Este proceso só é para alumnado novo no centro.
PRAZOS
1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
3. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
6. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
7. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
POSTOS ESCOLARES VACANTES
ETAPA
|
CURSO
|
PRAZAS VACANTES
|
ED. INFANTIL
|
4º E.I.
|
22
|
5º E.I.
|
2
|
6º E.I.
|
16
|
ED. PRIMARIA
|
1º E.P.
|
24
|
2º E.P.
|
7
|
3º E.P.
|
20
|
4º E.P.
|
17
|
5º E.P.
|
16
|
6º E.P.
|
6
|
TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES
- Vía telemática (é preciso chave 365 ou certificado dixital)
Entregar no rexistro dixital da Xunta de Galicia (sede electrónica) a solicitude de matrícula co anexo II. (Código do procedemento ED550B).
Pódese cubrir previamente de xeito dixital na aplicación web para a admisión do alumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado) para logo enviar desde a sede electrónica.
- Presencialmente:
Recoller o documento no propio centro (pedir cita: 881 866 498) ou imprimir desde o enlace do seguinte apartado.
Entregar de novo no centro (tamén previa cita) unha vez cuberto (en caso de dúbidas chamar ao teléfono anterior).
INFORMACIÓN IMPORTANTE
1º.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º-. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo
de presentación de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN
Documentación oficial da solicitude de admisión:
Documentos do centro para a posterior matrícula cando sexa admitido/a: