Skip to Content

Novas

MAGOSTO 2022_23

Un ano máis, este xoves día 10, celebramos o magosto!

Unha xornada de festa!! Con xogos tradicionais, a música da "UkeBand", e os "Ghaiteiros ramalloseiros", as brasas para as castañas asadas e un feixe de actividades, fixeron as ledicias dos nenos/as e familias do cole que nos acompañaron.

Podedes premer na imaxe para ver todas as fotos e vídeos deste fermoso magosto!!

Magosto 22_23

 

 

 

Preme aquí se queres ver os vídeos: ver vídeos

SAMAÍN 2022_23

Un ano máis, no centro celebramos a rachar o noso SAMAÍN!!

E na área de inglés o noso irmán anglosaxón, HALLOWEEN!!

Podes coñecer máis sobre a orixe desta festa no video desta publicación.

Como xa sabedes, debido á predicción meteorolóxica tivemos que cancelar a celebración conxunta do magosto.

Agradecer ás familias a vosa colaboración na xa habitual e espectacular exposición de cabazas. Así como noutras actividades planificadas; merendas terroríficas, "disfraces"... O mesmo en canto á implicación de todo o profesorado e do espectacular equipo de cociña que temos. Que volveron a ofrecer aos nenos/as un menú terrorífico, rico rico.

Destacar tamén a actuación intinerante polas aulas do centro da nosa "Uke-Band". Que deleitaron a todo o alumnado co noso himno oficial desta festa. O "SamaGosto".

Premendo na seguinte imaxe poderedes ir vendo un montón de momentos divertidos que viviron as vos@s pequechos!!

Aínda non están todas, pero pouco a pouco iremos achegando todas as fotos ao mesmo enlace.

Samaín 2022_23

Descubre esta nova e molona canción do Samaín""

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE, 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, CO LEMA "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR". QUE IMPORTANTE É ESCRIBIR PARA SER LIDO, PARA REXISTRAR, PARA CONTAR, PARA COMUNICAR,...; NUNCA DEIXEDES DE ESCRIBIR E FACEDE MOITO USO DAS BIBLIOTECAS.

CLICANDO ENRIBA DO CARTEL, PODERÁS ACCEDER Á PAXINA XERAL DE BIBLIOTECAS ESCOLARES E VERÁS UNHA EXPLICACIÓN E AUTORA DO MESMO.

            

 

ADXUNTAMOS A CARTA QUE SE COMPARTIU CO ALUMNADO EXPLICANDO QUE NON É POSIBLE ABRIR A BIBLIOTECA POR MOR DUNHAS OBRAS QUE SUPORÁN UNHA AMPLIACIÓN DE RECURSOS, QUE PRONTO SE DARÁ A COÑECER

PREMIO "PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS"

Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!

PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Nota de prensa

O GALEGO NA HISTORIA (Radio Ramalloseir@s)

 

 

 

ESPECIAL RADIO RAMALLOSEIR@S

SAN XOAN 2022

Compartimos unha fermosa actividade dos compañeiros de "Ponte nas Ondas" para aprender un feixe de cousiñas do noso máxico San Xoan.

San Xoan

Hª San Xoan

Preme na imaxe para coñecer a orixe desta festa, que non é nin de orixe Romana, nin Celta, senón que se remonta probablemente ao neolítico.

E tamén podedes bailar e cantar esta fermosa canción sobre esta festividade!

Proxecto "Recollida das imaxes e podcast do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués" (Ponte nas Ondas)

Premede na imaxe para ver todo o traballo realizado neste Proxecto; Fotografías das familias, programa de radio, presentacións coas fotos...

1º CERTAME, "PROXECTO CÓNTAME UN CONTO"

Esta semana tivemos a oportunidade de vivir uns momentos máxicos no "1º Certame" do Proxecto "Cóntame un Conto", promovido polo "Museo do Pobo Galego" e a "Fundación Antonio Fraguas" a través do APOI. A gala celebrouse no maxestuoso "Teatro Principal" de Compostela e estivo cargado de emocións!!
Os ramalloseiros levamos contos, música en directo, música na rúa,... Ata aproveitamos para facer unha tournet cultural no casco histórico co profe Xabi.
Mil grazas a todo o alumnado, profesorado e familias que participaron no proxecto. E tamén aos discentes implicad@s ao máximo nas actividades musicais; "Grupo de música tradicional", Tanxugueiriñas", "Galeg@s troupe".... Son todo un exemplo a seguir!!
Xa podedes ver o vídeo resumo da actividade, os contos e outra info do proxecto premendo na seguinte imaxe:
CÓNTAME UN CONTO_CERTAME

LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

A Real Academia  Galega resolveu dedicar as Letras  Galegas 2022 a  Florencio    Delgado   Gurriarán (  Córgomo de Valdeorras, 1903 -   Fair   Oaks,   California, 1987).

Florencio Delgado   Gurriarán foi un autor cuxa biografía percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século  XX, desde experiencias como a do Seminario de Estudos Galegos (1923), o Partido Galeguista, o rexurdimento literario dos anos 30 ou a defensa do Estatuto de Autonomía do 36, ata momentos tan dramáticos como a guerra civil (1936-1939) e o exilio.

Trátase, de feito, do primeiro homenaxeado no Día dás Letras  Galegas que representa aos intelectuais do exilio mexicano, que do mesmo xeito que o bonaerense, frutificou en numerosas iniciativas culturais e proxectos editoriais de diversa índole.

Como todos os anos, no centro celebraremos esta festa do noso idioma e cultura galega por todo o alto. Durante a semana faremos diferentes actividades a nivel aula (unidades didácticas, etc) e este luns, día 16 de Maio, se a climatoloxía o permite, teremos a nosa tradicional "romería popular", pero un ano máis no recinto do centro (debido ás medidas COVID). Iso si, non faltarán os xogos tradicionais, a música galega, o baile... E como non, o agardado xantar!! 

Entra nun feixe de RECURSOS DIDÁCTICOS no PORTAL DA LINGUA GALEGA

Contidos cortesía da Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o traballo dos diferentes centros educativos que o conformamos, mestres/as, institucións, etc

DÍA DO LIBRO E A POESÍA

No centro leváronse a cabo diferentes actividades para a celebración desta importante efeméride para a nosa lingua. Debido á situación pola alerta sanitaria do COVID19, o desenvolvemento das mesmas realizouse maiormente a nivel aula. Para facilitar a xestión destes traballos co alumnado. Premendo nas diferentes imaxes podedes ir visitando exemplos de diferentes propostas que fixemos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut