Skip to Content

Novas

OBRADOIRO CON IRIA ALDEGUNDE

Outra artista gráfica asitiu ao centro para compartir a súa sabedoría e ilusión polo mundo do deseño gráfico, da banda deseñada, pois xa con 8 anos ilustrou por iniciativa propia o poemario do cantar do Mío Cid. O alumnado de 6º EP tivo a inmensa sorte de recibir a  Iria Aldegunde, unha xove ilustradora que acaba de poñer imaxes, nin máis nin menos que á obra de Neira Vilas máis lida na literatura galega, "Memorias dun neno labrego".

Mediante unha presentación, deixou ás crianzas sorprendidas co seu bo facer de como xurdiu este traballo, e acercounos un pouco máis ao mundo da banda deseñada;

    * explicoulles como este libro era o seu favorito, e un día tomou a decisión de facer as imaxes, incluso ela mesma contactou coa editorial Galaxia por se querían publicar o seu traballo

    * mostroulles videos e imaxes do libro e explicoulles como ela tivo en conta as cores segundo o que se quería transmitir, como as cores terra que transmiten máis tristeza

   * tardou un ano e medio en facer as ilustracións adicándolle 10h diarias; un traballo laborioso pero co que desfrutou moito

   * para darlle moita veracidade á historia, investigou e informouse sobre o ámbito rural (onde ocorre a historia do libro), falou coa súa familia para coñecer máis sobre como era a vida e o traballo no campo naquela época, como o uso da gadaña, ademais de porlle as súas aportacións persoais inspirándose na súa aldea lucense

   * leu a historia varias veces, pola importancia de empaparse dos detalles, como que Balbino non usaba zocas, que previamente ela lle debuxara

  As crianzas puideron facerlle as súas preguntas, e ela tivo a ben firmarlles un autógrafo e ademais ilustradoGuiño e explicarlles como ela o deseñabaSorriso

   Que ilusión firmar no libro de personalidades ilustres , escritores ,.. que visitan o noso centro e aí está tamén a firma de Xosé Neira VilasSorriso

Escoitade o seguinte adxunto,un exemplo de como explica con detalle o seu deseño

 

AVALIACIÓN DA BIBLIO E OS SEUS RECURSOS

Chegados ao remate do curso, considérase importante someter a valoración dos usuarios a biblioteca e os recursos que ofrece, así como o seu funcionamento e as actividades que promove, co obxectivo de buscar melloras e novas propostas.

A avaliación foi dirixida a:

 * o profesorado

 * o alumnado

 * @s colaborador@s

 

Exemplos:

Os resultados obtidos do sector do profesorado:

 

 

   

EXPOSICIÓN DOS CÓMICS E ENTREGA DE PREMIOS

Como xa contamos ao longo deste curso académico, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, se propuxo ao centros abordar o texto de banda deseñada e, dende o noso centro decidimos traballar este texto literario e narrativo, dado que hai moitas crianzas que o descoñecen e consideramos importante achegarse aos distintos textos de uso social que se poden atopar na súa vida diaria.

          

Igualmente, como se anunciaba unhas semanas atrás, a proposta final sería un concurso de banda deseñada.

Consideramos importante que as crianzas vexan valorado o seu traballo, polo que optouse por facer unha exposición para que todo o centro puidera visionar as propostas eleboradas. 

O máis enriquecedor e positivo é o proceso de aprendizaxe antes de obter un produto final;

   * o contacto con outros textos para extraer os elementos propios deste texto (viñetas, bocadillos, onomatopeias, tipos de planos, tipo de letra, a expresión e posturas corporais),

   * os borradores previos e moitas probas,

   * a imaxinación e invención da historia a contar para logo expresar en banda deseñada con imaxes e textos,

     ...

E incluso houbo grupos que tiveron a formación e a experiencia dunha experta neste texto, como Xulia Pisón, para guialos, animalos, darlles ideas e recursos,... na elaboración os seus propios comics e historias.

            

Fíxose unha exposición de todos os traballos entregados, houbo propostas individuais e grupais, e logo o xurado composto pola comisión de biblioteca, realizou unha escolla.

Os premios eran os traballos elixidos, para categorías individuais ou grupais, por niveis.

  

   

         

         

  E OS PREMIADOS INDIVIDUAIS E GRUPAIS DOS 4 NIVEIS EDUCATIVOSSorriso

 

 -- ENTREGÁRONSE OS PREMIOS @S GAÑADOR@S: VALES POR UNHA APORTACIÓN ECONÓMICA, TANTO INDIVIDUAIS COMO GRUPAIS  

 

PARA TOD@S @S PARTICIPANTES AGASALLÁRONSE CUNHA PEGATINA CARACTERÍSTICA DA BANDA DESEÑADA E PARA @S GAÑADORES, HOUBO UNS VALES PARA SER GASTADOS NA LIBRARÍA PRETO DO CENTRO

     
   

 

TAMÉN APROVEITOUSE, O MOMENTO PORQUE ESTABAMOS TOD@S XUNT@S, PARA DARLLE UN DETALLE E AGRADECER O SEU TRABALLO @S COLABORADOR@S, QUE AXUDARON A QUE A BIBLIOTECA FUNCIONASE MELLOR. E TAMÉN AOS MEDIADORES DO PROGRAMA DE CONVIVENCIA, QUENES MEDIARON NOS RECREOS SE ERA PRECISO.

 

 

 

 

 

 

 

 

ARTS NA MÚSICA

Dentro da seccións bilingües e seguindo coa temática do proxecto anual de Aulas Musicais, as mestras encargadas de impartir a materia de Arts nos cursos de 6º de EP e 2º EP, traballaron coas crianzas o deseño de carátulas de discos, cds ou de gráficos publicados na rede, dos artistas ou bandas que apadriñan todas as aulas ou dependencias do centro.

Para mostrar o seu traballo e esforzo fixeron unha exposición dos seus deseños na entrada do colexio

OS INVENTOS NA HISTORIA

O alumnado de 2º de EP estivo traballando as etapas da historia na materia de ciencias sociais e aproveitaron a enriquecer a súa aprendizaxe profundizando e coñecendo máis sobre algúns inventos que foron importantes para a historia da humanidade.

En pequenos grupos ou individualmente investigaron sobre 4 inventores, o invento e a súa repercursión na historia;

- Galileo Galilei - o telescopio e o descubrimento do sistema solar

- Marie Curie - fixo estudos de radioactividade polos que obtivo premios nobel, ademais permiteulles traballar o papel da muller naquela época e a súa importancia na I Guerra Mundial

- Cristobal Colón - descubrimento de América

- Gutenberg - a imprenta e a biblia

O producto dese traballo foi recollido nuns murais que se expuxeron e se compartiron, para que puidesen ser vistos polas demais crianzas. 

Este tipo de tarefas supón un gran enriquecemento na aprendizaxe das crianzas dado que teñen que chegar a acordos grupais, estructurar os contidos, buscar e contrastar a información redactar e rexistrar os datos que van transmitir,...

 

- Tamén fixeron outro bonito e motivador traballo, aproveitando o libro "LAS MARAVILLAS DEL MUNDO EXPLICADAS A LOS NIÑOS", que viaxou na mochila viaxeira ás casas de todas as  crianzas da aula de 2ºB. Cadaquén elixiu un monumento e diseñou un pequeno mural con debuxo e información, decidindo o que contar e o como contalo aos demais.

                      

21 DÍAS CO GALEGO E+ (23_24) / AULAS MUSICAIS

Banner 21 días

                  LOGO BIBLIOTECAS

 

21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Na actualidade participa alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se compromete co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.

Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.

Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.

En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da  Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.

Ano a ano medra tanto no número de centros como no de participantes na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.

programa radio galega 21 días

 

 

 

  "AULAS MUSICAIS"

Esta actividade que ideamos para o programa, vinculada tamén ao proxecto de centro e de Bibliotecas deste curso escolar (A Música), foi unha das propostas estrela desta edición.

A través da mesma desenvolvemos diversas actividades relacionadas coa nosa música e o noso patrimonio cultural como pobo. E para crear referentes nos discentes, potenciar esta mensaxe, e achegar esta cultura o máis posible aos discentes, apadriñamos todods os espazos e aulas do centro co nome de grupos e artistas galegos, que ademáis de enviarnos os seus vídeos de agradecemento e felicitacións ao alumnado pola actividade, tamén nos foron visitando durante os 21 días e ao longo de todo o curso escolar.

 

"DITOS RETRANQUEIROS DOS NOSOS MAIORES"

Con esta actividade, durante os 21 días, o alumnado foi recollendo os ditos máis retranqueiros dos seus maiores, para despois facer unha posta en común nas aulas e recopilalos facendo como actividade final unha humilde edición impresa deste traballo.

 

 

 

"OUTRAS ACTIVIDADES" 

 

 

QUE SE PODE FACER PARA AXUDAR AO PLANETA?

             

Un grupo de alunmado de 3º de EP, estivo a traballar no 3º trimestre na materia de valores sobre a temática que tanto nos preocupa, como é a problemática que sufre o noso planeta, a cantidade de lixo que se xera e que acaba nos ríos e mares, no estómago de moitos animais, nas carballeiras,... os recursos tamén se están esgotando por iso é moi importante a reciclaxe, dando un 2º uso a moitas cousas antes de ser debotadas.

Tomaron como referencia o libro da editorial Bahía, "salvamos o planeta!", e logo recolleron as súas conclusións en murais grupais

O INVERNADOIRO COMPETENCIAL

                          

 

O alumnado de 6ºC andiveron traballando sobre o horto escolar dentro da materia de Proxecto Competencial. Ademais de axudar en traballos de plantación e coidado dos cultivos, tamén aproveitaron a deseñar o horto no ordenador co programa Tinkercad; a estructura, as plantas e incluso algunha mascota- animal

 

 

Tamén imprimiron o invernadoiro en 3D usando a impresora, un xeito constructivo de integrar obxectivos dixitais no currículo, de usar material de Polos creativos ao servizo do desenvolvemento de tarefas de aula, como foi neste caso o traballo sobre o horto, o invernadorio

 

- Realizaron, como xa comentamos nunha entrada anterior, unha pequena plantación de plantas aromáticas e flores coa que puideron facer o seguimento do seu crecemento e dos seus coidados.  Así de fermosas locen as macetas coas súas plantas

 

      

PARTICIPAMOS NO CONCURSO

TRAS SABER DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA, AS CRIANZAS DE INFANTIL DE 4 ANOS - B COA AXUDA DA MESTRA, PENSAMOS EN PARTICIPAR, PORQUE XA ANDIVERAMOS LENDO E COÑECENDO SOBRE ESTE TIPO DE TEXTO LITERARIO.

COMO ANDAMOS A TRABALLAR SOBRE O HORTO, DECIDIRON QUE FOSE SOBRE VERDURAS. COMEZOU A CHUVIA DE IDEAS PARA A HISTORIA:

   - DECIDIRON QUE SERÍA SOBRE UNHA VODA ENTRE VERDURAS E ENTRE CALES,

   - CADAQUÉN FOI ELIXINDO UNHA PERSONAXE, 

   - A MESTRA BUSCOU IMAXES DE VERDURAS- PERSONAXE

   - LOGO PENSOUSE QUE QUERÍAN DICIR CADA VERDURA E REXISTROU CADA UN

   - PERSONIFICARON AS PERSONAXES

   - A MESTRA FIXO A MONTAXE

ESTE É O RESULTADO DA NOSA PEQUENA HISTORIA EN BANDA DESEÑADA:

   

Distribuir contido


by Dr. Radut