Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente no noso Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

O calendario de renovación, establece unha serie de actuacións indicadas nesta Circular1. As que se deselvolverán nas próximas datas son:

  • 28 de outubro - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro do documento no que se indica a data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)
  • 2 de novembro - Sorteo público, ás 12:00 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes). Envío das citacións para a constitución da Xunta Electoral.
  • 3 de novembro - Resultado do sorteo. Clicade AQUÍ para ver os membros designados para formar marte da Xunta Electoral.
  • 8 de novembro - 1ª reunión da Xunta Electoral ás 13:30 na Dirección do CEIP Plurlingüe da Ramallosa.
  • Do 10 ao 18 de novembro - Presentación das candidaturas. MODELO
  • 15 de novembro - CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS.
  • 18 de novembro - Remata o prazo para presentar candidaturas.
  • 22 de novembro - 2ª reunión da Xunta Electoral na que se proclamaron os/as CANDIDATOS/AS dos pais/nais, aprobáronse as papeletas para as votacións e sorteáronse os integrantes (titulares e suplentes) que conformarán a Mesa electoral (avisados por mail)
      • Listaxe de candidatos/as:
        • Bolaño Pampín, Paula.
        • Boquete Vidal, Felipe.
        • Cacharrón Sánchez, Carlos
        • Castro Costa, Mª Belén
        • Gómez Becerra, Amaya
        • Iglesias Rodríguez, Mª Carmen
  • Do 18 ao 25 de novembro - Campaña electoral
  • 29 de novembro - Votación na Sala de mestres do cole de 17:00h ás 20:00h.
  • Resultados das votacións. As candidaturas que saíron elexidas foron:
    • Amaya Gómez Becerra con 32 votos
    • Paula Bolaño Pampín con 7 votos

SUPLENTES:

    • Felipe Boquete Vidal con 6 votos
    • Mª Belén Castro Costa con 5 votos
    • Carlos Cacharrón Sánchez con 5 votos
    • Mª Carmen Iglesias Rodríguez con 2 votos

Podedes consulta a ACTA da votación.

Queremos dar as gracias aos candidatos/as por presentarse ás votacións e a todos/as os/as que vos achegáchedes ata o centro a votar ese día.

 

Equipo Directivo



page | by Dr. Radut