Skip to Content

Blogue de Mónica

COLLEITA DE REPOLOS

ALÓ QUEDOU O 1º TRIMESTRE CANDO FIXEMOS A PLANTACIÓN DE REPOLOS CON INTENCIÓN DE VELOS MEDRAR, DE FOMENTAR O RESPETO E COIDADO DAS PLANTAS, DE COÑECER COMO SE PLANTA, AS SÚAS PARTES, ARRANCÁMOSLLE AS MALAS HERBAS,... TOCOU AGORA RECOLLER OS FROITOS, AS CONDICIÓNS DA TERRA E DO LUGAR NON AXUDARON MOITO AO CRECEMENTO DESTA HORTALIZA, MÁIS O ALUMNADO SEGUIU O PROCESO. ADEMÁIS ATOPAMOS UN GRAN VERME QUE ANDABA A COMER AS FOLLAS DAS VERDURAS, VIRON COMO AS RAÍCES ESTABAN BEN SUXEITAS Á TERRA PORQUE ESTABAN DURAS DE ARRANCAR, ANDIVERON A TOCAR E MANIPULAR A TERRA FRESCA,...

APROVEITAMOS PARA LEVARLLE A PRODUCIÓN Á COCIÑEIRA ELENA PORQUE FARÁ CON ELA UN CREMA XUNTO COAS OUTRAS VERDURAS DAS OUTRAS AULAS.

GRAZAS ELENA SEGURO QUE ESA CREMA A COMERÁN CON GRAN ILUSIÓN!!!!

 

     

CLASIFICACIÓN DE IMAXES DE FIGURAS

SEGUIMOS FOMENTANDO O RAZONAMENTO LÓXICO, ESTA VEZ CLASIFICANDO IMAXES DE ELEMENTOS REAIS COA FORMA OU CORPO XEOMÉTRICO CORRESPONDENTE. ADEMAIS APROVEITAMOS PARA RECORDAR OS NOMES DAS FORMAS E INTRODUCIR OS DOS CORPOS XEOMÉTRICOS: ESFERA, CILINDRO, PIRÁMIDE

 

CONTACONTOS CON SERGIO CASTRO

NESTE OCASIÓN TIVEMOS A SORTE DE TER UN CONTACONTOS ESPECIAL, SERGIO,  IRMÁN DE RAÚL, QUE MANIFESTARA ILUSIÓN DE VIR Á AULA LER UN CONTO AOS NEN@S DE INFANTIL. ESCOLLEU PARA A OCASIÓN A HISTORIA DO "REY LEÓN" QUE ESCOITARON CON MOITA ATENCIÓN.

A RAÚL FÍXOLLE MOITA ILUSIÓN QUE VIÑASE SEU IRMÁN Á AULA E AOS DEMAIS TAMÉN LLES GUSTOU. POLA SÚA PARTE, SERGIO DIXO SENTIRSE MOI BEN PORQUE ESTIVERAN CALADOS E ATENDERAN, POIS NA SÚA AULA, OS SEUS COMPAÑEIROS FALABAN MOITO.

GRAZASSSSSSSSSSSSSSSSS!!!!!!!

FACENDO SERIES

ANDIVEMOS A FACER SERIES QUE AXUDAN A FOMENTAR O RAZONAMENTO LÓXICO, O PENSAMENTO ABSTRACTO, ENTRE OUTROS.

         

E A ESTRUCTURA DUNHA SERIE DERIVOU NUNHA SUMA DE SUMANDO IGUAIS E CONLEVOU A INTRODUCIR O TERMO DA MULTIPLICACIÓN APROVEITANDO DITA SITUACIÓN, QUE XEROU ILUSIÓN NA CARA DALGÚN NEN@ AO DESCUBRIR QUE ESTABAN FACENDO COMO OS SEUS IRMÁNS MAIORES.

O COMENTARIO DALGÚN NENO FOI "PROFE E LOGO DIN EN PRIMARIA QUE OS DE INFANTIL SOLO XOGAMOS E NON FACEMOS NADA, PODÍAN VIR UN DÍA"

CHARLA SOBRE A CONTAMINACIÓN DOS COCHES CON GUSTAVO BOÓ

EU CREO QUE É MOI IMPORTANTE QUE EXISTA UNHA ESTREITA COLABORACIÓN ENTRE A FAMILIA E A ESCOLA PARA O BENESTAR E CRECEMENTO SANO DOS NENOS E DAS NENAS.

NESTA OCASIÓN, HAI QUE AGRADECER A SÚA BOA DISPOSICIÓN A GUSTAVO, PAI DE DIEGO BOÓ, QUE VEU Á AULA A COMPARTIR O SEU SABER NO MUNDO DOS COCHES, PARA FALARNOS DA PROBLEMÁTICA DA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL NESTE CAMPO, MOI RELACIONADO CO NOSO PROXECTO SOBRE RECICLAXE E COIDADO DO ENTORNO.

O ALUMNADO ESTIVO MOI PARTICIPATIVO AO LONGO DE TODO A CHARLA, INTERESÁNDOSE POLO QUE GUSTAVO LLES CONTABA, QUERÍAN CONTAR AS SÚAS EXPERIENCIAS A RAÍZ DO QUE ÍA XURDINDO E DO QUE RECORDABAN, ENTRARON EN CONTACTO CON NOVO VOCABULARIO RELACIONADO CO TEMA DOS COCHES (BATERÍA, RODAS, CHAPAS, FACTORÍA, MOTOR, CAUCHO, PLOMO) E DA CONTAMINACIÓN (CO2, CHUVIA ÁCIDA, GASES, ...), DERON RESPOSTA ALGÚNS INTERROGANTES QUE TIÑAN, DESCUBRIRON NOVOS USOS DAS RODAS DESPOIS DE QUE NON SERVEN E ....

E O QUE MÁIS LLES GUSTOU FOI VER O NOVO COCHE ELÉCTRICO E DESCUBRIR QUE NON FAI RUÍDO. VIRON ONDE SE ENCHUFA E COMO SE FAI, SUBÍRONSE NEL; TODA UNHA GRAN EXPERIENCIA E POLAS CARAS DE ILUSIÓN DO ALUMNADO XA VALEU A PENA!!!

        GRAZAS GUSTAVO POLA TÚA DISPOSICIÓN E POLO TEU TEMPO!!!!!!!!!!

 

   

     

IDENTIFICACIÓN DE DISTINTOS BOCADILLOS NO CÓMIC

SEGUIMOS COA LECTURA DE CÓMICS E O COÑECEMENTO DESTE TEXTO NARRATIVO. NAS DISTINTAS LECTURAS IMOS DESCUBRINDO ONOMATOPEIAS, METÁFORAS, LIÑAS CINÉTICAS, A EXPRESIÓN FACIAL E CORPORAL DAS PERSONAXES, DISTINTOS TIPOS DE BOCADILLOS E, NESTA OCASIÓN XOGAMOS A ASOCIAR CADA BOCADILLO CO USO QUE SE LLES DA PARA AXUDAR A EXPRESAR ALGO NOS CÓMICS.

REPRESENTACIÓN E ANÁLISE DO TEMPO METEREOLÓXICO DE FEBREIRO

TRAS REMATAR UN MES MÁIS, FAIXE UN RECONTO DOS DÍAS E DO TEMPO QUE FIXO AO LONGO DO MES, PARA VER CAL FOI O TEMPO METEREOLÓXICO PREDOMINANTE.

NESTE CASO, TRAS A REPRESENTACIÓN EN BARRAS, VIUSE QUE EN FEBREIRO PREDOMINOU O TEMPO SOLEADO.

CONTACONTOS CON TÍTERES CACHIRULO

A ANPA QUIXO OFRECER AO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA, UN CONTACONTOS SOBRE A MULLER, CONVIDANDO Á COMPAÑÍA DE TÍTERES CACHIRULO. ASÍ O XOVES 7 DE MARZO, COMO ACTIVIDADE PREVIA AO DÍA DA MULLER TRABALLADORA, CONTARON E DRAMATIZARON VARIOS CONTOS NOS QUE A PROTAGONISTA ERA DO SEXO FEMINIMO. ALGÚNS DELES FORON:

 * "ROSA CARAMELO" de ADELA TURÍN- CONTA COMO AS ELEFANTAS ROSAS ESTÁN ENCERRADAS DENTRO DUNHA VALLA SEPARADAS DO RESTO DOS ELEFANTES GRISES. ELAS DEBEN COMER PEONÍAS E ANÉMONAS PARA MANTER A SÚA COR, AINDA QUE A ELEFANTA MARGARITA POR MÁIS QUE COME NON CONSEGUE CAMBIAR A SÚA COR GRIS A ROSA, COMO DESEXAN OS PAIS. ATA QUE UN DÍA CANSA DESA SITUACIÓN E DE COMER FLORES DECIDE SAÍR DA CERCA E MARCHAR A DESFRUTAR COS DESMAIS ELEFANTES GRISES QUE ANDAN LIBRES, COMEN FOLLAS E HERBA FRESCA, DESCANSAN Á SOMBRA DAS ÁRBORES, BÁÑANSE NO RÍO,...     

               DEBEMOS ACEPTARNOS E QUERERNOS COMO SOMOS PARA INTENTAR SER FELICES!!!

 * "ARTUR E CLEMENTINA" de ADELA TURÍN- DÚAS TARTARUGAS QUE SE NAMORAN AÍNDA QUE POUCO A POUCO CLEMENTINA SE VAI CANSANDO DE TER QUE QUEDAR SEMPRE SOLA NA CASA, E NON É FELIZ AÍNDA QUE ARTUR LLE AGASALLE MAIS E MAIS COUSAS QUE A ELA NON LLE GUSTAN. ELA QUERE SAIR A PASEAR, VER MUNDO, PINTAR, ESCOITAR MÚSICA,... UN DÍA, CANSA DAQUELA SITUACIÓN DECIDE MARCHAR PARA A INCOMPRENSIÓN DE ARTUR, QUE CONSIDERABA QUE NON LLE FALTABA DE NADA.   

                        A COUSAS MATERIAIS NON DAN A FELICIDADE!!!

   * "GÚSTAME MARTÍN"- NARRA A HISTORIA DUNHA RAPAZA QUE LLE GUSTABA MARTÍN E FACÍA TODO O POSIBLE PARA QUE EL SE FIXARA NELA: QUITOUSE OS FLORIPONDIOS DA SOLAPA E DO PELO, DEIXOU DE LEVAR AS GAFAS, SOLTOUSE O PELO,.... SEN EMBARGO, MARTÍN SEGUÍA SEN FIXARSE NELA, ATA QUE FINALMENTE ELA DEUSE CONTA QUE LLE GUSTABA SER COMO ERA E NON LLE IMPORTABA QUE AQUEL RAPAZ NON LLE MIRARA E VOLVEU VESTIR COMO ELA QUERÍA E COMPORTARSE SEGUNDO A SÚA FORMA DE SER.   

     DEBEMOS QUERERNOS COMO SOMOS E NON INTENTAR SER OUTRA PERSOA PARA SER ACEPTAD@ POL@S DEMAIS, PORQUE PERDERASE A SÚA PERSONALIDADE E NON SERÁS FELIZ!!!!

 

       

                                      

          

 

DISFRACES CON ENVASES LIXEIROS

DENTRO DO PROXECTO ANUAL DESTE CURSO; "ECOTEO", O ENTROIDO TAMÉN XIROU ARREDOR DA TEMÁTICA DA RECICLAXE.

O ALUMNADO DE INFANTIL TOCOULLE DISFRAZARSE DE REFUGALLO QUE TEN QUE IR NO COLECTOR AMARELO: LATAS, BRIKS, ENVASES E ENVOLTORIOS DE PLÁSTICOS,

CHEGOU O DÍA DO FESTEXO DO ENTROIDO E FORON ESPECTACULARES OS TRAXES QUE LUCIRON @S NEN@S DE INFANTIL COA GRAN COLABORACIÓN DAS FAMILIAS. E DENDE AQUÍ QUERO FACER CHEGAR OS MEUS PARABÉNS E AGRADECEMENTO POR FACER POSIBLE QUE OS SEUS FILLOS E AS SÚAS FILLAS PUIDESEN GOZAR DUNHA XORNADA DE GOCE E DESFRUTE CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DUNHA FESTA POPULAR.

   

       

  

                   

     ENTRANDO NO COLECTOR AMARELO NA CINTA TRANSPORTADA DE RESIDUOS DE ELABORACIÓN PROPIA!!!!!!

              

 

BRIGADAS DE LIMPEZA DO PATIO

DENTRO DO PROXECTO DE ECOTEO, ESTABLECEUSE QUE CADA SEMANA UNHA AULA SERÍA A ENCARGADA DE RECOLLER O LIXO DO PATIO E DEMAIS ENTORNOS DO COLEXIO, PARA FOMENTAR A CONCIENCIACIÓN DA LIMPEZA DO ENTORNO PRÓXIMO.

GUSTOULLES FACER ESTA TAREFA, ATOPAR LIXO FACÍALLES ILUSIÓN, EN CONTRA DO QUE NOS PENSAMOS COMO ADULTOS!!!

ESPEREMOS QUE POUCO A POUCO NON SE ATOPE NIN UN SO PAPEL NO CHAN E ENTRE ELES/ ELAS SE NON O PERMITAN; O FUTURO DO PLANETA ESTÁ EN XOGO

 

                

          

Distribuir contido


by Dr. Radut