Skip to Content

Desenvolvemento Sostible. Axenda 2030

ESCOLA VERDE (Vídeo final) "Día Mundial do Medio Ambiente"

Con este vídeo pechamos o traballo de centro co "Proxecto Escola Verde", neste curso escolar 2022_23.

Desta volta cunha montaxe conmemorativa sobre o acto que fixemos no "Día Mundial do Medioambiente",

e centrada nun dos obxectivos primordiais do equipo docente. Algo tan importante como facerlle ver aos

discentes e ás familias a importancia dos tres "R"; ReducirReciclarReutilizar.

Facendo especial fincapé no relativo á redución no consumo de plásticos dun só uso!!

Fixemos un traballo integral, icentivando diversas dinámicas entre a comunidade educativa neste senso;

recollida e clasificación de lixo, fomento de "merendas sen plástico, concienciación sobre

o dano que producen ao planeta estes resíduos, a súa afectación aos seres vivos,...

Por suposto, todo este traballo vai ligado a outros moitos eixes deste extenso proxecto;

Horto Escolar, Aromáticas e insectos, Xardín da Esperanza, Brigadas de limpeza, reconto

e clasificación de resíduos, proxecto "Limpa os teus Ríos,... 

LONGA VIDA Á ESCOLA VERDE!!

A HORTA DO RATIÑO

O alumnado de Valores de 6ºC escolleu un conto na nosa biblioteca para facer unha adaptación teatral. Fixo o vestiario, decoración, maquillaxe e procuraron a música. Colaborou o alumnado de Relixión nos ensaios, na elaboración das entradas para as crianzas de Infantil e foron @s encargad@s de recoller as entradas e acomodar @s nos@s peques de 3, 4 e 5 anos. A obra estaba relacionada coa Escola Verde e empregaron material de refugallo para faceren a decoración e o vestiario.

Foi todo un éxito! Grazas, artistas!

  

 

 

 

PEQUENO XARDÍN DA ESPERANZA 22-23

Na materia de Relixión continuamos coa experiencia iniciada o curso pasado co alumnado de 2º curso. Dado o éxito e por petición do resto dos alumnos, decidín exportala ao conxunto do alumnado matriculado en relixión e así, durante todo o curso foi pasando o alumnado dende 4º de Infantil a 6º de Primaria.

Por medio desta actividade traballamos valores coma a constancia, o esforzo, a responsabilidade, o respecto, a sensibilidade, o altruísmo, o compromiso co medio ambente e por suposto... A ESPERANZA.

 

Déixovos unha pequena mostra fotográfica da actividade

 

   ASÍ O ATOPAMOS EN SETEMBRO 

 

         ASÍ QUEDOU EN XUÑO

 

E DURANTE O CURSO.....

 

 

 

 

 

 

 

"DESPLASTIFÍCAME"

Como xa indicamos na entrada anterior, o propio día 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente, quixemos recordalo como unha data especialmente significativa para nós, ante o proxecto no que estivemos inmersos ao longo do curso e coa mirada posta no problema do cambio climático

Coa colaboración das familias, a meirande parte das merendas neste días, eran sen plásticos. Tamén aproveitamos para falar e reflexionar  sobre a gran cantidade de plásticos que se foron xerando nas merendas de cada día; a partir dos datos que foron anotando ao longo do curso.

Xúntamos no patio todo o colexio, como acto simbólico e, fixemos un círculo (representando a Terra) arredor do colector amarelo, leronse unhas palabras de reflexión e de consellos sobre o uso do plástico dun so uso. Quixemos darlle visibilidade a este grave problema que está supoñendo para o noso planeta e todas e todos alzamos as voces ao unísono para berrar "DESPLASTIFÍCAME"

       

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!

Ao longo deste curso, estivemos levando a cabo unha iniciativa de concienciación sobre o uso de residuos plásticos dun só uso. Co que xeramos cada día, nas merendas de media mañá, enchemos un colector aproximademente cada 15 días, e tan só no noso cole.

Reflexionemos: se extrapolamos estes datos a todas as merendas do conxunto dos colexios galegos, decataríamonos da grandísima cantidade de residuo plástico que producimos. 

Está nas nosas mans contribuír a ter un planeta máis limpo e saudable.                          

Desplastifícame montaxe

O 5 de Xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO  MEDIO AMBIENTE,  e dende o colexio queremos facer un acto simbólico e para iso, propoñémosvos que ese día, asmerendas das vosas crianzas non traian plásticos dun só usoO planeta pide axuda "DESPLASTIFÍCAME", é o lema que escollemos para conmemorar esta data. 

Na nosa biblioteca propuxemos lecturas sobre a   temática que enriquecen a aprendizaxe e convidan á reflexión. 

FOMOS A VER "NAUTILUS"

O pasado luns, 20 de marzo, fomos a ver a peza teatral "NAUTILUS" Gañadora do premio FETEN 2020 á mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental. Organizada por AFUNDACIÓN ABANCA, Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras “20.000 leguas de viaxe submarino” de XULIO VERNE cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos, facendo fincapé na problemática dos PLÁSTICOS. Despois do teatro, fixemos unha ruta turística polo casco antigo de Santiago. PINCHA AQUÍ PAR A VER AS FOTOS

                     

 

1º COLECTOR DE PLÁSTICO

Xa se encheu o 1º colector de plástico dun so uso xerados nas merendas das crianzas: tan só en 13 días- entre o 16 de Xaneiro e o 1 de FebreiroSorprendidoSorprendidoTriste

Ánimo!, seguro que pouco a pouco nos iremos concienciando na redución deste tipo de lixoSorriso

            

MISIÓN PLÁSTICO

Como anunciamos hai uns días. dentro do programa "escola verde", no que estamos inmersos, un dos obxectivos é concienciar e sensibilizar ás crianzas da necesidade de reducir a cantidade de plástico dun so uso, a través das merendas, co desexo que esta actitude se traslade á vida diaria. 

Para iso propúxose, analizar e rexistrar diariamente o plástico que traen nas merendas, e dialogar sobre posibles alternativas. Depositando o plástico cada día/semana, no colector amarelo, imos observando como vai aumentando con gran celeridade en pouco tempo.

A seguinte imaxe foi tomada 2 semanas despois de iniciarse a recollida

Familias, descargade a nota explicativa para saber máis.

COMANDO VERDE INFORMA

Unha das actividades que queremos empezar neste trimestre, é concienciar ao noso alumnado da necesidade de reducir o consumo de plásticos. O obxectivo que queremos acadar é o redución do consumo de plásticos nas merendas do noso alumnado, especialmente daqueles que sexan dun so uso.

Esta actividade terá varias fases, a primeira delas consistirá na presentación e motivación da mesma, e para iso o "Comando Verde", facilitámosvos un material que se o considerades pertinente, podedes empregar. Ao mesmo tempo, iniciaremos en cada aula unha recollida diaria de datos do consumo de plásticos (facilitaremos táboa). Estes táboas serán de utilidade para ir vendo a evolución dos nosos hábitos de grupo e de escola.

No momento de comezo desta actividade, colocaremos, nun lugar accesible do patio, un colector amarelo onde o alumnado depositará os plásticos usados diariamente. Este colector estará aberto pola parte frontal, para que poidamos ver como medra a cantidade de residuos que xeramos e así nos sexa máis fácil motivar o cambio de actitudes en canto ao noso consumo.

                         

Mundo bichos

Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!

Distribuir contido


by Dr. Radut