Skip to Content

Plantando árbores con pinceis

Actividade da FUNFACIÓN Abanca

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS DE ABANCA

             

ESTE XOVES, 2 DE MAIO, LEVAMOS A CABO NO CENTRO UN PROXECTO ESCOLAR POLA SUSTENTABILIDADE QUE UNE CULTURA E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE A TRAVÉS DA UTILIZACIÓN DE PINTURAS FOTOCATALÍTICAS ANTICONTAMINACIÓN. ESTAS PINTURAS NON SÓ NON CONTAMINAN, SENÓN QUE ADEMAIS ABSORBEN E DEPURAN OS CONTAMINANTES QUE HAI NO AIRE, COMO OS ÓXIDOS DE NITRÓXENO E OUTROS GASES CONTAMINANTES DA INDUSTRIA E O TRÁFICO RODADO.

O PROXECTO, "PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS", ESTÁ IMPULSADO POLA OBRA SOCIAL ABANCA EN COLABORACIÓN CON VELLA ESCOLA E ENMARCADA NO PLAN PROXECTA, A TRAVÉS DO PROGRAMA ESCOLA VERDE. DITA PROPOSTA CONSISTIU EN DÚAS INICIATIVAS:

--- UNS OBRADOIROS DE PINTADO DE BOLSAS DE TEA CON TEMÁTICA AMBIENTAL, QUE LEVARON A CABO CRIANZAS DE 4ºEP

PODEDES VER O PROCESO DA ACTIVIDADE NAS SEGUINTES IMAXES:

 

- OUTRO GRUPO DE CRIANZAS DE 5ºEP, PARTICIPOU NO PINTADO DUNHA PAREDE DO CENTRO (NESTE CASO, POR CUESTIÓNS METEREOLÓXICAS, A PAREDE FOI NO INTERIOR), USANDO IGUALMENTE AS MESMAS PINTURAS E CON TEMÁTICA AMBIENTAL E ALGÚN OUTRO GUIÑO, COMO NESTE CASO, UNHA GUITARRA PARA FACER REFERENCIA AO PERSONAXE PROTAGONISTA DA REVISTA MUSICAL CREADA NESTE CURSO.

             

 

 

 

 

ARTE AO SERVIZO DA NATUREZA

Abanca plantando

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sustentabilidade que une cultura e coidado do  medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas  fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

As pinturas  fotocatalíticas anticontaminación son unhas pinturas que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale para o efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta).

O proxecto consistirá en coordinar ao estudantado participante para pintar un mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas coa reforestación, na parede exterior que designe o centro escolar. A actividade complétase con Talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.

As paredes e muros duns 50 centros educativos de toda Galicia converteranse en "árbores" grazas a unha iniciativa de Afundación que fará que unhas 4.000 nenas e nenos  coloreen murais nos seus colexios e institutos que contribuirán a  purificar o aire grazas ao emprego de pinturas especiais. 

A actividade 'Plantando  árbores con pinceis', impulsada pola obra social de Abanca en colaboración con  Vella  Escola, desenvolverase tamén no CEIP Plurilingüe dá Ramallosa, pois somos un dos centros que participan no proxecto posto en marcha en 2021. Este ano ten previsto chegar a 50 centros nos que se decorarán uns 1000 metros cadrados de paredes e muros.

O vindeiro venres día 27 de maio, desenvolverase esta actividade, para a que temos varios deseños sobre os que o artista da FUNDACIÓN Abanca creará a obra final. Obra que se o tempo o permite, será a seña de identidade da fachada do edificio da nosa nova "Radio Escolar".

Agradecer á Fundación ABANCA que nos deran a oportunidade de participar nesta extraordinaria actividade, relacionada co noso proxecto da "Escola Verde". E por suposto, o traballo dun montón de profes implicados no proxecto!! Nesta actividade en concreto, agradecementos especiais ás compis Chus e Laura por remar ao meu carón na procura desta fermosa proposta. E como non, grazas unha vez máis ao Equipo Directivo, pola implicación e apoio absoluto.

Publicaremos aquí un resumo de toda a actividade! Con todo o traballo e o making off do mesmo! De momento aquí tendes o resultado do fermoso mural!!

Mural Plantando árbores

Distribuir contido


by Dr. Radut