Skip to Content

POLOS CREATIVOS (Mediateca)

Info xeral

Proxecto POLOS CREATIVOS

Polos creativos banner

O proxecto Polos Creativos ten un deseño modular e innovador, e está dotado da equipación especializada e organización didáctica precisa para formentar a creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, a resolución de problemas, a realización de prototipos, a construción de resultados tanxibles, etc.

Están enfocados á aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Albergando dende prácticas de investigación e experimentación ata unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc).

Ocupan un espazo físicos definidos no centro educativo e funcionan como centro de actividades no que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.

Son, polo tanto, espazos abertos ás comunidades locais para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía, polo que se ofertarán actividades formativas para os diversos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e fomentará especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas en actividades tanto de formación como de creación.

Distribuir contido


by Dr. Radut