Skip to Content

Departamento de Orientación

PRESENTACIÓN DO "CLUBE DE CONVIVENCIA"

O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:

 

- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión. 

- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.

- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.

- "Guardiáns de corredor"; que velarán para  que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.

 

Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado,  de maneira desinteresada e colaborativa,  todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor. 

Grazas a todos e todas!

 

 

Obradoiro de estudo

Unha pregunta que debemos facernos cando nos preparamos para unha proba de avaliación é "¿Estamos estudando da maneira axeitada?"

 

A continuación, recóllense unha serie de pautas que se deben seguir para asimilar adecuadamente os contidos que lemos. Pinchando na imaxe, accederedes á presentación, realizada pola mestra do programa Refórza-t, na que se recollen as explicacións de cada un dos pasos para un estudo eficaz.

 

 

Disortografía

A disortografía é un trastorno específico da escritura que se caracteriza principalmente pola dificultade de interiorizar as normas de ortografía.

Na aula virtual do departamento de orientación podedes atopar recursos para traballar a ortografía.

                  

 

SAÍMOS Á RÚA!

Hoxe, 26 de abril, os nenos xa poden saír a rúa acompañados dun adulto.

Deixámosvos aquí as normas e unha serie de recomendacións para que os paseos dos máis pequenos sexan seguros para eles e para os demáis.

Cumprindo as normas, lograremos saír desto todos xuntos.

Coidádevos moito. Pronto nos veremos rapaces e familias!

 

                                                                         

PROPOSTAS PARA ALUMNADO E FAMILIAS

EMOCIÓNS

 Alegría, tristeza, ira, medo … son algunhas das emocións que podemos sentir, especialmente durante estes días nos que non podemos saír da casa. Xestionar as emocións xa é complicado para os adultos e moito máis para os nenos, que aínda non teñen un desenvolvemento axeitado da intelixencia emocional.

 

Por iso, dende o departamento de orientación, ofrecémosvos unha serie de actividades que podedes realizar cos vosos fillos para aprender a identificar, asimilar e controlar as emocións:

 

  • Tarxetas das emocións: as tarxetas pódense empregar tanto para identificar as emocións como para que @s nen@s digan unha situación nas que sentiron esa emoción. Nos arquivos de abaixo, tedes as tarxetas das emocións en castelán e en inglés. Nesta ligazón tendes tarxetas que vós mesmos, cos vosos fillos podedes crear.
  • Debuxos: o debuxo é a forma que teñen os nenos pequenos de expresar o que senten. Pedirlles que se debuxen a eles mesmos nesta situación, sen poder saír da casa, permitiravos descubrir cómo se senten, especialmente no caso dos alumnos que non saben cómo transmitir as súas emocións.

 

  • Quebracabezas das emocións: entre os documentos adxuntos, atoparedes as pezas do quebracabezas. Os nenos poden axudar a preparar dito puzzle, recortando as pezas, ben sexa con tesoiras ou con punzón.
  • Tarxetas de situacións: nesta ligazón, tendes tarxetas con diversas situación que se lle poden expoñer ós nenos para que digan cómo se senten os protagonistas das historias.
  • Emocionómetro: unha idea para expresar cóm onos sentimos cada día, é realizar un medidor das emocións. Pero, como se fai? Para empezar, realizaranse tarxetas con cada unhas das emocións cunha temática que ós rapaces lles guste (se lle gustan os dinosaurios, poden debuxarse dinosaurios tristes, alegres, enfadados...otorgándolle a cada un deles unha cor diferente) Unha vez que xa temos as tarxetas, colocaranse nun lugar da casa, de xeito que todos os días, os nenos poidan acudir a elas, ben sexa ó principio do día ou ó final (ou en ambos momentos) para marcar cómo se senten (cunha pinza pequena, un post-it...)    

  • Tarro dos soños: cada día, escribirase nun papel un plan que non se poida realizar agora e que se bote de menos para, posteriormente, doblalo e introducilo no bote. Se se realiza esta actividade entre toda a familia, o que sería moi recomendable, en cada papel poñerase, por fora, o nome da persoa que o escribiu. O bote abrirase unha vez finalizado o estado de alarma, de xeito que se recorde todo o que consideramos esencial e o realicemos.

 

 

 

Iremos poñendo máis actividades, así como vídeos, películas e contos para traballar as emocións.

Se precisades axuda porque non sabedes ben cómo levar a cabo algunha das actividades ou requerides de consello para tratar algún tema ou axudar ós vosos fillos coas tarefas escolares, quedamos á vosa disposición.

 

 

RUTINAS

Ter rutinas aporta ós rapaces e rapazas estabilidade mental, pois teñen unha organización do seu día.

Durante o curso escolar séguense unhas rutinas (hora de erguerse e deitarse, horas de almorzar, comer e cear, o horario das clases...) e é moi necesario que continúen con elas neste período de confinamento, entre outros motivos, para que non lles resultade tan duro volver ás aulas cando todo isto remate.

Dende o centro, ofrecémosvos unhos consellos sobre as rutinas que se deben seguir, podendo adaptalas en función das vosas necesidades e a idade dos vosos fillos.

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 

Hoxe, día 2 de abril, celébrase o día Mundial do Autismo.

 

Consideramos indispensable atender as necesidades de todos os nosos alumnos e, para logralo, a formación do profesorado en atención á diversidade é indispensable. Pero non só é importante o coñecemento dos docentes sobre este tema, senón de toda a comunidade educativa, pois só xuntos lograremos superar todas as barreiras que se nos vaian poñendo por diante.

Por este motivo, realizamos esta infografía, á que poderedes acceder premendo na imaxe da presentación, onde se recollen os aspectos máis reseñables do trastorno do espectro autista, así como unha serie de pautas que poden servir de axuda tanto para docentes como para familias, e outra información relevante.

 

Animámosvos a apoiar esta campaña! Tedes os pasos para facelo na segunda imaxe.

 

 

 

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo, celébrase o día mundial do síndrome de Down. A Fundación Down Compostela lanza unha campaña de visibilización e sensibilización chamada "Calcetíns desparellados". Con este lema, pretende poñer en valor o concepto de diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual ca coutra e que precisamente esa diferencia é a que nos enriquece como sociedade.

Dende a casa, os profesores quixeros dar visibilidade a este día compartindo nas redes sociais as fotos dos nosos pés con diferentes calcetíns. Animámosvos a que vós tamén o fagades, que o compartades nas vosas redes sociais e, se queredes, tamén no Facebook e no Twitter de Down Compostela, empregando as etiquetas #calcetinesdesparejados #calcetinsdesparellados #tandiferentescomoiguais


Deixámosvos unha pequena presentación onde se recolle información sobre o síndrome de Down, de relevancia tanto para as familias como para os docentes, pois o familiar e o escolar son os dous factores que máis inflúen no desenvolvemento do alumnado. Podedes acceder á ela premendo sobre a imaxe.

De novo, moito ánimo nestes días.

 

Recibide unha agarimosa aperta.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut