Skip to Content

Novas

"DÍA DA PAZ": Árbores de Paz

COMO CADA 30 DE XANEIRO, COMMEMORAMOS NO CENTRO, O DÍA DA PAZ

ESTE CURSO, TOMAMOS COMO REFERENCIA O CONTO, BASEADO NUNHA EXPERIENCIA REAL, "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ"

NO NOSO GRUPO, FIXEMOS UNHA ÁRBORE TRIDIMENSIONAL, DA QUE PENDURAMOS FOLLA CUNHA PALABRA OU FRASE, CUNHA MENSAXE POSITIVA : PAZ SI VIOLENCIA NO, AMOR E PAZ, NON MATAR, COIDAR AS ÁRBORES,...

 

CADA AULA PODÍA FACER A SÚA ÁRBORE E LOGO FACER UNHA EXPOSICIÓN CONXUNTA, PARA FACER UN "BOSQUE RAMALLOSEIR@"

NA ÁREA DE ED. MUSICAL, O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE ED. PRIMARIA TRABALLOU CO UKELELE A CANCIÓN DE JOHN LENNON "IMAGINE". UNHA CANCIÓN QUE NOS VEU A TOD@S XENIAL PARA TRABALLAR A IMPORTANCIA DO RECHAZO AOS CONFLICTOS BÉLICOS. APROVEITANDO A SITUACIÓN DE UCRANIA E RUSIA E OUTRAS ZONAS DO MUNDO (AFGANISTÁN, LÍBANO,...) NON ÁS GUERRAS!

 

TAMÉN CANTAMOS ESTA VERS EN GALEGO

 

BOSQUE RAMALLOSEIRO DA PAZ

NESTE CURSO ESCOLAR, PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ, PARTIMOS DO CONTO "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ", PORQUE ESTAMOS INMERSOS NO CENTRO, NO PROXECTO DE ESCOLA VERDE, POLO QUE SE CONSIDEROU QUE SERÍA UNHA PROPOSTA COHERENTE E NA LIÑA QUE SE PRETENDE PARA COIDAR A NATUREZA E CONTRIBUÍR AO COIDADO E RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE.

CADA AULA, ELABOROU UNHA ÁRBORE CON MENSAXES DE PAZ PARA CREAR UN BOSQUE RAMALLOSEIRO QUE NOS UNE COMO CENTRO.

Teo coas TANXUGUEIRAS!!

Dende o CEIP Plurilingüe da Ramallosa queremos apoiar explicitamente a candidatura a EUROVISIÓN 2022 das nosas veciñas; AS TANXUGUEIRAS.

Sementando a nosa música, lingua, cultura... Así como a de tantos músic@s coñecidos como; LEILÍA (veciñas e precursoras), Xavier Díaz, Faltriqueira, .... E outros miles que non chegan á difusión que se merecen. Son moitos e moitas!! Algúns espallando a nosa música dende fai décadas!!

Pero as nosas veciñas TANXUGUEIRAS poden darlle unha nova oportunidade ás músicas tradicionais de todos os pobos, e especialmente a da nosa queridiña terra Galega!!

Están a ser unha fonte de motivación extraordinaria para poñer en valor entre @s nen@s a importancia da nosa lingua e cultura. Non podiamos deixar escapar esta oportunidade única!!

Imos Tanxugueiras!!

 

- Resaltar que debido a circunstancias derivadas do COVID, este mes tivemos que tirar máis do desexable de educación online, para favorecer

que moito alumnado fixese gran parte do traballo coa canción. Por iso, este esforzo, ten o drobre de mérito!! Parabéns a tod@s!! -

Certame de Arte Escolar - Fundación Granell

As pequenas e pequenos grandes aristas de Educación Infantil e Primaria, partillamos con vós con grande emoción as nosas creacións elaboradas para o "Certame de arte escolar da Fundación Granell". Este ano co tema de "Granell, natureza e medio ambiente". Temática do noso Proxecto de Escola Verde: "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza"

Podedes visitar a EXPOSICIÓN durante todas as vacacións de nadal no Museo Granell, ubicado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural - Compostela). Ademais do agasallo de nos expoñer todos os nosos traballos, tres dos participantes obtiveron premio. André Rey Álvarez na categoría de construción, Sergio Castro Baliñas en debuxo e Alba Martínez Gómez en collage.

PRESENTACIÓN do libro "O TOQUE PECHADO" de "Pablo Seoane"

O venres pasado tivemos a gran sorte de poder ter con nós ao noso estimado PABLO SEOANE. Músico, docente, Luthier/artesán... E sobre todo, un Ramalloseiro dos pés á cabeza, pois tamén foi alumno do noso centro.

Este polifacético persoeiro do noso Concello ten máis que gañado o seu prestixio a nivel internacional. Un luxo que tivera a deferencia de presentar ao noso alumnado de 6º, o espectacular traballo do seu último libro "O toque pechado". Unha recollida de anos e anos, de aldea en aldea gravando en casetes aos nosos avós músicos. Un proceso árduo que agora se recolle nesta obra de arte do noso patrimonio cultural cun carácter tamén moi pedagóxico!! Un libro indispensable na biblioteca de calquera músico ou amante da nosa cultura.

Na súa presentación falounos entre outras cousas da orixe destoutra forma tradicional de tocar a gaita. Na que, por dicilo dalgunha maneira, mudan as posicións dos dedos para facer as notas, feito que afecta ao propio son!! E que é precisamente, un dos motivos de que nacera esta dixitación. A procura dunha afinación axeitada! Pois non había un punteiro tipo cunhas medidas estándar que reproducisen o mesmo son, polo que os gaiteiros tiñan que ir buscando a afinación en cada nota. Polo que a gaita adquire tamén outra tímbrica!! Tamén se xustifica e reforza esta forma de tocar, probablemente polo feito, de buscar o instrumentista unha maneira de tocar suxeitando mellor o punteiro. Na actividade tamén nos tocou unhas pezas, unha delas acompañado da súa filla Lía, alumna do centro e integrante do Grupo de música tradicional do Centro.

Tamén donou un exemplar do libro á Biblioteca Escolar do Centro e asinou no noso libro de persoeiros ilustres que visitan o centro.

Sen dúbida, aprendemos un montón de cousas co noso querido "Pablo Seoane". Grazas unha vez máis e moita música compañeiro!! (Premede na imaxe para ver máis fotos, videos...)

 

Proxecto "Cóntame un Conto"

O pasado curso, o alumnado de 4º de ED. Primaria do centro, participou no proxecto: "Cóntame un conto", como un dos centros "piloto" da iniciativa. A pesares de que foi este nivel educativo o que fixo o traballo de recollida, edición e publicación destes traballos, houbo contos orais e historias do maís impresionantes para todos os discentes do centro. Nesta actividade en concreto, os conta contos Celso Fernández Sanmartín e María da Pontragha fixeron as delicias dos alumnos/as dos cursos de 4º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Infantil.

Este curso 2022/23 continuamos co proxecto! E seguimos desfrutando dos contos que os maiores achegan aos nenos/as do centro!!

A actividade está promovida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), do Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas. O obxectivo deste programa é fundamentalmente promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral, así como a recollida de contos tradicionais galegos contados polos nosos maiores. Máis info sobre o proxecto, e publicación dos videos de todos os centros na web do APOI. Preme aquí para entrar!!

 

2ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS:

(Estamos a subir as montaxes. En breve poderedes gozar de todos os contos deste ano)

 

 

 

 

 

1ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS / GALA:

Cóntame un conto Portada

 

 Preme nos seguintes atallos para ver ou descargar fotos e videos do acto

Atallo1      Atallo 2      Atallo 3

Cóntame foto final

Cóntame Quintana

 

"ACTUACIÓN/FORMACIÓN CON "CELSO FDZ." E "MARÍA DA PONTRAGHA"

 

OS NOSOS CONTOS

(Preme no título de cada video para poder velo a pantalla completa) 

"CANCIÓN DO NADAL 2021" (TVG)

Esta é a nosa proposta presentada ao concurso da TVG "A Canción do Nadal". Grazas a todo o alumnado e familias pola vosa implicación. Finalmente non fomos os gañadores do concurso, pero para @s Ramalloseir@s o noso "Algho han de traer" é a canción deste Nadal sen dúbida☺️ Boas festas a tod@s, Ramalloseir@s!! E xa sabedes... "Algho han de traer"

MAGOSTO 2021

Así foi o noso magosto!! A pesares das limitacións COVID, non faltaron castañas asadas, xogos tradicionais, música do país...E moita moita festaaa!!

 

SE PREMES NALGUNHA DAS IMAXES VERÁS MÁIS ACTIVIDADES. QUE BEN O PASAMOS!!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste ano sí puidemos conmemorar conxuntamente a data do 25 de novembro, tan sinalada no calendario, para recordarnos que debemos seguir loitando contra a violencia en calquera das súas facetas

Todo o colexio xuntámonos, no patio exterior, para unir as nosas voces e rexeitar todo tipo de violencia, lendo un manifesto e tamén para cantar, tocar e representar en linguaxe de signos a canción "A porta violeta", que, traducida ao galego, xa forma parte do noso repertorio musical!!

 Podedes ver un par de montaxes fotográficas, os cartaces creados co alumnado cos lemas reivindicativos e o video de todo o cole cantando "A Porta Violeta" premendo aquí.

Ver o manifesto AQUÍ  

 

 

Ademais todo o centro, traballamos esta temática nas aulas arredor do conto "O CHUVASQUEIRO DE AURORA", de María Márquez, e recollemos en papeis palabras, frases ou lemas cos que rechear un gran chuvasqueiro que se pode atopar na entrada do noso colexio. Así mesmo, nas nosas ventás visualízanse grandes cartaces morados con lemas ou palabras reinvindicativos que ilustran o sentir do alumnado ante este tipo de actos violentos contra a muller e, por extensión, contra calquera persoa.

 

TÍRALLE DA LINGUA 2021_22

Aquí vos deixamos os dous contos presentados ao concurso "Tíralle da Lingua". 

Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!

O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano tras ano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.

Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....

Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.

Deixamos aquí un enlace no que podedes seguir dando o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego

Distribuir contido


by Dr. Radut