Skip to Content

Cuarto de primaria

DOUS CURSOS EN IMAXES

Rematamos un ciclo, xa pasaron dous cursos cheos de experiencias e bos momentos compartidos. Queda para a lembranza esta memoria en imaxes, espero que vos guste!

Moita sorte no terceiro ciclo, se vos esforzades de seguro que conseguiredes todo o que vos propoñades.

CASTAÑAS ASADAS E CABAZAS DECORADAS

QUE NA RAMALLOSA HAI FESTA RACHADA!

   

 OS CONCERTOS DE NADAL  A  4ºC

            NON SE LLE DAN MAL!

 

                                    

DÍA DA PAZ 2014 HOMENAXEANDO A NELSON MANDELA

 

ENTROIDO NA RAMALLOSA COAS DANZAS DO MUNDO E OS MALOS DA PELÍCULA!

 

 

DÍA DE ROSALÍA 2014

 

 

PRÉSTAMO AGASALLO NO DÍA DO LIBRO

E VISITA DA ESCRITORA GALEGA FINA CASALDERREY QUE NOS DEDICOU MOITOS DOS SEUS LIBROS.

 

 

SOBRE O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA

 

 

DEBUXANDO OS MAIOS E APRENDENDO CANTIGAS

 

 

 

MAIOS 2014

 

 

 

CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS NA ÁREA RECREATIVA DO XIRIMBAO

 

 

 

 

MERGULLÁNDONOS NA OBRA DE VELÁZQUEZ E CREANDO AS NOSAS PROPIAS MENINAS!

 

EXPERIMENTANDO E DESCUBRINDO AS MARABILLAS DA NOSA TERRA.

 

OBSERVANDO O CEO DENDE O NOSO PATIO E APRENDENDO A IMPORTANCIA DE PRESERVAR PARTE DA HISTORIA DO NOSO CONCELLO NO ARQUIVO MUNICIPAL.

 

 

APRENDENDO A MANEXAR MOEDAS E A OPERAR CON DECIMAIS

 

 FOTOS DE GRUPO

 ORLA DE 4ºC

 

 

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

aula virtual 4º b

preme aqui

VISITA AO CONCELLO


 Clica na imaxe para saberes máis da visita dos nenos e nenas de cuarto ao noso concello


  

PRIMAVERA E POESÍA

Hoxe fixemos na nosa clase unha celebración dobre. Por unha banda, chegou a primavera, comezou esta madrugada e apareceu un fantástico día soleado. Por outro lado, hoxe, 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Poesía.

 Así que, despois do recreo, fomos á biblioteca a buscar un libro de poesía; e a continuación saímos ao patio para disfrutar ao aire libre das poesías, saudando desta maneira á primavera. Cada quen seleccionou no seu libro un poemiña e, despois de traballalo en voz baixa, lémosllo aos compañeir@s. Foi unha agradable experiencia poder compartir así a poesía.

Cada ano celebramos no mes de marzo a "tempada da poesía" e a biblioteca soe facernos algunha suxestión para traballar en torno a este xénero. Este ano a proposta é traballar a poesía humorística para vinculala cos "atranques" do antroido e o humor da banda deseñada (que imos traballar en breve). Con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro saudamos á primavera.

 

Ábrese un gromo

nace unha flor

a primavera

ole a calor.

Tódalas plantas

falan

de amor.

Primaveiriña,

que ledo

  estou!!


A GALIÑA DA PAZ

Como complemento ao traballo sobre o Camiño de Santiago, que desenvolvemos durante o 1º trimestre, compartimos na nosa aula a lectura deste libro de Gloria Sánchez, titulado "A galiña da Paz".
Disfrutamos moito coas aventuras desta galiña que peregrina a Santiago para pedirlle un desexo ao Apóstolo: poder voar para converterse nunha galiña da Paz; e tamén nos divertimos coas ocorrencias do seu amigo Lagarturo, un lagarto sabichón que sempre ten un refrán na punta da lingua. Xuntos percorren o camiño e sofren algunhas desventuras ata alcanzar Santiago, pero nin o apóstolo pode facer realidade o desexo de Galiña. Ao final... non volo contamos para que o leades.!!


Por que me soan as tripas?

Cando traballamos o tema da dixestión, sempre nos xurde esta dúbida sobre algo do que tod@s temos experiencia: o ruído que nos fan ás veces as tripas. Por que será?

Pois a revista dixital Pequeño Libro de Notas nolo aclara no seu último número.

Le e entérate!!

Fomos ao teatro

Este semana todo alumnado de 2º ciclo asistimos a unha función no Teatro Principal de Santiago. A obra de teatro titulábase "Juntos y revueltos"; e xunto con nós, asistiron rapazas e rapaces doutros colexios da bisbarra ata encher o teatro.

O obra contaba como uns rapaces dunha mesma clase, que non se soportan, son obrigados pola profesora a realizar xuntos un traballo de Lingua, para que aprendan a convivir e levarse ben. Despois de vivir unha experiencia aterradora nunha casa abandonada; aprenderán que, anque son diferentes, todos teñen cousas boas.

Había momentos moi divertidos, como cando sae a profesora de Lingua, que é un desastre de desorde; ou cando Dani, que presume de ser moi bravo, se desmaia ao primer susto.Tamén algúns momentos de tensión, como cando se escoitaban os ruídos na casa ou a escea se escurecía ao ler o libro coa maldición.

Chamounos a atención os sinxelos decorados que se utilizaban, pois cuns paneis móbiles pintados, que os mesmos personaxes movían, se conseiguía cambiar a escea e o lugar onde transcorría (o ximnasio, o despacho do titor, a casa abandonada,...)

Pero o máis divertido foron as cancións e os bailes dos personaxes; e ao final fixeron participar ao publico!!

Unha gran obra que aplaudimos a rabiar. Quedáronnos ganas de asistir axiña outra vez ao teatro. (fotos)

 

Curso 2010-2011: De volta ao cole

Uns días antes de comezar o cole, xa sentía bolboretas na barriga. Miña nai tranquilizoume dicindo que non era nada grave, era a emoción por empezar de un novo curso. ¿Estaría con nós a mesma profe? ¿Seriamos os mesmos compañeiros e compañeiras?
  A noite anterior sei que soñei coa escola, pero non lembro moi ben que foi; porque había moitas cousas revoltas no soño. Espertei moi cedo, de novo os nervios do primeiro día.
  No salón de actos xa nos atopamos tódolos compañeiros e compañeiras, esperando que nos chamaran para ir á aula, coma tódolos anos, e por fin...¡tocounos a mesma profe!
  A primeira sorpresa chegou de camiño á clase, xa que non era a mesma do ano pasado, subimos ata a segunda planta!!Agora teremos que subir moitas escaleiras! Vaia choio, sobre todo se vamos cargadas!
  A aula está xenia: ten menos ventás, non nos dá o sol directo, e ten máis parede para colgar os nosos traballos; todo son ventaxas. O grupo é o mesmo do ano pasado; só falta Iago, que marchou para outro cole, pero chegou outro Manuel (que xa tiñamos un), así que somos de novo 22 rapaces e rapazas.
  No patio tamén hai novidades: nova zona de columpios e tobogáns, unha pista nova de baloncesto e unha marquesina (que aínda están rematando) para que non nos mollemos cando imos ao outro pavillón.
  Así comezamos un novo curso que vai vir cargado de traballo pero tamén haberá, coma sempre, sorpresas agradables. A primeira foi reencontrarse cos amigos e amigas, pero haberá maaaaaaaaáis!!!

 

Vicky, Irene e Noelia (4º B)

Entoido

Distribuir contido


by Dr. Radut