Skip to Content

Formación de usuari@s

APRENDEMOS A USAR A NOSA BIBLIOTECA

UN ANO MÁIS CONTINUAMOS COA FORMACIÓN DE USUARI@S PARA PROCURAR, ORDENAR E GOZAR COA NOSA BIBLIOTECA. 

CLICA NA PRIMEIRA IMAXE PARA VER MÁIS.

     

 

CDU: Sistema de clasificación de documentos

Unha biblioteca necesita organizar os materiais dos que dispón mediante un sistema de letras e números. Estos se poñerán nunha pequena etiqueta adherida ao lombo do material correspondente (libro, CD, DVD,...).

Os números son asignados en función da materia  da que trata o documento segundo unha táboa de clasificación coñecida como CDU (Clasificación Decimal Universal) que é utilizada pola maioría da bibliotecas do mundo.

Esta táboa que podes atopar na nosa biblioteca, tamén podes vela aquí.

Unha guía para orientarse na biblioteca

Como xa sabedes, a nosa biblioteca ten unhas normas, uns horarios e un sistema de funcionamento, que ás veces algúns usuari@s non coñecen. Ademais, vai medrando en canto a documentos dispoñibles (libros, dvds,...); e, por iso, a súa organización vai sendo máis complexa.

Para axudar no coñecemento do seu funcionamento e a súa organización, temos elaborada esta guía que vos poderá axudar a saber onde atopar o material que buscades; ademais de aprender a orientarvos en calquera outra biblioteca.

Se disfrutas nela, anímate a coñecela mellor! 

PORTADA TRÍPTICO GUÍA

INTERIOR TRÍPTICO GUÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut