Skip to Content

LIMPANDO O PATIO DE XOGO

O outono chegou e no noso cole puidemos aprecialo no parque onde xoga o alumnado de infantil, pois todo o chan se cubriu de follas. Pero iso, supuxo para as nosas crianzas toda unha diversión, un reto lúdico, no que se empregaron a fondo: rastrillar as follas, cargar nas carretas e transportalas ata o composteiro (que se atopa a bastante distancia, no patio dos maiores). Contribuíndo á limpeza do seu espazo de xogo e a facer compos para o noso horto.

  

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut