Skip to Content

Desenvolvemento Sostible. Axenda 2030

1º COLECTOR DE PLÁSTICO

Xa se encheu o 1º colector de plástico dun so uso xerados nas merendas das crianzas: tan só en 13 días- entre o 16 de Xaneiro e o 1 de FebreiroSorprendidoSorprendidoTriste

Ánimo!, seguro que pouco a pouco nos iremos concienciando na redución deste tipo de lixoSorriso

            

MISIÓN PLÁSTICO

Como anunciamos hai uns días. dentro do programa "escola verde", no que estamos inmersos, un dos obxectivos é concienciar e sensibilizar ás crianzas da necesidade de reducir a cantidade de plástico dun so uso, a través das merendas, co desexo que esta actitude se traslade á vida diaria. 

Para iso propúxose, analizar e rexistrar diariamente o plástico que traen nas merendas, e dialogar sobre posibles alternativas. Depositando o plástico cada día/semana, no colector amarelo, imos observando como vai aumentando con gran celeridade en pouco tempo.

A seguinte imaxe foi tomada 2 semanas despois de iniciarse a recollida

Familias, descargade a nota explicativa para saber máis.

COMANDO VERDE INFORMA

Unha das actividades que queremos empezar neste trimestre, é concienciar ao noso alumnado da necesidade de reducir o consumo de plásticos. O obxectivo que queremos acadar é o redución do consumo de plásticos nas merendas do noso alumnado, especialmente daqueles que sexan dun so uso.

Esta actividade terá varias fases, a primeira delas consistirá na presentación e motivación da mesma, e para iso o "Comando Verde", facilitámosvos un material que se o considerades pertinente, podedes empregar. Ao mesmo tempo, iniciaremos en cada aula unha recollida diaria de datos do consumo de plásticos (facilitaremos táboa). Estes táboas serán de utilidade para ir vendo a evolución dos nosos hábitos de grupo e de escola.

No momento de comezo desta actividade, colocaremos, nun lugar accesible do patio, un colector amarelo onde o alumnado depositará os plásticos usados diariamente. Este colector estará aberto pola parte frontal, para que poidamos ver como medra a cantidade de residuos que xeramos e así nos sexa máis fácil motivar o cambio de actitudes en canto ao noso consumo.

                         

Mundo bichos

Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!

REMATE FINAL

CHEGOU O ÚLTIMO DÍA DO CURSO, UN DÍA MOI DESEXADO POLAS VACACIÓNS QUIZÁIS, SEN EMBARGO, TAMÉN DE DESPEDIDA OU ATA DENTRO DUNS MESES; EN CALQUERA CASO UN DÍA DE EMOCIÓNS

PARA PECHAR ESTA ETAPA INFANTIL, QUIXEMOS FACER UNHA PROPOSTA MÁXICA E EXPERIMENTAL PARA O ALUMNADO DE 5 ANOS; FIXEMOS A NOSA "CÁPSULA DO TEMPO". NESTE CASO AS CRIANZAS DEBUXARON E RECOLLERON COMO IMAXINABAN O PATIO CANDO ESTIVERAN EN 6º DE PRIMARIA, INTRODUCÍMOLO NUN BOTE E ENTERRÁMOLO NUN LUGAR DO PATIO DE INFANTIL SEGUINDO AS PISTAS DUN MAPA, PARA QUE TAMÉN NO  ANO2028, CANDO SE ABRA ESTE TESOURO, RECORDEMOS ONDE FORA ENTERRADO.

 

 ALÓ NO ANO 2028, SABREMOS SE AS SÚAS PREMONICIÓNS SE CUMPLEN!!!Risa

PRODUTO FINAL: VÍDEO ESCOLA VERDE.

Podedes ver un resumo do noso proxecto Escola Verde no vídeo. Continuaremos a traballar por un medio ambiente máis saudábel e unha escola máis ecolóxica. 

LA MÉTÉO

- Preme na imaxe para visionar todos os vídeos -

ACTIVIDADE ESCOLA VERDE: SAÍDA AO IES DE VALGA.

O martes 14 de xuño, as crianzas de 6º de infantil e @s representantes do Comando Verde da Ramallosa, asistiron a unha actividade ao IES de Valga, centro da Escola Verde. Participou tamén o alcalde de Teo, Rafael Sisto.

O alumnado de 4º da ESO B coas súas batas de científic@s, foron profes das nosas nenas e nenos. Dividíronnos en tres equipos: laranxa, verde e vermello. 

Primeiro, viron os experimentos no exterior do IES para lles axudar a comprender algúns conceptos da arquitectura bioclimática. Por exemplo: a cantidade de CO2, a comprobación do efecto da orientación a respecto do sol, etc.

 

A continuación, observaron e conversaron sobre a importancia do compost e da composteira (fomos ver a do instituto) e fixeron unha práctica no laboratorio, procurando os pequenos animais que viven na composteira e utilizando os microscopios.

As nosas nenas e nenos recibiron un diploma por participar nas actividades e @s representantes do noso Comando Verde, entregáronlles ao profesorado e alumnado involucrado unhas pegatinas co noso logo como agradecemento. 

 

Moitas grazas ao profesorado, ao equipo directivo e ao alumnado do IES de Valga por conseguirdes unha xornada de integración, colaboración e aprendizaxe. O vindeiro curso continuaremos cos nosos proxectos. Somos Escola Verde!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celebramos o día mundial do medioambiente. O Comando Verde quérevos dicir algo importante a través deste vídeo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut