ENCONTRO CON MARÍA CANOSA
A escritora María Canosa volveu ao noso centro para manter un encontro coas crianzas de 4º EP, sobre o libro "RUBICUNDO".ed, Xerais, unha historia que estiveron lendo ao longo do 2º trimestre, que lles cautivou e @s mantivo enganchados ata o desenlace final.
(clica na seguinte imaxe de María para visualizar máis)
Aproveitouse a visita para que María puidese comentar tamén coas crianzas de 3ºEP, sobre outra historia súa, neste caso falamos do conto "LOBO RAMÓN: A VIDA É UNHA FESTA", ed. OQUELEO.