Skip to Content

Blogue de Mónica

APADRIÑAMENTO LECTOR

TAMÉN APROVEITAMOS O BO DÍA DE HOXE PARA FACER O "APADRIÑAMENTO LECTOR" QUE SUSPENDERAMOS POR CAUSA DO MAL TEMPO.

ESTA ACTIVIDADE GÚSTALLES MOITO; SOBRE TODO, @S PEQUEN@S QUE ESTÁN DESEXOSOS DE SABER QUE MAIOR LLE VAI LER UN CONTO!!!

  

POEMAS E ÁRBORE

APROVEITAMOS O BO TEMPO PARA LEVAR A CABO AS ACTIVIDADES PENDENTES DO DÍA DO LIBRO, ENTRE ELAS PENDURAR OS POEMAS CREADOS DA ÁRBORE QUE NOS TOCASE NO PATIO. AÍNDA NON SABEMOS O SEU NOME, ALGÚNS PENSAN QUE É UN PINO, PERO TEMOS QUE COMPROBALO EN LIBROS DE INFORMACIÓN, QUE FAREMOS OUTRO DÍA.

    ESPERAMOS QUE Á ÁRBORE LLE GUSTEN OS NOSOS POEMAS, COIDARÉMOLA E DIRÉMOSLLE COUSAS BONITAS PARA QUE MEDRE MÁIS!!!!

    

     

CANTOS NENOS E NENAS SOMOS

HOXE XURDIU UNHA CUESTIÓN CANDO O ENCARGADO ESTABA RECOLLENDO OS NOMES D@S COMPAÑEIR@S, POIS PROPÚXENLLE RECOLLER O NOME DAS NENAS E LOGO O DOS NENOS. FIXO O RECONTO DO NÚMERO DE NENAS, ERAN 10. ENTÓN, ¿CANTOS NENOS SODES SE TODOS XUNTOS COMO GRUPO SON 16? TIÑA A RESPOSTA CLARA, SON 6 NENOS

LOGO PUXERONSE POR PARELLAS DE NENOS E NENAS E DERONSE CONTA QUE FALTARÍAN 4 NENOS PARA QUE TODAS AS PARELLAS TIVESEN PARIDADE.

ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL

NESTE MES DE ABRIL, FORON CATRO COMPAÑEIR@S QUENES ESTIVERON DE ANIVERSARIO; XA TEÑEN 6 ANOS, E QUEIXERON COMPARTIR UNHA MERENDA CON TOD@S.

   ¡¡¡¡¡ MOITOS PARABÉNS PAULA, AROA, BETTY E DIEGO!!!!!

AS NOSAS PETICIÓNS COMO CIDADÁS E CIDADÁNS

O DOMINGO 28 DE ABRIL CELÉBRANSE AS ELECCIÓNS.

PARA QUE SON? QUE É VOTAR?

APROVEITANDO A OCASIÓN, FALAMOS COMO SE FAI ESTE PROCESO DE VOTACIÓN E, COMO CIDADÁNS E CIDADÁS CON VOZ PERO SEN VOTO, FIXERON AS SÚAS PETICIÓNS A QUENES TOQUE GOBERNAR PARA MELLORAR O SEU MUNICIPIO E TAMÉN A NIVEL MUNDIAL.

¡¡¡ESCOITEN, PIDEN BOAS PETICIÓNS E TÉÑENO BEN CLARO!!!!

 

FAMILIA DO NÚMERO 20 CON UNIDADES E DECENAS

APROVEITANDO QUE ESTES DÍAS DO MES SON DA FAMILIA DO NÚMERO 20, ESTIVEMOS REPRESENTANDO CON UNIDADES E DECENAS OS NÚMEROS DENDE O 20 ATA O 29. AO TEMPO QUE, ALGÚN TIÑA QUE COMPROBAR CANTO ERA UNHA DECENA:POÑENDO TANTOS PAUS COMO INDICA CADA NÚMERO E LOGO FACENDO GRUPOS DE 10 UNIDADES).

 

 

APROVEITAMOS PARA TRABALLAR O CONCEPTO "MAIOR QUE" E "MENOR QUE" TENDO AS CANTIDADES COMO REFERENTE PARA QUEN O PRECISARA. AS VECES DABASE DÚAS CANTIDADES E TIÑAN QUE POR O SIGNO, OUTRAS SO SE DABA UN NÚMERO E O SIGNO E TIÑAN QUE POR UN NÚMERO QUE CONSIDERASEN OU DAR O SIGNO E ELEXIR DOUS NÚMEROS QUE CUMPLISEN COA INDICACIÓN DO SIGNO


PARALELAMENTE TAMÉN SE ÍAN REPRESENTANDO OS NÚMEROS CON REGRETAS, CADA UN/UNHA DO XEITO QUE CONSEGUÍA OU QUERÍA.

TENDO EN CONTA A DIVERSIDADE DE NIVEIS MADURATIVOS, HAI NEN@S QUE XA COMPRENDEN ESTA ACTIVIDADE E SON CAPACES DE BUSCAR DISTINTAS ALTERNATIVAS DE CONSEGUIR UNHA CANTIDADE, SEN EMBARGO, AÍNDA HAI QUEN NON ACADOU DITO NIVEL MADURATIVO, POLO QUE COMPROBAMOS CAL ERA O VALOR DE CADA REGRETA ASOCIANDO COA SÚA COR.

 

INCLUSO UNHAS NENAS COLLERON O CUADRANTE DO 100 E FORON CONTANDO DE 10 EN 10 COAS REGRETAS FACENDO VARIAS ALTERNATIVAS DE SUMAR A CANTIDADE DE 10.

 

OBRADOIRO DE "XOGOS DO MUNDO"

GRAZAS Á COLABORACIÓN DO CONCELLO, A EMPRESA DE OCIO E TEMPO LIBRE "OS BIOSBARDOS", SITUADA EN BERTAMIRÁNS, OFRECEU AO ALUMNADO UNHA SESIÓN DE DISTINTOS XOGOS TRADICIONAIS DO MUNDO COS QUE FOMENTAR A IMAXINACIÓN, O INXENIO, A CREATIVIDADE, O RAZONAMENTO,  MOTICIDADE FINA, ENTRE OUTROS OBXECTIVOS PEDAGÓXICOS. PERO O MÁIS IMPORTANTE É O XOGO QUE LLES PROPORCIONA O MATERIAL QUE LLES OFRECÍAN, CO QUE GOZARÁN E SE ENTUSIASMARON.

   ¡¡¡¡¡ GRAZASSSSSSSSS!!!!!

 

 

 

 

POEMAS VEXETAIS

OUTRA ACTIVIDADE QUE SE PROPUXO DENDE BIBLIOTECAS ESCOLARES RELACIONADA COA POESÍA E CO PROXECTO "ECOTEO", ERA CREAR POEMAS RELACIONADOS COA NATUREZA, CON DIVERSOS FORMATOS E EXTENSIÓN, QUE LEVABA POR TÍTULO "VERSOS VEXETAIS"

NO GRUPO DE 6º B DE INFANTIL, PENSAMOS E ANOTAMOS UNHA CHUVIA DE PALABRAS RELACIONADAS COA NATUREZA E LOGO CADA NENO E NENA ESCOLLÍA UNHA PALABRA ENTORNO A CAL SE ELABOROU UN POEMA DE CATRO ESTROFAS OU UN PAREADO.

 

A POESÍA NON SOE SER UN TEXTO QUE SE TRABALLE MOITO NA ETAPA INFANTIL, E EN XERAL, TAMPOUCO NOUTROS CURSOS, SEN EMBARGO, SOE GUSTAR MOITO. PARA AXUDARLLES A CREAR O  POEMA A CADA UN, PARTIMOS DE PREGUNTAS ( POR QUE CHE GUSTA? A QUE CHE RECORDA?,..) OU DE FÓRMULAS FEITAS ("SE TI FORAS ... QUE FARÍAS?"), DE XEITO QUE VAN XURDINDO IDEAS QUE FACILITAN IR CREANDO E COMPOÑENDO O POEMA DE XEITO PERSONALIZADO.

O RESULTADO FOI MOI SATISFACTORIO, NORABOA NENOS E NENAS!!!!!!!!

 

 

"POESÍA POR UN TUBO"

DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO SE PROPUXO UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA COA POESÍA, CO NOME DE "POESÍA POR UN TUBO". COMO O SEU NOME INDICA, TRATABASE DE RECOLLER NUN TUBO, POEMAS NA SÚA DIVERSIDADE DE FORMATO E TEMÁTICA, COMO EXCUSA PARA LER E TRABALLAR ESTE TIPO DE TEXTO.

NA NOSA AULA, 6º B DE INFANTIL, LEMOS DOUS LIBROS QUE NOS ENCANTARON; RIMAS E MENTIRAS.

 

POSTERIORMENTE, CADA UN/UNHA ESCOLLEU UN POEMA QUE ILUSTROU PARA COLOCAR NO TUBO.                               ¡¡¡¡CHULÍSIMOS!!!!

ESTE TUBO INTERCAMBIARASE ENTRE AS AULAS DO CICLO, PARA DESFRUTAR DO TRABALLO D@S COMPAÑEIR@S.

 

 

DOBLES E METADES

COMEZAMOS A INTRODUCIR O CONCEPTO DE DOBLE E METADE DUN NÚMERO APROVEITANDO AS RUTINAS. @ ENCARGAD@ DE CADA DÍA, DESPOIS DE MARCAR A DATA NO CALENDARIO, CALCULA O DOBLE DO DÍA QUE CORRESPONDA.

ALGÚN XA CALCULA MENTALMENTE, OUTR@S CONTAN COS DEDOS E OUTROS PRECISAN MANIPULAR E CONTAR DIFERENTES MATERIAIS, ADAPTÁNDOSE AO NIVEL MADURATIVO DO ALUMNADO. 

E APROVEITANDO AS SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE QUE SE PRODUCEN, INTRODUCÍN UNHA NOVA OPERACIÓN MATEMÁTICA, A MULTIPLICACIÓN, PORQUE A SITUACIÓN SE PRESTABA. SEI QUE NALGÚN CASO AÍNDA NON ESTÁN MADUROS PARA ENTENDER ESTA OPERACIÓN, AÍNDA QUE HAI OUTRO ALUMNADO QUE XA É CAPAZ DE FACER DITO RAZONAMENTO. O IMPORTANTE É QUE ENTENDAN O PROCESO MATEMÁTICO QUE SE PRODUCE E QUE LLES MOTIVA FACELO, TAN SÓ BASTA CON VER ALGUNHAS CARAS DE SATISFACCIÓN; POIS DANSE CONTA QUE ESTÁN FACENDO OPERACIÓNS DE "MAIORES", COMO DI ALGÚN.

 

     

        

         

 TAMÉN SE APROVEITA PARA REXISTAR A OPERACIÓN QUE SE FAI, CADA DÍA UN NÚMERO E O SEU DOBLE, AGÁS O VENRES QUE TAMÉN SE FIXO OS DOUS DÍAS DA FIN DE SEMANA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut