Skip to Content

Novas

Vídeo-creación de benvida ao futuro alumnado do centro!

Como sabedes, este ano, debido ás circunstancias derivadas da alerta sanitaria polo COVID 19, non puidemos facer a habitual visita ao centro do alumnado que entra novo no cole o vindeiro curso escolar. De aí que editaramos esta vídeo-creación para que os novos ramalloseir@s e as súas familias poidan coñecer un pouquiño máis de preto as nosas dinámicas de traballo. 

Unha aperta ben grande e bo verán a toda a Comunidade Educactiva deste CEIP da Ramallosa, do que todos nos sentimos máis que orgullosos de formar parte.

O CEIP da Ramallosa premiado no "ENREGUÉIFATE"

Danos unha alegría inmensa comunicarvos oficialmente a toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, que alumnado de 6º de Ed. Primaria, foi premiado neste recoñecido certame de Regueifa. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".

Un recoñecemento, que este ano máis que nunca, nos sabe mellor que ben, dadas todas as circunstancias derivadas da alerta polo COVID19. Sen dúbida, é un premio dobre para toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa. 

 

A nosa, "EcoRegueifa", interpretada pola nosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasadoEcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...

 

Queremos dar as grazas pola implicación na actividade a todo o alumnado participante!! E aproveitar para lembrarvos que o traballo, antes ou despois, sempre da os seus froitos! Especialmente agora, que en nada iniciaredes unha nova andaina no instituto.

 

Non podemos deixar de expresar a nosa felicidade e gratitude por este recoñecemento á Organización do Certame ENREGUÉIFATE!! E prometerlles que continuaremos "fabricando" regueifas ano a ano, para que a nosa música e lingua galega non deixe de latexar nunca nos nosos corazóns. 

 

Asemade, queremos agradecer a traballo excepcional do Concello de Teo a prol destas iniciativas culturais a través do Departamento de Política Lingüística.  Así como as súas fermosas verbas de recoñecemento cara o profesorado e alumnado do noso centro. Grazas por sementar ilusión e cultura!

 

Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada "EcoRegueifa", un Karaoke da mesma e un vídeo resumo de todos os Premiados nesta IV Edición do ENREGUÉIFATEParabéns regueifeir@s!

 

 

  

LETRAS GALEGAS 2020 "Ricardo Carvalho Calero"

Ricardo Carvalho Calero

Comeza o mes das "Letras Galegas", que como ben sabedes, se celebra o 17 de Maio. Co fin de que poidades ir facendo actividades cos vosos fill@s, achegámosvos varias propostas de interese. Tamén veredes aquí as creacións do Centro!!

 

propostas  

O día das Letras Galegas, tivemos un feixe de sorpresas!!

* Empezamos coa proposta que acabamos de enviar a concurso no Certame ENREGUÉIFATE. Aquí vos deixamos a nosa "EcoRegueifae tamén unha "versión karaoke" da mesma!!

Como todos os anos, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, participa neste concurso representando ao centro, pero desta volta, e dadas as circunstancias, facémolo cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do "Proxecto EcoTeo", que levamos a cabo no cole. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano!!

Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Agardamos que vos preste vela!! E animádevos a cantala co Karaoke!!

 

* O alumnado de 4º curso, compártenos una actividade de Seccións Bilingües realizada na Área de Ed. Plástica fermosísima e con moito moito significado!

   

 

* O voso compañeiro Pedro Sánchez Picado, (de 4ºB), compártenos unha interpretación fermosa á "marimba", do noso Himno Galego. Un agasallo ben especial para conmemorar esta data tan sinalada das "Letras Galegas. Non vola podedes perder!! Grazas Pedro!!

 

* O alumnado de Ed. Infantil de 3 anos, ofrécenos esta vídeo-creación na que nos ensinan as súas verbas preferidas do galego e tamén os seus retratos do homenaxeado, "Ricardo Carvalho Calero. Parabéns pequech@s!!

  

 

* Fai uns meses, o ilustrador “Juan Carlos Abraldes Rendo”, pai de Alejandro e Érica (alumnos de 6º de Ed. Infantil e 5º de Ed. Primaria do cole), levou a cabo no centro un espectacular obradoiro de pintura nas Aulas de Ed. Infantil de 5 anos. No que nos agasallou cun fermoso retrato de "Ricardo Carvalho Calero".

No Proxecto “ContaComigo”, as familias dos cativos de cada aula, participan facendo unha actividade relacionada coa sua profesión, ou outras propostas como “conta-contos”, etc. Agradecementos a todas as familias participantes, por estar ahí sempre!!

Compartinos un pequeno vídeo-resumo desta fermosa actividade na que @s pequech@s o pasaron pipa!! Mil grazas Juan Carlos!!

 

* Recomendamos outro traballo fermosísimo do alumnado de 2º de Ed. Primaria!! 

 

 

Actividades  

* Coa mesma idea de Pedro, lánzamos tamén un desafío musical para os frautistas do cole!! A ver se alguén se atreve a tocar este anaquiño da primeira parte do noso Himno. E para que tamén cantedes todos en familia, achegámosvos o himno Galego "subtitulado" para que vos animedes a cantar esta fermosa canción que nos representa como pobo ao igual que a nosa lingua.

 

* Os "Bolechas; Carvalho Calero" e "As pitas baixo a choiva"!! Dúas actividades xeniais para os máis pequechos da casa!!

Bolechas Ricardo Carvalho bolechas 

 Unidade Didáctica e outros recusos de "As Pitas baixo a choiva", aquí

 

* A raposa Fedella tráenos unha ficha didáctica do homenaxeado Ricardo Carvalho Calero. Cortesía do Servizo de Educación da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Raposa Fedella

 

* Uxía Senlle, artista "recomendada" esta semana na proposta "Músic@s Galeg@s", da área de Ed. Musical, achéganos a fermosa canción; "A Carvalho Calhero! Unha coroa de violetas". E tamén estoutra coas "Tanxugueiras" e "Faia", que leva por título, "A Fala", e na que colaboran diferentes artistas do panorama musical e artístico Galego

 UXÍA SENLLE

  

* A Fundación ABANCA compártenos tamén un montón de propostas interesantes. Aquí vos deixamos algunha!! Un conto sobre o homenaxeado, para que os máis maiores lle conten aos pequechos da casa e e un audio conto para os máis pequechos.

Ricardo_CorazoDasLetras

 

 

* Achegámosvos un divertido xogo para coñecer un montón de cousiñas de "Ricardo Carvalho Calero" autor homenaxeado este 2020. Clica na imaxe para empezar a xogar!!

 

 

* Estoutro un chisco máis sinxelo. Pincha na imaxe para xogar!! 

Letras 2020 EI 

 

* Destacar tamén, a proposta didactica realizada pola nosa compañeira Laura García. Mestra de Ed. Infantil no centro e compañeira do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Achego un link no que podedes ademáis ver outras unidades creadas por outr@s profes. Clicade aquí para entrar.

Para ver máis unidades ou propostas realizadas por este equipo de traballo da AGAL (Associaçom Galega da Língua), coordinada para esta actividade por Miguel Penas e Eduardo Maragoto, tendo sido implementado pola empresa "Sem Lios" que, além do desenvolvemento web, tamén integrou a image do Ano Carvalho Calero 2020 do desenhador Pancho Lapeña. Entre os contidos máis destacados están os dedicados à vida e obra de Carvalho Calero, cun texto biográfico da autoría de Martinho Montero Santalha e umha sección coas fichas de todas as monografías do autor, compiladas por Marcos Saavedra. Entra aquí para ver máis recursos.

Carvalho Calero AGAL

 

* A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á vosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que vos poden ser moi útiles nesta situación de confinamento. Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro (videocreacións, booktrailers, booktubers…). Tédelos nesta ligazón

Asemade, co fin de divulgar a figura e o legado de Ricardo Carvalho Calero, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra.

Carteles Gañadores Ed. Infantil e Primaria Recordando Carvalho Calero  - CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña)

Carteles Gañadores na categoría dos demais niveis e centros educativos:  Unha vida polo galego  - IES Ferrol Vello de Ferrol (A Coruña)

 

* Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparedes unha gran variedade de recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais, pasatempos, xogos…). Mirade aquí

 

 

* Mención á parte merece, neste período de crise sanitaria, "O meu paso polo quirófano", un álbum ilustrado editado pola SXPL para axudarlles ás rapazas e aos rapaces hospitalizados a pasar polo transo dunha intervención cirúrxica. Podedes descargalo nesta ligazón

* Outros recursos ben interesantes da Real Academia Galega! Pincha na imaxe para entrar na "Primaveira das Letras"

Primavera das Letras 2020 

 

* E aquí vos deixamos unha interesantísima proposta de Xosé Antón Vicente, con actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria. Entra pinchando nesta imaxe!

 

 

* Rosco Pasapalabra (6º EP). Actividade proposta polos Centros SocioCulturales de Compostela.

rosco pasapalabra Calhero

 

* Alén destas actuacións, propoñémosvos outras iniciativas dinamizadoras nas que pode participar o alumnado dende a casa, coa colaboración das familias:

- Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal: esta iniciativa xurdida na EOI de Santiago de Compostela para potenciar os vínculos entre Galicia e Portugal a través da música e a poesía, xa chegou á fase das votacións; logo da selección dos poemas finalistas, o público poderá votar ata o 20 de maio no web https://aritmar.gal/edicion-2020.php. Máis información aquí

- Enreguéifate 2020: este concurso de regueifas mantén a data  de presentación dos vídeos ata o 29 de maio. Podedes enviarnos ao mail dinamizaciondalinguagalega@gmail.com, os voso vídeos regueifando ou envialos vós directamente ao Concurso.

Como todos os anos, o alumnado de sexto, participará no concurso!! Desta volta, e dadas as circunstancias, cunha Regueifa que gravamos o pasado curso en xuño, con motivo do Proxecto EcoTeo. E que tiñamos precisamente reservada para enviar a concurso este ano. Como di o refrán... "O que garda sempre ten" jejeje. Así que, o día das Letras Galegas, entre outros contidos publicarei aquí a peza que enviamos a concurso; "EcoRegueifa".

Isto non quita de que vos animedes a mandar máis propostas! Podedes envialas vós mesmos para participar na categoría individual ou mandarmas a min para envialas como proposta escolar. E por suposto, os papis, mamis, avoas, avós, tíos... Tamén poden participar!!

Animádevos con esta fermosa proposta cultural que por certo, tamén patrocina o noso Concello de Teo xunto con outros Organismos e Entidades. Benvida@s á Regueifesta!! 

Co fin de facilitarvos o traballo, ofrecémosvos algúns consellos para regueifar e instrucións para gravar aquí. E inscribe a túa peza ou mira as bases sobre o concurso aquí

  Banner Enreguéifate

      

- Contádenos o voso Día das Letras: un certame convocado pola RAG para promover entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades sobre Carvalho Calero. O prazo para envialas remata o 30 de xuño. Tedes as bases aquí

- Premios de Podcast O Vello dos Contos “Xosé Mosquera Pérez”: este concurso que fomenta a difusión da figura de Carvalho Calero e do patrimonio inmaterial galego e portugués ampliou o período para remitir os audios ata o mes de setembro. https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convoc...

 

Estade atentos ademais á Programación de Actividades proposta polo Concello de Teo, na que a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, tamén aportaremos o noso gran de area. Podedes ver a organización das mesmas aquí. E para máis información entra no seguinte enlace 

DÍA DO LIBRO

ESTE 23 DE ABRIL,  DÍA DO LIBRO, FOI UNHA CONMEMORACIÓN DIFERENTE,

                          QUE TIVO LUGAR FÓRA DAS AULAS.

CADA UN DENDE AS SÚAS CASAS, FIXO UNHA APORTACIÓN OU COLABORACIÓN ARREDOR DUN LIBRO;

FOTOS CO LIBRO FAVORITO,

   LENDO NUN LUGAR TRANQUILO DA CASA,

         HISTORIAS CONTADAS COS TÍTULOS DE LIBROS,

           CREANDO HISTORIAS CONXUNTAS

                ...........

PÚXOSE EN MARCHA A IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE E DA MAN DAS APLICACIÓNS TECNOLÓXICAS, SE PUIDO COMPARTIR POLAS REDES, PARA XUNTO@S, POÑER EN VALOR A IMPORTANCIA DOS LIBROS.

 

DENDE O NOSO CENTRO, HOUBO VARIAS INICIATIVAS PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO E, AQUÍ VOU COMPARTIR UN EXEMPLO DALGÚNS NOS SEGUINTES ENLACES:

VIDEOS MONTAXE CON FOTOS QUE ENVIOU O ALUMNADO DE 2º E 3ºB, ONDE ESTABAN LENDO UN LIBRO

   https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2382

   https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2404

 

CONTO ELABORADO POLAS FAMILIAS DUN GRUPO DE 3 ANOS: @S NEN@S FIXERON UN DEBUXO DO CORONAVIRUS E CONTARON COUSAS SOBRE EL. CON ESTE MATERIAL SE COMPUXO UNHA HISTORIA, QUE QUEDOU BEN FERMOSA.

O BONITO DESTA TAREFA FOI A IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NUN PROXECTO COMÚN QUE PROVOCOU UNHA GRAN ILUSIÓN N@S PEQUES CANDO VISIONARON O VIDEO E VIRON OS SEUS DEBUXOS E AS SÚAS PALABRAS REFLEXADAS NO CONTO. 

   http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2389

 

* PRESENTACIÓNS EN INGLÉS DE ALUMNADO DE 5º e 6º ARREDOR DE LIBROS DE ESCOLLA PERSONAL:

   https://drive.google.com/open?id=1XGQR6XjRoALjQGHkC1GUfKKCHBx6slu7

 

COMPARTO CON VÓS O DÍPTICO QUE FOI ELABORADO COMO SEMPRE DENDE BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESTE ANO LEVA UNHAS FERMOSAS PALABRAS DO ESCRITOR, XORNALISTA E DIVULGADOR DA LITERATURA GALEGA, MANUEL GAGO.

PARA LER O TEXTO CLICA ENRIBA DA IMAXE

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor - 2020 | Bibliotecas ...

TAMÉN COA FERMOSA CURTA, QUE VOS COMPARTO A CONTINUACIÓN, SE QUERE TRANSMIRIR O IMPORTANCIA DA LECTURA; BÓTALLE UN OLLO, MERECE A PENA!!!

CLICADE ENRIBA DA IMAXE

FINALMENTE, DÉIXOVOS UN XOGO RELACIONADO CON ESTA ONOMÁSTICA. ANÍMATE A FACELO E POÑER A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS. ASÍ DESCUBRIRÁS PORQUE SE CONMEMORA NESTA DATA O DÍA DO LIBRO

https://learningapps.org/watch?v=pycs92jzn20

 

                                          E RECORDA!

 

     

 

 

 

 

SEMANA DO LIBRO

ESTA SEMANA, COMO IMOS CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO O VINDEIRO XOVES 23 DE ABRIL, MOITAS EDITORIAIS POÑEN Á VOSA DISPOSICIÓN UNHA VARIEDADE DE LIBROS QUE PODEDES DESCARGAR DE XEITO GRATUÍTO E DESFRUTAR COA LECTURA

ANÍMATE A LER. ¡¡¡UN LIBRO É UN BO AMIGO!!!!

CLICADE EN CADA LOGO/IMAXE PARA ACCEDER Á PAXINA ONDE HAI LIBROS  QUE PODES ESCOLLER!!

Baía Edicións  ACCESO A CONTOS DE DISTINTAS IDADES

 O Papagaio   DESCARGA XORNAIS DO PAPAGAIO

 

Kalandraka INTERESANTE PAXINA CON CONTOS, VIDEOS MUSICAIS, ...

 Kalandraka  A XANELA DO MAXÍN OFRECE UN VIDEO COMPLETO DO

CONTO "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA"

  

Urco PODERÁS ACCEDER A DESCAGRA EBOOKS

 

      Aira editorial PODERÁS DESCARGAR O COMIC "CARRIANDOLA"

 A editorial OQUELEO/LOQUELEO pon á vosa disposición

diversos fondos segundo a idade. Pasos para poder escoller e ler cada conto:

1- Escoller o libro que che gustaría ler e clicar enriba del

2- Abrirase unha paxina coa portada do conto, debes volver clicar enriba del

3- Introducir nas celdas o código e contrasinal que hai ao lado de cada conto

4- Avanza nas frechas, debaixo da portada, no inferior da páxina, par acceder á historia

         GOZA COA LECTURA!!!

PARA + DE 6 ANOS:

 

 USUARIO: 99999980-19386-001 // CONTRASINAL: CDrnS2e8

  USUARIO: 99999980- 19387- 001 // CONTRASINAL: F877cwNz

  USUARIO: 99999980-19388-0001 // CONTRASINAL: U6PF882e

 USUARIO: 99999980-19395-0001 // CONTRASINAL:E4qs3sfs

 

PARA + DE 8 ANOS:

USUARIO: 99999980-19389-0001 // CONTRASINAL:SbMDezqh

 USUARIO: 99999980-19390-0001 // CONTRASINAL:4FhAjwBs

  USUARIO: 99999980-19396-0001 // CONTRASINAL:K7fMCvVM

 

PARA + 10 ANOS:

 USUARIO: 99999980-19391-0001 // CONTRASINAL: Zf5ZuszW

  USUARIO: 99999980-19393-0001 // CONTRASINAL: nu8hadps

  USUARIO: 99999980-19394-0001  // CONTRASINAL: g2cHMEGq

 USUARIO: 99999980-19392-0001  // CONTRASINAL: XzbUrCcD 

Entroido 2019-20

Aquí iremos publicando todas as montaxes das actuacións do proxecto "O Circo", que empregamos como temática para a celebración do entroido deste curso escolar 2019-20

Agardamos que vos preste velo! Especialmente nestes momentos tan complexos Sorriso

PAPAGAIO DO MES DE ABRIL

GRAZAS Á XENEROSIDADE DE PEPE CARREIRO, ESTE MES DE ABRIL, PODEREMOS GOZAR DA REVISTA "O PAPAGAIO" PERO EN FORMATO PDF.

 

E SE CLICAS NO SEGUINTE ENLACE PODERÁS ACCEDER A IMAXES DE PORTADAS ANTERIORES E ALGÚN XOGO QUE VOS OFRECE PEPE CARREIRO

https://www.facebook.com/edicionsmoitoconto/?__tn__=kC-R&eid=ARBY4rFNBhHIYazPD4bnKoNfjHHVzgem0kxs8NrJ-CoPlb9-LUzFxYA1fv0eYE-N1k7lJuKY8M8ONTfh&hc_ref=ARRPUJzpjccRuil0cG9zFfQOpDTECGQIfqMvaO_bol_9Gh2yKhFcFD6YeJP7pAAxOe8&fref=nf&

 

DEBEDES CLICAR NA IMAXE PARA ACCEDER A TODO O CONTIDO DA REVISTA DO MES DE ABRIL

ANIMÁDEVOS A BOTARLLE UN OLLO E GOZAR COAS HISTORIAS ALÍ CONTADAS

 

DÍA MUNDIAL DA ARTE

HOXE, 15 DE ABRIL, CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DA ARTE E, QUERO COMPARTIR CON VOS, ESTE VIDEO QUE NOS MOSTRA A IMPORTANCIA QUE TEN O FOMENTO DA CREATIVIDADE NO DESENVOLVEMENTO INTERGRAL DAS PERSOAS.

 

NON PERMITAS QUE NINGUÉN COARTE A TÚA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE;

TI ES ARTISTA!!!!!!

clica na imaxe para acceder ao video

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 

Hoxe, día 2 de abril, celébrase o día Mundial do Autismo.

 

Consideramos indispensable atender as necesidades de todos os nosos alumnos e, para logralo, a formación do profesorado en atención á diversidade é indispensable. Pero non só é importante o coñecemento dos docentes sobre este tema, senón de toda a comunidade educativa, pois só xuntos lograremos superar todas as barreiras que se nos vaian poñendo por diante.

Por este motivo, realizamos esta infografía, á que poderedes acceder premendo na imaxe da presentación, onde se recollen os aspectos máis reseñables do trastorno do espectro autista, así como unha serie de pautas que poden servir de axuda tanto para docentes como para familias, e outra información relevante.

 

Animámosvos a apoiar esta campaña! Tedes os pasos para facelo na segunda imaxe.

 

 

 

QUERES LER?

DURANTE ESTA SITUACIÓN EXCEPCIONAL MOITAS EDITORIAIS, ESTÁN POÑENDO A VOSA DISPOSICIÓN MOITOS RECURSOS AOS PODES ACCEDER DE XEITO GRATUÍTO, PARA AXUDARCHE A FACER MÁIS LEVADEIRO O TEMPO, PERO GOZANDO CON LECTURAS

AQUÍ TEDES CONTOS E HISTORIAS GRAZAS Á EDITORIAL BAÍA EDICIÓNS

 

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Baía_Edicións_Logo

 

 

TAMÉN KALANDRAKA QUERE COMPARTIR CON VÓS CONTACONTOS, VIDEOS, MÚSICA,...

 

http://www.kalandraka.tv/gl/

Kalandraka

 

  A LERRRRRRRRRRRRRRRR E GOZARRRRRRRRRRRRRR!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut