Skip to Content

Novas

DÍA DO LIBRO

Neste curso, o 23 de abril, DÍA DO LIBRO, coincide na fin de semana, pero non por iso, deixamos de conmemorar esta data tan significativa dentro do ámbito lector.

Dende a comisión de biblioteca, propuxemos algunhas suxestións para traballar arredor desta data.

 

ALGÚNS EXEMPLOS DE ACTIVIDADES FEITAS:

MAPA MUNDI DA PROPOSTA "A VOLTA AO MUNDO EN 80 LIBROS"

 

LECTURA POR PARTE DUNHA MESTRA A UN GRUPO DE CRIANZAS DOUTRO CURSO:

MARCAPAXINAS LISTOS PARA SER REPARTIDOS AOS COMPIS QUE TOCOU EN SORTEO:

"21 DÍAS CO GALEGO+" RETO CONSEGUIDO!!

O "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", compartimos un video de agradecemento a toda a comunidade educativa polo éxito na nosa primeira edición de "21 días co Galego+". Farémosvos a entrega do agasallo hoxe mesmo!! Velaquí unha imaxe do PREMIO-AGASALLO

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

HOXE TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS ACOMPAÑARON A BRIGADA DE BOMBEIROS FORESTAIS DA XUNTA DE GALICIA PARA AXUDARNOS A PLANTAR NOVAS ÁRBORES NO NOSO PATIO E IR CONSEGUINDO, CO TEMPO, MÁIS SOMBRAS ENTRE OUTRAS COUSAS.

O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA AXUDARON  NA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS, MENTRES QUE O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL PLANTARON CARBALLOS.

PERO TAMÉN AS CRIANZAS DE 4º DE PRIMARIA APORTARON A SÚA COLABORACIÓN, PERO NESTE CASO, PLANTANDO ROBLE AMERICANO EN TERREOS EXTERIORES AO CENTRO, DOS QUE PODERÁN GOZAR CALQUERA VECIÑ@ DO CONCELLO, CANDO SE ACERQUEN Á CONTORNA DA PISCINA MUNICIAPAL DE TEO.

FOI UNHA XORNADA CALUROSA PERO BEN PEDAGÓXICA E LÚDICA, ONDE AS CRIANZAS COLABORARON EN FACER UN BENECIFIO PARA O MEDIO AMBIENTE EN XERAL, E O SEU PATIO EN PARTICULAR.

AGRADECER Á BRIGADA POLO SEU TEMPO E POLA SÚA DEDICACIÓN, E TAMÉN POR REFRESCARNOS NUNHA MAÑÁ DE MOITA CALORSorrisoGuiño

PROMETEMOS COIDAR DAS ÁRBORES PARA QUE MEDREN MOITO!!

 

(Preme na foto para visualizar ao alumnado de 4 noutras moitas)

(Preme na foto para ver ao alumnado de primaria facendo a plantación)

(Preme na foto para ver máis do alumnado de infantil plantando)

DÍA DA POESÍA

Outra conmemoración recollida no calendario escolar e dentro das propostas da biblioteca,  é o DÍA DA POESÍA.

Quixemos, nesta ocasión, darlle a palabra aos versos, ás rimas, á armonía,... xunto coa natureza.

A proposta era escoller unha árbore do patio e xunto a ela, dialogar da súa importancia (limpan o aire que respiramos, dan sombra, serven de cabixo a paxaros, dan madeira para facer mobles e xoguetes entre outras moitas) e logo lerlle un poema, que seguro lles gustaría e lle axudará a medrar moito máis.Sorriso

 

                     (CLICAR NA IMAXE PARA ACCEDER A MÁIS FOTOS DESTA PROPOSTA)

MÁIS PRENSA

Houbo diferentes grupos de alumn@s quenes traballaron arredor da prensa, un texto de uso social, que agora se segue case en formato dixital, e moitas das nosas crianzas xa non identifican os xornais.

Nesta ocasión, comparto un exemplo de como traballaron sobre este texto, un grupo de 6º de primaria, quenes a partir de titulares de prensa fixeron as súas creacións e/ou novos titulares en positivo.

     clicar na imaxe para visualizar outros traballos

RECICLAXE DE MALAS NOVAS

Anxo Moure visitou o CEIP da Ramallosa. Por que?

Pois grazas á colaboración co Consorcio editorial, o "carballo con botas", que así se presentou, veu pasar unha xornada no colexio para facer un taller de reciclaxe de papel.

Esta actividade, da cal gozaron, alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, baseábase en transformar as noticias malas/ negativas en amor; nun corazón. Pero unha proposta estivo adornada de historias dos carballos, verbas de respeto, de rexeitamento a todo tipo de guerras e inxustizas.

Para iso, a pasada semana da prensa, estivemos traballando sobre este texto de uso social, e o alumnado buscou noticias negativas que hoxe, mediante a reciclaxe, convertiron nun CORAZÓN. Porque a "Papeliño", que así se chamaba a personaxe que acompañaba ao noso escritor, contantos, pacifista, ecoloxista,..., Anxo Moure, non lle gustaba a violencia, os gritos, as guerras, os insultos,...; solo lle gustaba a Paz, o amor, a tolerancia,... VALORES propicios para cambiara o mundo con corazón.

Finalmente a sesión remataba con ledicia e baile ao ritmo dos compases dunha pandeireta.

E tamén aproveitamos para que o alumnado de 2º, lle fixera unha entrevista no noso estudio de radio escolar Ramalloseir@s, e Anxo aceptou encantado.

GRAZAS CARBALLO CON BOTAS POR ENSINARNOS A RECICLAR E COIDAR O NOSO ENTORNO E O NOSO PLANETASorriso

     CLICAR NA IMAXE PARA VISUALIZAR MÁIS FOTOS

     

Preme na imaxe para escoitar a entrevista a "Anxo Moure" en "Radio Ramalloseir@s"

"A CABALEIRA"

Día 8 de marzo, "DÍA DA MULLER"; unha conmemoración dentro das prospostas escolares. Neste curso, aínda que non houbo unha proposta conxunta a nivel centro, si houbo traballo por aulas sobre esta temática (exemplo: uns banderíns coa data conmemorativa e creacións de mulleres importantes para as crianzas, debuxo do símbolo feminino / carteis con fotografías de mulleres importantes,...)

Pola outra parte, o alumnado de 2º e 6º de primaria tivo a boa sorte de gozar dunha estupenda obra de teatro, neste día especial, como é o DÍA DA MULLER.

"A CABALEIRA", era o título da obra, dirixida por Xurxo Barcala e interpretada por Miguel Guido e Beatriz Bravo,para un grupo de alumnado que gozou da peza.

Puxeron enriba do escenario o papel da muller na época medieval cando os reinos, por tradición, eran governados polos fillos baróns.

Máis neste caso, un rei tiña unha filla que non podía gobernar, e ademais non lle gustaba bailar, nin coser, nin pintar,... solo montar a cabalo. O rei viuse na situación de sacar un concurso para os cabaleiros; aquel que fose o máis valente, gobernaría o reino e casaría coa súa filla.

Aquela idea non lle gustaba nada á rapaza, polo que fíxose pasar por un cabaleiro, loitou contra outros cabaleiros, e foi a gañadora; a cabaleira máis valente.

Polo que o rei tivo que cumprir o prometido e foi así como a filla conseguiu o reinado e "casar consigo mesma", pois ademais ela non quería casar con ninguén.

  http://medievandalos.com/

  

A Cabaleira_Teatro

 

8M - Día Internacional da Muller

Como ben sabedes, o luns reivindicamos o "Día Internacional da Muller"

Aquí vos deixamos un SYMBALOO, con recursos para traballar contidos educativos relacionados con esta temática.

Premede na imaxe!!

8M_Día Internacional da Muller

Por que? E por que o 8 de marzo?

Esta data elixiuse para conmemorar dúas importantes folgas de traballadoras que se produciron en 1857 e 1908. Considérase que ambas ocorreron un 8 de marzo!!

A primeira delas protagonizárona as mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York. Naquela época, a maioría de empregados do sector eran mulleres, que traballaban máis de 12 horas diarias cun salario moi baixo, no cal, ademais, existía unha gran brecha salarial.

As xornadas laborais esgotadoras e estas pésimas condicións de traballo, fixeron que as mulleres organizasen unha folga. Organizaron unha marcha pola cidade para reivindicar os seus dereitos, aínda que o que recibiron foi unha gran represión por parte da policía.

En 1908 produciuse outra revolta en Estados Unidos. Neste caso, 40.000  costureras de moitas grandes fábricas do país declaráronse en folga para reclamar a igualdade de dereitos, entre outras reivindicacións. 

Nunha delas,  Cotton Téxtil Factory, en Washington  Square, ocorreu unha traxedia. Os donos desta empresa pecharon as portas das fábricas onde se atopaban as mulleres. O suceso tráxico produciuse por un incendio nese edificio, o que provocou a morte de 120 mulleres. 

Desde 1911 celébrase o Día da Muller Traballadora, aínda que non foi ata 1975 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas establecese este día como o "Día Internacional da Muller". 

Por sorte, temos avanzado moito nesta loita. Especialmente, na maioría dos paises "desenvolvidos".

Pero compre seguilo a facer! Buscando un mundo mellor en todos os paises e culturas do planeta! No que os dereitos de todos os homes e mulleres camiñen á par.

 

COMUNICADO DAS MULLERES DO CEIP DA RAMALLOSA POLO 8M

Estimadas familias: O luns 8 de marzo é o “Día da Muller”, data na que se intenta visibilizar a desigualdade social que sufrimos as mulleres. Este ano é aínda máis importante destacar as innumerables discriminacións que estamos a sufrir, agravadas claramente durante a pandemia. O corazón pídenos secundar a folga convocada para ese día, máis somos conscientes que na situación actual é moi complexo e podemos poñer en risco a seguridade que tanto esforzo nos custou este curso acadar no centro. Por iso, a maioría das traballadoras do colexio decidimos acudir ao noso posto de traballo a pesares de apoiar totalmente a convocatoria, e queremos deixar constancia do noso sentir. Desenvolveremos unha xornada escolar segura pero ao mesmo tempo activa, con achegas didácticas que axuden a seguir, paso a paso, construíndo unha sociedade máis xusta. Cuestións que ademais forman parte do currículum e que como ben sabedes tratamos de abordar transversalmente e continuamente no día a día na nosa tarefa educativa.

 

Neste curso, aínda que non houbo unha proposta conxunta a nivel centro, si houbo traballo por aulas sobre esta temática (exemplo: uns banderíns coa data conmemorativa e creacións de mulleres importantes para as crianzas, debuxo do símbolo feminino / carteis con fotografías de mulleres importantes,...)

Pola outra parte, o alumnado de 2º e 6º de primaria tivo a boa sorte de gozar dunha estupenda obra de teatro, neste día especial, como é o DÍA DA MULLER.

"A CABALEIRA", era o título da obra, dirixida por Xurxo Barcala e interpretada por Miguel Guido e Beatriz Bravo,para un grupo de alumnado que gozou da peza.

Puxeron enriba do escenario o papel da muller na época medieval cando os reinos, por tradición, eran governados polos fillos baróns.

Máis neste caso, un rei tiña unha filla que non podía gobernar, e ademais non lle gustaba bailar, nin coser, nin pintar,... solo montar a cabalo. O rei viuse na situación de sacar un concurso para os cabaleiros; aquel que fose o máis valente, gobernaría o reino e casaría coa súa filla.

Aquela idea non lle gustaba nada á rapaza, polo que fíxose pasar por un cabaleiro, loitou contra outros cabaleiros, e foi a gañadora; a cabaleira máis valente.

Polo que o rei tivo que cumprir o prometido e foi así como a filla conseguiu o reinado e "casar consigo mesma", pois ademais ela non quería casar con ninguén.

  http://medievandalos.com/

  

 

A Cabaleira_Teatro

 

Visita outras actividades de aula premendo nas seguintes imaxes!!

 

"21 días co Galego e+"

 

 

 

Vén para quedar!! Esta semana, en concreto, o luns 7 DE MARZO, botamos a andar no centro a nosa primeira edición dos 21 Días co Galego e +. Un programa que dende o ano 2013 busca aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego no alumnado dos centros de ensino e, sobre todo, a consideración que temos sobre a nosa lingua. Nos últimos anos a iniciativa non deixou de medrar, dende as primeiras edicións nas que a actividade se limitaba ao IES da Pobra do Caramiñal, ata a actualidade, na que participan unha ducia de centros de todo o país, contando co impulso da Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Na edición 2022 de 21 Días co Galego e + participan 4000 alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria de 12 centros de ensino!! E nos sumaremos 364 máis!!

Nesta edición, ademais, As Tanxugueiras cobran un especial protagonismo nun programa que este ano ten como lema "Creando en galego no século XXI", como destaca Pilar Ponte, profesora e creadora da iniciativa. "Elas encarnan o espírito dese “creando en galego no século XXI”. Nelas temos os valores da nosa terra, temos creación feita por mulleres e homes galegos/as, temos o orgullo da nosa lingua e cultura... Unha reivindicación a todos os niveis!! 

E sabes o porqué deste reto dos 21 días??

Segundo diversos estudos científicos, o cerebro non asimila os cambios de golpe, faino de forma gradual. É por isto polo que algúns especialistas din que debemos repetir o mesmo "xesto" durante 21 días para que o cerebro o asimile na nosa parte consciente, convertindo este nun aprendizaxe e finalmente e facendo del un hábito.

Esta teoría dos 21 días foi descrita en 1960 polo psicólogo “Maxwell Maltz”, soado cirurxián plástico da Universidade de Columbia, e autor de 'A  Psicocibernética'.

Tamén é verdade que existen outras teorías que aseguran que necesitariamos 66 días. E outras que din que nin unha cousa nin outra. Pero o caso é que nos parece unha forma divertida de fomentar que usemos un pouquiño máis nosa fermosa lingua nai, o galego.

En todo caso, o obxectivo da actividade é promover especialmente durante estos 21 días, o uso do galego entre os cativos dunha maneira lúdica e positiva. Sen imposicións e ningún tipo de discriminación!! Pero fomentando un maior uso normalizado da nosa lingua e a aceptación da nosa identidade cultural. Que por desgraza ás veces segue a ter connotacións negativas e certos complexos que deberían estar superados. Ou simplemente, o poder das novas tecnoloxías e contidos infantís en español levan á perda do galego como lingua nai.

Aquí vos deixamos unha mensaxe das Tanxugueiras para animarvos ao reto!!

Preme neste enlace para descargar a táboa de control e completar o reto!!

 

 

PROBA SUPERADA!! GRAZAS A TOD@S!!

O "Equipo de Dinamización da Lingua Galega", compartimos un video de agradecemento a toda

a comunidade educativa polo éxito na nosa primeira edición de "21 días co Galego+".

Farémosvos a entrega do agasallo hoxe mesmo!! Velaquí unha imaxe do PREMIO-AGASALLO

 

COMPARTIMOS COMO SEMPRE, ALGUNHAS PROPOSTAS NAS QUE ANDIVEMOS TRABALLANDO:

- EN ED. INAFNTIL, INICIAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE SE PROPUXO A NIVEL DE CENTRO DENDE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, PARA DINAMIZAR E FOMENTAR O USO DO GALEGO, DA NOSA LINGUA; "21 PALABRAS EN GALEGO". ESTA INICATIVA XURDIU DA PROPOSTA "21 DÍAS EN GALEGO", IMPULSADA POLO DEPARTAMENTO DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, NO QUE PARTICIPAMOS O CURSO PASADO. NESTA OCASIÓN, CENTRARÉMONOS EN RECOLLER 21 RELACIONADAS CO TEMÁTICA DO TRAXE TRADICIONAL, OS INSTRUMENTOS MUSICAIS E AS FOLIADAS.

       

 

Velaquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade "Palabras Fermosas do Galego" escollidas polo alumnado do centro durante os 21 días co Galego.

VIVA O ENTROIDO!

ESCOITEN SEÑORAS E SEÑORES

CHEGOU A DATA DO ENTROIDO,

E DENDE O COLE DA RAMALLOSA

NON ESQUECEMOS TAL FESTA FERMOSA!

 

Pois si, chegou outro ano máis o entroido, e aínda que a situación pandémica mellorou non puidemos facer esa gran festa que no noso colexio se tan acostumado. Máis non quixemos deixar pasar esta data sen festexar un evento tan importante para nós.

Tivemos o espectacular desfile de disfraces, actuacións musicais, bo tempo e gañas de troular. Que máis puidemos pedir!!!

Sen esquecer que durante a semana, cumprimos cos mandatos do meco, para ir ambientando a semanaSorriso

Tamén puxemos á vosa disposición recursos educativos a esgalla para aprendermos cousiñas do entroido.

 

As nosas TANXUGUEIRIÑAS, RAYDEN, GALEGOS TROUPE... Un feixe de Artisteo no noso Entroido!!

 

- PREMEDE NAS SEGUINTES IMAXES PARA VER MÁIS COUSIÑAS -

Distribuir contido


by Dr. Radut