Skip to Content

Educación Física

Alumnado de Sexto no Día Mundial contra a obesidade

O pasado martes día 12, os nenos e nenas de sexto participamos nunha actividadee proposta pola Funadación España Activa que se desenvolveu conxuntamente en 20 colexios de 17 ciudades de distintas comunidades autónomas.

Dentro da súa campaña "Actívate por unha vida mellor" que ten como obxectivo concienciar aos máis xóvenes de que a práctica física e o deporte aporta moitos beneficio físicos e psíquicos e tamén é unha forma de ocio moi divertida, propuso unha actividade dirixida por profesionais do Ximnasio da Ramallosa que consistiu nuha Masterclass de "Zumba".

Unha representación dos nenos e nenas leron o manifiesto "Pola promoción do deporte e a actividade física" e despois o deron todo na sesión de Zumba.

Estivo xenial. Se queredes ver todas as fotos clicade AQUI.

"Porta violeta" CEIP da Ramallosa

Comezamos o curso 2018-19

Os mestres de Educación Física queremos dar a benvida a todos os nenos e nenas do CEIP A Ramallosa, neste curso 2018-19.

Aquí poderedes atopar información relacionada coa nosa área, tanto a nivel da escola como das actividades que sexan organizadas por outros organismos, federacións deportivas, clubes, asociacións, concellos etc.

Benvidos/as a todos/as!

Distribuir contido


by Dr. Radut