Skip to Content

Intervencións no patio (Patios vivos)

CARTACES

Estamos a colocar cartaces cos nomes das árbores do patio e dos produtos da nosa horta ecolóxica para os poder identificar. Fican lindísimos!

 

  

REPRESENTACIÓN TRIDIMENSIONAL

HAI UNHAS SEMANAS, COMENTAMOS QUE FIXERAMOS UN TÚNEL CON VIMBIOS E UNHA SINGULAR CASA NO PATIO DO AREEIRO, PREVIO DESEÑO EN PAPEL. POIS NESTA OCASIÓN, FIXEMOS UNHA MAQUETA  USANDO LIMPAPIPAS E UNHA PLANCHA DE PORESPÁN. TRABALLANDO ASÍ A PERSPECTIVA, A CREACIÓN EN FORMA TRIDIMENSIONAL E NON SO EN PLANO E VISIÓN QUE CADA UN TEN DO MESMO OBXECTO.

AS CREACIÓNS SAIRON ESTUPENDAS COMO PODEDES APRECIAR NAS IMAXES; VIVA A CREATIVIDADE!!

 

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

HOXE TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS ACOMPAÑARON A BRIGADA DE BOMBEIROS FORESTAIS DA XUNTA DE GALICIA PARA AXUDARNOS A PLANTAR NOVAS ÁRBORES NO NOSO PATIO E IR CONSEGUINDO, CO TEMPO, MÁIS SOMBRAS ENTRE OUTRAS COUSAS.

O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA AXUDARON  NA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS, MENTRES QUE O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL PLANTARON CARBALLOS.

PERO TAMÉN AS CRIANZAS DE 4º DE PRIMARIA APORTARON A SÚA COLABORACIÓN, PERO NESTE CASO, PLANTANDO ROBLE AMERICANO EN TERREOS EXTERIORES AO CENTRO, DOS QUE PODERÁN GOZAR CALQUERA VECIÑ@ DO CONCELLO, CANDO SE ACERQUEN Á CONTORNA DA PISCINA MUNICIAPAL DE TEO.

FOI UNHA XORNADA CALUROSA PERO BEN PEDAGÓXICA E LÚDICA, ONDE AS CRIANZAS COLABORARON EN FACER UN BENECIFIO PARA O MEDIO AMBIENTE EN XERAL, E O SEU PATIO EN PARTICULAR.

AGRADECER Á BRIGADA POLO SEU TEMPO E POLA SÚA DEDICACIÓN, E TAMÉN POR REFRESCARNOS NUNHA MAÑÁ DE MOITA CALORSorrisoGuiño

PROMETEMOS COIDAR DAS ÁRBORES PARA QUE MEDREN MOITO!!

 

(Preme na foto para visualizar ao alumnado de 4 noutras moitas)

(Preme na foto para ver ao alumnado de primaria facendo a plantación)

(Preme na foto para ver máis do alumnado de infantil plantando)

GRAZAS ÁRBORES!!!

PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA E TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE, COINCIDINDO CO INICIO DA PRIMAVERA, SAÍMOS AO PATIO, BUSCAMOS UNHA ÁRBORE E SENTAMOS XUNTO DELA PARA DARLLE AS GRAZAS POR TANTAS COUSAS BOAS QUE NOS APORTAN: LIMPAN O AIRE, DAN SOMBRA, SERVEN DE CASA AOS PAXAROS, DANNOS MADEIRA PARA FACER XOGUETES E MOBLES,...) E, APROVEITAMOS A LERLLE UN PAR DE POEMAS, QUE SEGURO LLE GUSTARÁ

DESPOIS APROVEITAMOS PARA COMPARAR ALGÚN DOS TEXTOS QUE TEMOS TRABALLADO (TEXTO LITERARIO, INFORMATIVO E DE CONSULTA), PARA ANALIZAR SE TEÑEN A MESMA ESTRUCTURA, SE TIÑAN A MESMA FUNCIÓN,...

E TAMÉN APROVEITAMOS A TRABALLAR OS ELEMENTOS DUN POEMA COMO SON OS VERSOS E AS ESTROFAS, NUN POEMA TITULADO "A PRIMAVERA" DE XOÁN NEIRA NO LIBRO "UN NIÑO NO XARDÍN", E LOGO ILUSTRALO COMO CADA CRIANZA ESCOLLESE, FOMENTANDO A CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN

 

DÍA DIVERTIDO

HOXE VESTIMOS COA ROUPA PERFECTA PARA AS NOSAS ACTIVIDADES PROPIAS DA ESCOLA VERDE. PRIMEIRO: FALAMOS, OBSERVAMOS E DESEÑAMOS ESTRUCTURAS DE VIMES PARA O NOSO PATIO DE INFANTIL. DESPOIS, COA AXUDA DO NOSO SÚPER ERNESTO, COMEZAMOS A DARLLE FORMA. MERENDAMOS FÓRA E COLABORAMOS NA MISIÓN DO COMANDO VERDE: APAÑAR PEDRAS PARA UTILIZAR COMO DRENAXE DOS NOSOS BANCAIS. 

 

 

 

  

 

 

 

PATIOS VIVOS: Intervención no patio Escolar

Banner Patios vivos

Estamos iniciando este Proxecto de Transformación do Noso Patio. Co fin de aproveitar o potencial do extraordinario espazo que temos, dándolle resposta á necesidade de xogo, á educación ó aire libre e como espazo de oportunidade para contribuír no proceso de “naturalización” do noso entorno. Este proxecto de “Patios Vivos” entrelázase como é evidente ao de “Escola verde” e outros de diferentes eidos educativos; Innovación na Dinamización da Lingua Galega, “Ramallosa Musical” (coa creación de espazos sonoros e sensoriais), ... Nel interveñen polo tanto os diferentes equipos educativos do centro, así como persoal non docente, familias etc. 

Tralo estudo e presentación de diferentes criterios que queremos ter en conta. Así como a procura de colaboradores no Proxecto; profesionais na materia, familias, Concello, ... Puxémonos en marcha, buscando espazos naturalizados, co-educativos e comunitarios.

Os procesos participativos para a co-creación botaron a andar e consisten nun traballo interno de análise da situación actual do patio e coas primeiras propostas de como nos gustaría a todos que fose. Sesións de traballo para compartir o diagnóstico entre todos os axentes da comunidade educativa (nenos e nenas, familias colaboradoras, profesorado, “monitorización” e entidades vinculadas ao centro), para definir los principais retos que ten o centro. O resultado irá definindo os elementos clave para a transformación física do patio e os elementos para facer un proxecto educativo do patio e transformalo a partir das experiencias e a xestión do día a día. Incorporando ademais cada ano, novas transformacións que se irán sumando ás que xa se están a facer.

Formulario sobre o patio do noso cole

Contesta ás preguntas deste formulario para axudarnos a mellorar o patio do noso cole.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut