Skip to Content

PREMIO DOBRE NO "V CERTAME: AS IMAXES DO PATRIMONIO" (Ponte nas Ondas)

Esta semana comunicáronnos o fallo do xurado no "V Certame: Imaxes do Patrimonio Galego-Portugues" organizado por "Ponte nas Ondas".

É un orgullo para nós comunicarvos que recibimos os seguintes premios:

- "1º premio de fotografía": Yoel Ares Gómez "A emigración: A radio"

- Premio ao "Mellor programa de Radio Escolar", no concurso de Podcast do mesmo Certame.

Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.

Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.

Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable. 

Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.

Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe. 



page | by Dr. Radut