Como ben sabedes, este ano, para a elaboración da portada e contraportada do noso habitual "Calendario Solidario", lanzamos un "concurso de carteis" entre o alumnado a través do noso Proxecto de Centro deste ano "ECOTEO". Ben, pois xa temos gañador e finalistas!!
Aproveitamos este post para pedir de novo desculpas pola erro que houbo na publicación impresa do mesmo. Como xa informamos a través da nota informativa enviada ás familias, na contraportada do calendario cometemos un erro ao asignarlle un accesit do concurso de carteis ao alumno Martiño Amigo González, cando realmente o finalista foi Martiño Iglesias Esporas de 2º EP. Por suposto, a versión online que publicamos a continuación está corrixida.
Xa podedes saber cales foron as ilustracións escollidas! Temos que dicir que foi moi complicado facer a selección, pois eran moi boas todas! Así que, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega felicitámosvos a tod@s e dámosvos as grazas pola gran cantidade de obras presentadas a concurso. Un éxito de participación!!
Igual que todos os anos, a recadación feita a través da venta deste calendario, irá íntegra ao "Banco de Alimentos" do noso Concello.
- Ver OBRA GAÑADORA e ACCESIT´S, aquí
- Ver CALENDARIO SOLIDARIO 2019, aquí: