXES DO PATRIMONIO" (Ponte nas Ondas)

Esta semana comunicáronnos o fallo do xurado no "V Certame: Imaxes do Patrimonio Galego-Portugues" organizado por "Ponte nas Ondas".

É un orgullo para nós comunicarvos que recibimos os seguintes premios:

- "1º premio de fotografía": Yoel Ares Gómez "A emigración: A radio"

- Premio ao "Mellor programa de Radio Escolar", no concurso de Podcast do mesmo Certame.

Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.

Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.

Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable. 

Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.

Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe. 

Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués // "Ponte nas Ondas"

 "TRABALLO PRESENTADO AO CERTAME"

Imaxes do Patrimonio

PREME NA IMAXE PARA VER O NOSO TRABALLO ENVIADO AO CERTAME EN FORMATO "PRESENTACIÓN online" 

PRESENTACIÓN EN GOOGLE PPT

 

Despois da recollida e elaboración de contidos para enviar as montaxes ao certame, netses intres estamos a traballar na produción do pertinente programa de radio especial sobre esta actividade. Onde teremos con nós en radio ramalloseir@s a dous convidados moi especiais. Está a ser unha actividade laboriosa pero fermosa e cargada de historia viva e emocións!! Que nos revolve ata o máis adentro e nos comparte segredos que nunca imaxinamos.

Moi pronto máis info aquí e tamén todos os materiais pendentes!!

Memoria e Patrimonio Inmaterial

Preme na imaxe para visionar ou descargar o libro-comic en formato banda deseñada

E preme aquí para ver máis cousiñas do acto de presentación do proxecto

 

           

  

"VÍDEO RESUMO DO TRABALLO PRESENTADO"

 

 

 

PRESENTACIÓN POWERPOINT DA ACTIVIDADE

- PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PRESENTACIÓN -

 

 

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO PARA O CERTAME

 

- PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O PROGRAMA -

 

ESCOLLA DE IMAXES E TEMÁTICAS ÁS QUE SE FAI REFERENCIA NO PROGRAMA:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut