Skip to Content

Club de lectura

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

 FINALIZA O CURSO ACADÉMICO E TAMÉN SE PECHA O CLUB DE LECTURA. DESPOIS DA ANDAINA DESTA ACTIVIDADE DE INCENTIVACIÓN E ANIMACIÓN Á LECTURA, QUIXEMOS FACER UNHA PEQUENA MERENDA DOCE PARA VALORAR O ESFORZO DO ALUMNADO QUE PARTICIPOU E INTENTAR ANIMAR AOS DEMAIS DE CARA AO VINDEIRO CURSO.

ADEMAIS, SO QUEDARON ATA O REMATE DE TODAS AS REUNIÓNS UNHAS CANTAS RAPAZAS, POLO QUE SE VALOROU O ESFORZO E FIXERON O AGASALLO DO AMIGO INVISIBLE, ALGO ESPECIAL ACORDADO ENTRE ELES/-AS.

EN XERAL, FOI UNHA PROPOSTA QUE GUSTOU AOS PARTICIPANTES, AÍNDA QUE ALGÚN NON PARTICIPOU DA LECTURA DO 2º LIBRO, SEN EMBARGO, VALORAMOS COMO POSITIVA ESTA ACTIVIDADE QUE RETOMAREMOS E PLANIFICAREMOS AO INICIO DO CURSO SEGUINTE, AÍNDA QUE PROBABLEMENTE MODIFICAREMOS O HORARIO DE XUNTANZA.

2º LIBRO NO CLUB DE LECTURA

O 2º LIBRO QUE DECIDIRON LER E COMENTAR FOI, SEGUINDO A LIÑA DO ANTERIOR, "ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA", ED. XERAIS, DE LEDICIA COSTAS

FIN DE ESCARLATINA CON CHOCOLATE E MADALENAS

PARA DAR POR FINALIZADO O LIBRO ESCOLLIDO, QUIXEMOS PREMIAR AO GRUPO E TAMÉN ANIMALOS A SEGUIR NO CLUB DE LECTURA, OFRECÉNDOLLES DENDE O CENTRO UN CHOCOLATE PARA DEGUSTAR CON MADALENAS QUE ELES/ELAS QUIXERON APORTAR. ¡¡¡CREO QUE NON SOBROU MOITO!!!!

DIALOGAR DEGUSTANDO MADALENAS

DECIDIRON COMEZAR LENDO O LIBRO DA ED. XERAIS "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA", DE LEDICIA COSTAS

AS QUEDADAS DO CLUBE DE LECTURA, TERÍAN LUGAR OS LUNS DURANTE O RECREO E SE FOSE NECESARIO OCUPANDO TAMÉN PARTE DA SESIÓN DE LECTURA

NA PRIMEIRA XUNTANZA, PARA COMENTAR OS TRES PRIMEIROS CAPÍTULOS, APROVEITARON PARA DEGUSTAR UNHAS MADALENAS APORTADAS POLOS LECTORES E LECTORAS ADENTRÁNDOSE NA HISTORIA.

 

 

     

INICIASE O CLUBE DE LECTURA

   ESTE CURSO DECIDIMOS RETOMAR O CLUBE DE LECTURA, DESPOIS DA PETICIÓN POR PARTE DE VARIOS ALUMN@S NA VALORACIÓN FEITA A FINAIS DO CURSO PASADO E, TAMÉN PARA INCENTIVAR A LECTURA. DECIDIMOS COMENZAR POLOS GRUPOS DOS MAIORES E OFERTALO AO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

TIVO LUGAR A 1ª REUNIÓN PARA EXPLICAR COMO SE DESENVOLVERÍA A ACTIVIDADE E QUE LIBRO ESCOLLER. 

ANIMO SEGURO QUE SERÁ PROVEITOSO!!!!!

 SE ELABOROU UN CARNÉ QUE SE ENTREGARÁ A CADA LECTOR, COAS DATAS DAS XUNTANZAS E PARA SELALO CADA DÍA QUE PARTICIPE NAS XUNTANZAS. PODE VERSE EN ADXUNTO. 

 

¡Qué amiga tan deliciosa!

 

Este novo libro que lemos e comentamos no noso club trataba sobre vampiros, pero non dos que meten medo; senón máis ben cun toque humorístico.

Trátase do primeiro libro dunha serie que ten a unha familia moi curiosa como protagonista: a nai é humana, o pai é vampiro e as dúas filas xemelgas son metade humanas e metade vampiras.

Neste volume cóntase como a familia chega a instalarse na cidade de onde procede a nai, e como os tres membros vampiros da familia teñen que facer esforzos para que non se coñeza a súa procedenza. A historia é de fácil lectura e ten momentos realmente graciosos.

Máis que levarnos a unha análise profunda do libro, a historia deunos pé para comentar sobre o tema dos vampiros na literatura e no cine.


O tesouro da Lagoa de Reid'Is

Este novo libro que compartimos no club enfía dúas historias entrelazadas con gran habilidade.

Parte dunha historia realista sobre dous curmáns que pasan o verán na casa do avó, que se vai intercalando coa historia fantástica que o avó vai contándolles, a pequenas doses, mantendo así a intriga dos rapaces.

A historia que lles conta o avó, como unha experiencia persoal que lle aconteceu cando era novo (segundo di), parte dunha lenda sobre a lagoa de Reid'Is, cercana á súa casa, que fala dunha cidade asolagada cun castelo, unha princesa e unhas campás que todavía se escoitan. Nesa lenda e na experiencia que avó viviu hai moitos elementos da fantasía das lendas populares galegas: urcos, enfeitizamentos, mal de ollo, a Santa Compaña, os tesouros dos mouros. Os netos non están convencidos de crer o que conta o avó, pero devecen por saber o remate da aventura, que o vello vai demorando para aumentar o misterio.

Os lectores e lectoras experimentamos a mesma mestura de incredulidade e interese por saber como remata a aventura do avó. Cando se chega á escea final e todo parece un conto do avó, xorde a sorpresa que fai crer na verdade da historia. Moi recomendable!

Se tendes interese nas lendas e personaxes da fantasía popular en Galicia é interesante botar unha ollada a esta páxina chamada Galicia Encantada

O MISTERIO DAS BADALADAS

Este novo libro que compartimos no club de lectura, resultou emocionante porque se trataba de ir descubrindo un misterio ao mesmo tempo que os protagonistas, que recibían mensaxes que tiñan que descifrar para avanzar na súa investigación.

A historia comeza cun feito estraño, que parece nun principio casual: o reloxio da torre da vila dá trece badaladas na medianoite. Poucas persoas se decatan do feito e non lle dan importancia, pero cando o feito se repite durante varias noites, xa non parece casual, senón obra dalgún bromista.

Un grupo de rapaces e rapazas da vila comeza a recibir mensaxes que os encamiña a buscar a solución do misterio. Cada mensaxe chega a eles de maneiras distintas, con códigos diferentes que deben descifrar para atopar a solución do misterio. Cando ao final se atopan co responsable do misterio, parece que comeza de novo a aventura, xa que o personaxe irá desgranando a súa actuación.

Coincidimos tódalas lectoras do clube en que é un libro moi interesante, polo ben que mantén a intriga e as gañas de saber máis que suscita nos lectores. Todas lembramos os xogos de pistas que ás veces organizamos para os cumpreanos (é o máis parecido que fixemos, pero... quen nos dera resolver un misteio de verdade!!).

Moi recomendable!!!

Para saber máis sobre o libro e o autor preme.

PALABRA DE CARAMELO

 

Este é o primeiro libro que compartimos no noso club e ten tanto que comentar que o tempo sóubonos a pouco.
Trátase dunha historia tenra, doce e amarga a un tempo, sobre a relación entre un neno xordomudo nun campamento saharaui e o seu mellor amigo, un camelo. Unha amistade que leva ao rapaz a deixalo todo por salvar ao seu amigo do sacrificio, necesario para paliar a fame do seu pobo.
Pareceunos moi duro cando o rapaz acepta a necesidade do sacrificio do camelo, e intenta recoller as palabras que cre que lle di, mentres as bágoas esváranlle pola cara. Imaxinando a escea, as bágoas case tamén acoden aos nosos ollos de lectoras.
Todas coincidiamos en que nos gustaría que rematara doutra maneira; pero o autor plasma así a dureza das condicións de vida do pobo saharaui, do que tamén aprendemos algo coa lectura e comentario deste libro.

 

 

 

 

CREAMOS UN CLUB DE LECTURA

Este curso comezamos cunha nova experiencia proposta dende a biblioteca do colexio: formar un club de lectura. Pero..., que é iso? Pois trátase dun grupo de persoas ás que lles gusta ler; e que se xunta de cando en vez, para comentar e compartir as historias lidas.

Desta maneira, a través da aportación doutras persoas, podemos enriquecer o que cada unha de nós disfrutou da lectura; comprobar como diferentes persoas, damos diversas interpretacións á mesma historia; incluso descubrir aspectos novos do relato, que non atoparamos nun primeiro momento.

O noso club de lectura está formado por alumnas de 3º ciclo que se reunen unha vez ao mes para comentar o libro lido. A profesora encargada da biblioteca é a mediadora do grupo. Na primeira reunión, para a formación do club e reparto do primeiro libro, escollemos un nome para o noso club: Val do Tella.

Comezamos a nosa andaina!!


Distribuir contido


by Dr. Radut