Skip to Content

PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS E FROITEIRAS

                              

 

Dende o centro, séguense facendo accións que contribúan a mellorar as situacións de vida no noso planeta. As crianzas do ciclo de infantil gozaron dunha xornada ben fermosa e especial colaborando na plantación de máis árbores no patio de xogo, coa apreciada axuda da brigada de axentes e bombeiros forestais da Xunta, guiados por Santiago Neira, así como de Protección Civil do Concello de Teo. Plantáronse castiñeiros e árbores frotireiras para procurar e fomentar un agradable ambiente de benestar no patio de xogo (ter máis sitios de sombra, acondicionar o patio dun xeito amable e alegre no que convivir). Tamén gozaron regando coa motobomba, subindo no camión e tocando a serea. Os axentes agasallaron ás crianzas cunhas medallas pola colaboración na plantación de natureza e cunha casiña- niño para os paxariños Sorriso

            clicar na seguinte foto para visualizar máis fotografías da experiencia

 

    Así quedaron as froiteiras: maciñeira, pereiras e ameixeira! Oxalá se poidan comer moitas froitasSorriso



page | by Dr. Radut