Skip to Content

Novas

"CANCIÓN DO NADAL 2021" (TVG)

Esta é a nosa proposta presentada ao concurso da TVG "A Canción do Nadal". Grazas a todo o alumnado e familias pola vosa implicación. Finalmente non fomos os gañadores do concurso, pero para @s Ramalloseir@s o noso "Algho han de traer" é a canción deste Nadal sen dúbida☺️ Boas festas a tod@s, Ramalloseir@s!! E xa sabedes... "Algho han de traer"

MAGOSTO 2021

Así foi o noso magosto!! A pesares das limitacións COVID, non faltaron castañas asadas, xogos tradicionais, música do país...E moita moita festaaa!!

 

SE PREMES NALGUNHA DAS IMAXES VERÁS MÁIS ACTIVIDADES. QUE BEN O PASAMOS!!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste ano sí puidemos conmemorar conxuntamente a data do 25 de novembro, tan sinalada no calendario, para recordarnos que debemos seguir loitando contra a violencia en calquera das súas facetas

Todo o colexio xuntámonos, no patio exterior, para unir as nosas voces e rexeitar todo tipo de violencia, lendo un manifesto e tamén para cantar, tocar e representar en linguaxe de signos a canción "A porta violeta", que, traducida ao galego, xa forma parte do noso repertorio musical!!

 Podedes ver un par de montaxes fotográficas, os cartaces creados co alumnado cos lemas reivindicativos e o video de todo o cole cantando "A Porta Violeta" premendo aquí.

Ver o manifesto AQUÍ  

 

 

Ademais todo o centro, traballamos esta temática nas aulas arredor do conto "O CHUVASQUEIRO DE AURORA", de María Márquez, e recollemos en papeis palabras, frases ou lemas cos que rechear un gran chuvasqueiro que se pode atopar na entrada do noso colexio. Así mesmo, nas nosas ventás visualízanse grandes cartaces morados con lemas ou palabras reinvindicativos que ilustran o sentir do alumnado ante este tipo de actos violentos contra a muller e, por extensión, contra calquera persoa.

 

TÍRALLE DA LINGUA 2021_22

Aquí vos deixamos os dous contos presentados ao concurso "Tíralle da Lingua". 

Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!

O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano tras ano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.

Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....

Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.

Deixamos aquí un enlace no que podedes seguir dando o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego

PREMIO INTERNACIONAL de Radio Escolar SCHOOLS 21C

Este venres recibimos na Universidade de Santiago, o  Premio no Concurso Internacional de Radio Escolar "Schools 21C"

Un evento organizado dentro do Proyecto Europeo Schools 21C. Os obxectivos do mesmo son visibilizar a preparación do profesorado e alumnado nas competencias mediáticas entre todos os profesores/centros de; España, Portugal, Italia e Lituania. Dando a coñecer as súas experiencias de creación de programas de radio para estimular a innovación nas múltiples competencias que nos ofrece este medio.

Entre os contidos presentados, acadou un éxito e recoñecemento total do xurado a traballo feito co alumnado de 6ºB o curso pasado na serie de Radio-tetro "Destino Escuro". Moitísimos parabéns a todos os discentes participantes!!

Aquí vos deixamos o link para escoitar os catro capítulos da serie:

https://soundcloud.com/oscar-suarez-carbia/sets/destino-escuro-1-temporada

Quremos agradecer a todas as entidades organizadoras e socios este gran recoñecemento ao noso traballo!!

Universidade de Santiago de Compostela (ESPAÑA) Entidade impulsora da Actividade.

Agencia Nacional de Educación (LITUANIA)

Radio Coruña SL - Cadena SER (ESPAÑA)

Fundación pública Gallega Centro Tecnológico de Supercomputación de Galicia. (ESPAÑA)

Scuola Secondaria Di Primo Grado A. Criscuolo (ITALIA)

Agrupamento de Escolas de Barcelos (PORTUGAL) 

ERASMUS+ Programa Europeo

Premio Schools 21C    Schools21C_2

Máis fotos e videos aquí

SAMAÍN 2021

Aqui vos deixamos unha mostra das actividades desta fermosa e importante celebración dos nosos antergos Celtas!! Agardamos que vos preste!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Neste curso 2021-22, o lema establecido dende bibliotecas escolares de Galicia é " A BIBLIOTECA TEN A PALABRA"

Dende a nosa biblioteca de centro, tamén quixemos dar a palabra ao alumnado, para recoller aquelas cousas que lles gustan pero tamén cales lles gustaría para buscar unha mellora da mesma. Pois é importante saber as súas opinións e ver se lles podemos dar resposta, buscando sempre incentivar a presenza das crianzas na biblioteca, propiciando sempre fomentar e mellorar oa competencia lectura e o gusto por ler e saber.

Para facer chegar a proposta ás aulas, físoxe chegar unha carta en nome da mascota da nosa biblioteca, Roki.

 

Roi agasallou a todo o alumnado cunha pegatina coa súa imaxe acompñada dun lema "DÉIXATE DE TANTA TABLETA E VEN Á BIBLIOTECA"

E como outro incentivo, puxéronse a disposición do alumnado, diversos libros que foron expurgados, por se podían ter unha última vida, e ser de interese para casa dalgunha crianza

 

Houbo un agasallo, co que non contabamos, a anpa, obsequiou á biblioteca cunha serie de fondos: banda deseñada, música, contos,... para aportar o seu gran de area, como parte da comunidade educativa que son. GRAZASSSSSSS!!!

 

SAMAÍN 2021_22

O venres 29 de Outubro celebramos no cole o “Samaín. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. A nosa homenaxe a esta tradición tan antiga vai estar repleta de actividades didácticas ao longo desta semana

Por suposto, non faltará (este ano si), a tradicional EXPOSICIÓN de CABAZAS!!

Os pequechos de Ed. Infantil e Primaria poderán desfrutar de moitas outras actividades durante esta semanar: Contos de medo, dramatizacións sobre a temática da festa, talleres de pintura...

E o vindeiro 12 de novembro, faremos o tradicional "Magosto", ao cal, debido ao protocolo COVID vixente, un ano máis, non poderán acudir as familias. A festa estará acompañada de diversas actividades a maiores da tradicional "castañada"!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podedes coñecer máis   cousiñas sobre a orixe Celta desta festa aquí.

Aceso a un feixe de recursos INTERACTIVOS

Recurso 1 aquí

Recurso 2 aquí

Recurso 3 aquí (A Vendimia)

 

Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!

- Propostas do Portal da Lingua Galega:

Unidade didáctica 

Actividade interactiva 

Actividade Interactiva 2

 

Ao final da festa cantaremos e tocaremos co ukelele a citada creación musical, e xa “himno Oficial”, para a celebración no Centro Educativo: “O SamaGosto”.

 

 

 

Mira este video e baila a danza da momia exípcia

 

 

"ORIXE DO SAMAÍN(VIDEO-CREACIÓNS E PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL)

 

 

NON VOS PERDADES ESTOS DOCUMENTAIS SOBRE O LEGADO DOS CELTAS!!

Tentaremos editar unha versión reducida do recurso, pero a meirande parte do mesmo, non te desperdicio para entender a a vida dos nosos antepasados castrexos. 

 (Anterior banco de recursos eliminado pola problemática derivada da recente eliminación das páxinas e recursos creados coa ferramenta "flash player")

 

Durante a semana do Samaín, andivemos facendo diferentes actividades, algunhas máis terroríficas ca outras, para clausurar co festexo o venres 29:

- Facer un listado de personaxes e/ou elementos relacionados coa temática, que aproveitamos logo para asociar imaxe e palabra

- Visionado dun video e lectura do conto "o noso Samaín", para coñecer as raíces da festa con raíces celtas

- Creación dunha personaxe do Samaín, a nivel grupal. Isto propiciou unha recollida das propostas de cada crianza e logo facer votacións para decidir a personaxe, as partes e complementos que levaría (a actividade aínda está sen rematar)

- Decoración de cabazas coa colaboración das familias

- Elaboración de monstros personalizados 

- Composición de palabras temáticas

- Deseño de disfraces individuais sobre papel

- Rimas con palabras temáticas

- Manipulación e experimentación con bandexas sensoriais, nas que debían buscar obxectos agochados entre a salsa de tomate, a xelatina, a espuma de afeitar ou o pan raiado. Parece que o tacto da salsa de tomate non gustou a practicamente ninguén e a xelatina tampouco moito, sen embrago, a espuma foi moi gozada

- Degustación de merendas de medo, que cadaquén trouxo

- Lecturas de contos de medo como "a bruxa regañedentes", ou "corre corre cabaciña"

- Goce de música de Paco Nogueiras, Mamá cabra ou Uxía Lambona, entre outras, sobre esta temática

- Apócema do Samaín, con ingredientes terroríficos e noxentos para a ocasión, e aínda que a pinta non era nada boa, houbo quen quería provala de verdade!!

                                   

 

COS SEUS MONSTROS

                           .         

                                ...  

 

MANIPULACIÓN SENSORIAL

                                    

                                    

RIMAS

APÓCEMA

                                 

 

 

MONICREQUES- A VIAXE DE SAIRA

GRAZAS Á COMPAÑÍA A XANELA DO MAXÍN, O CICLO DE INFANTIL PUIDEMOS GOZAR CUNHA ACTUACIÓN DE MONICREQUES, EN STREAMING, QUE LEVABA POR TÍTULO "A VIAXE DE SAIRA". A PROTAGONISTA, SAIRA DEBE LEVAR UNHA GÁRGOLA ATA A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA FORMAR PARTE DO PÓRTICO DA GLORIA, NARRANDO SUCESOS QUE LLE ACONTECEN NO SEU PERCORRIDO POLO CAMIÑO FRANCÉS.

DARLLE ÁS GRAZAS AO CONSORCIO EDITORIAL, POIS FOI UN AGASALLO PARA O CENTRO POR MERCAR NESTA EDITORIAL UNHA CANTIDADE DE FONDOS PARA A BIBLIOTECA DO CENTRO.

ENREGUÉIFATE 2021

 Aquí vos deixamos a nosa candidatura deste ano ao "Enreguéifate 2021". Unha regueifa con temática COVID á que non lle falta a retranca e sátira propias deste xénero. Un aplauso para "Os Ramalloseir@s"!! E que a sorte nos acompañeGuiño

Distribuir contido


by Dr. Radut