Skip to Content

Autores

VISITA DE IAGO LÓPEZ

A primeira visita de autores, neste curso, foi a cargo de Iago López,por cortesía da editorial anaya. Compartiu un encontro divertido co alumnado de 1º ciclo de educación primaria, e aínda que xa coñecimos a súa historia o curso pasado, volveron gozar da posta en escea do seu conto "o cociñeiro Martiño", ed. Xerais. Pois nesta ocasión foi o alumnado de 1º curso quen leu esta historia e tamén outra do mesmo autor, "o cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", ed. Xerais

                 

 

  

   

  

 

VISITA DE CONCHA BLANCO

Hoxe luns 11 de xuño, a escritora Conha Blanco, estivo na biblioteca do colexio pasando un momento agradable con alumnado de 2º de primaria; contoulles anécdotas, faloulles da importancia dos libros e en concreto sobre " a bruxiña da sorte", que previamente leran e traballaran na aula.

Para @s nen@s foi agradable e levadeiro e ademais cada un levou firmado o seu libro pola autora e tamén deixou un volume para a nosa biblioteca.

Clicade na foto para ver distintos momentos:

    

 

VISITA DE MARÍA CANOSA

Outra escritora, neste caso, María Canosa, conseguiu que o alumnado de 1º ciclo de primaria e de 3º curso, pasaran un agradable e fantástico tempo gozando do acontecido arredor dunha historia contada nun libro; no primeiro grupo coa historia "O día que choveu do revés" e co alumnado de 3º curso con "Rubicundo". A autora en persoa transmitiu e compartiu cos nenas e nenas o por qué desas historias que ela escribe e a importancia da lectura e dunha boa literatura. 

Estes encontros con escritores e escritoras motiva aos nenos e nenas a ler e poder coñecer os autores desas historias escritas en libros e outros textos. 

Grazas tamén María por compartir ese bo facer na transmisión dunha boa literatura infanto-xuvenil.

clica na foto para ver distintas escenas do encontro da escritora co alumnado.

  

VISITA DE MERCEDES QUEIXAS

O alumnado de 1º de EP, compartiu un tempo agradable con Mercedes Queixas, autora do libro "Xandra, a landra que quería voar", sobre o cal intercambiaron opinións despois de lelo. Gustoulles moito a experiencia, porque a coñeceron, porque lles firmou o seu libro e porque lles puxo un selo na pel cunha dedicatoria a cada un.

Grazas Mercedes por achegarte a compartir un pouco do tempo con alumn@s do ceip da Ramallosa

Clica na foto  para ver a actividade.

 

EN COMPAÑÍA DE IAGO LÓPEZ

O alumnado de 1º e 2º de primaria, estiveron unha sesión con Iago López, o autor do libro "o cociñeiro Martiño".

Pasaron un anaco divertido, algun incluso actou como un das personaxes do conto e dramatizaron unha secuencia do conto.

Agradecemos a Iago López que tivera un pouvo do seu tempo para visitar ao alumnado que tivo a oportunidade de ler un dos seus libros.

Para ver alguns momentos máis do encontro, clica na foto

VISTOUNOS ABRAHAM CARREIRO

O alumnado de 2º e 3º de primaria tiveron a sorte de pasar un bo rato coa compañía e co arte gráfico de Abraham Carreiro.

Menres cos grupos de 3º fixo un obradoiro de ilustración, c@s alumn@s de 2º a sesión xirou en torno ao libro de lectura que previamente traballaran "Estudios Text" e algo de ilustración.

O alumnado gustoulle moito e o autor deixou a súas impresións impresas no libro de visitas, que a biblioteca garda con agarimo para os autores que nos visitan ademais de deixar firmado un exemplar do libro para dispoñer e reistrar na biblioteca.

Para ver unha pequena idea dos obradoiros clica na foto

Jutta Bauer

 

Unha estupenda ilustradora que recibiu no ano 2010 o premio Hans Christian Andersen, o máis importante dentro da literatura infantil.

Ramón Caride

          

Este estupendo autor estivo a visitarnos no noso colexio. Lemos os seus libros, falamos con el, escribímoslle cartas e incluso... contestounas!!

Grazas, Ramón!

 

 

 

Agustín Fernández Paz

Reseña breve da súa vida.

Pequena bibliografía.

Guía de lectura da súa obra (anverso,reverso)


Para coñecelo mellor preme
aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut