Skip to Content

Cuarto de primaria

Curso 2010-2011: De volta ao cole

Uns días antes de comezar o cole, xa sentía bolboretas na barriga. Miña nai tranquilizoume dicindo que non era nada grave, era a emoción por empezar de un novo curso. ¿Estaría con nós a mesma profe? ¿Seriamos os mesmos compañeiros e compañeiras?
  A noite anterior sei que soñei coa escola, pero non lembro moi ben que foi; porque había moitas cousas revoltas no soño. Espertei moi cedo, de novo os nervios do primeiro día.
  No salón de actos xa nos atopamos tódolos compañeiros e compañeiras, esperando que nos chamaran para ir á aula, coma tódolos anos, e por fin...¡tocounos a mesma profe!
  A primeira sorpresa chegou de camiño á clase, xa que non era a mesma do ano pasado, subimos ata a segunda planta!!Agora teremos que subir moitas escaleiras! Vaia choio, sobre todo se vamos cargadas!
  A aula está xenia: ten menos ventás, non nos dá o sol directo, e ten máis parede para colgar os nosos traballos; todo son ventaxas. O grupo é o mesmo do ano pasado; só falta Iago, que marchou para outro cole, pero chegou outro Manuel (que xa tiñamos un), así que somos de novo 22 rapaces e rapazas.
  No patio tamén hai novidades: nova zona de columpios e tobogáns, unha pista nova de baloncesto e unha marquesina (que aínda están rematando) para que non nos mollemos cando imos ao outro pavillón.
  Así comezamos un novo curso que vai vir cargado de traballo pero tamén haberá, coma sempre, sorpresas agradables. A primeira foi reencontrarse cos amigos e amigas, pero haberá maaaaaaaaáis!!!

 

Vicky, Irene e Noelia (4º B)

Entoido

Distribuir contido


by Dr. Radut