Skip to Content

"A CABALEIRA"

Día 8 de marzo, "DÍA DA MULLER"; unha conmemoración dentro das prospostas escolares. Neste curso, aínda que non houbo unha proposta conxunta a nivel centro, si houbo traballo por aulas sobre esta temática (exemplo: uns banderíns coa data conmemorativa e creacións de mulleres importantes para as crianzas, debuxo do símbolo feminino / carteis con fotografías de mulleres importantes,...)

Pola outra parte, o alumnado de 2º e 6º de primaria tivo a boa sorte de gozar dunha estupenda obra de teatro, neste día especial, como é o DÍA DA MULLER.

"A CABALEIRA", era o título da obra, dirixida por Xurxo Barcala e interpretada por Miguel Guido e Beatriz Bravo,para un grupo de alumnado que gozou da peza.

Puxeron enriba do escenario o papel da muller na época medieval cando os reinos, por tradición, eran governados polos fillos baróns.

Máis neste caso, un rei tiña unha filla que non podía gobernar, e ademais non lle gustaba bailar, nin coser, nin pintar,... solo montar a cabalo. O rei viuse na situación de sacar un concurso para os cabaleiros; aquel que fose o máis valente, gobernaría o reino e casaría coa súa filla.

Aquela idea non lle gustaba nada á rapaza, polo que fíxose pasar por un cabaleiro, loitou contra outros cabaleiros, e foi a gañadora; a cabaleira máis valente.

Polo que o rei tivo que cumprir o prometido e foi así como a filla conseguiu o reinado e "casar consigo mesma", pois ademais ela non quería casar con ninguén.

  http://medievandalos.com/

  

A Cabaleira_Teatro

 



page | by Dr. Radut