Neste curso, o alumnado de 4º de ED. Primaria do centro, participou nun proxecto piloto que leva por nome: "Cóntame un conto". Pero a pesares de que foi este nivel educativo o que fixo o traballo de recollida, edición e publicación destes traballos, houbo contos orais e historias do maís impresionantes para todos os discentes do centro. Nesta actividade en concreto, os conta contos Celso Fernández Sanmartín e María da Pontragha fixeron as delicias dos alumnos/as dos cursos de 4º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Infantil.
A actividade está promovida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), do Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas. O obxectivo deste programa é fundamentalmente promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral, así como a recollida de contos tradicionais galegos contados polos nosos maiores. Máis info sobre o proxecto, e publicación dos videos de todos os centros na web do APOI. Preme aquí para entrar!!
Preme nos seguintes atallos para ver ou descargar fotos e videos do acto
"ACTUACIÓN/FORMACIÓN CON "CELSO FDZ." E "MARÍA DA PONTRAGHA"
OS NOSOS CONTOS
(Preme no título de cada video para poder velo a pantalla completa)