Skip to Content

Blogue de Mónica

RECOLLEMOS O FROITO DO TRABALLO E O DEGUSTAMOS

O CURSO PASADO, COA AXUDA DO NOSO ESTUPENDO CONSERXE, PLANTARAMOS UNHA PATACA QUE TROUXERA UNHA COMPAÑEIRA Á AULA, E HAI UNS DÍAS DESCUBRIMOS QUE TIVERA ALGUNHAS NOVOS FROITOS!!!! PERO COMO ERAN POUCAS PLANTEXABASE A CUESTIÓN DE QUE FACER CON ELAS PORQUE NON CHEGABAN PARA REPARTIR. POIS ALGUÉN DIXO DE LEVALAS AO COMEDOR E, ALÁ FOMOS LEVARLLAS Á COCIÑEIRA ELENA, QUE MOI AMABLE NOS ATENDEU E ADEMAIS NOS FIXO A PROPOSTA DE FACERNOS UNHA PATACAS FRITAS PARA MERENDAR AO DÍA SEGUINTE POLO ESFORZO E PARA ANIMARNOS A SEGUIR PLANTANDO. ¡¡¡SIIIII!!! QUE LEDICIA!!

GRAZAS E MIL GRAZAS AO NOSO CONSERXE E AOS NOS@S COCIÑERI@S!!!!

           

 

QUE RICAS ESTABAN AQUELAS PATACAS FRITAS!!! E ADEMAIS ELENA DEUNOS KETCHU E ZUMES

 

XOGANDO COAS FAMILIAS DE NÚMEROS

A MELLOR FORMA DE COÑECER OS NÚMEROS E A SERIE NUMÉRICA E TER QUE MANIPULAMOS CON DISTINTAS PROPOSTAS. NESTA OCASIÓN, O OBXECTIVO ERA ASOCIAR TODOS OS NÚMEROS  QUE SON DA MESMA FAMILIA, É DICIR, OS QUE COMEZAN IGUAL.

UNHA VEZ QUE XA TIÑAMOS COLOCADAS CADA FAMILIA, APROVEITAMOS PARA ORDENALAS TAMÉN. NUN 1º INTENTO, A ORDENACIÓN GUIADA POR UNS CANTOS ALUMN@S FOI LIBRE E O RESULTADO ERA ERRÓNEO. POLO QUE FIXEMOS UN 2º INTENTO, REFLEXIONANDO SOBRE A SERIE NUMÉRICA, POR CAL CIFRA EMPEZABAN OS NÚMEROS EN CADA CASO, E NESTA OCASIÓN CONSEGUIRON RESOLVELO CON ÉXITO.

ESO INDÍCANOS QUE DEBEMOS DAR AO NEN@ AS FERRAMENTAS QUE LLE AXUDEN A RESOLVER UNHA SITUACIÓN E PERMITIRLLE EQUIVOCARSE PARA APRENDER.

 

 

PRACTICAMOS CO LIBRO DE RECICLAXE

ANTES DE VIAXAR ÁS CASAS PARA PODER XOGAR COAS FAMILIAS, FIXEMOS UNHA PROBA PARA QUE TOD@S VISEN COMO DEBÍAN E PODÍAN XOGAR CO LIBRO DE RECICLAXE QUE FOI ELABORADO CO FIN DE MERGULLARNOS NO MUNDO DA RECICLAXE E QUE SE PODE TIRAR EN CADA COLECTOR, TENDO QUE IDENTIFICAR CADA IMAXE CO SEU COLECTOR E TAMÉN ASOCIAR COA PALABRA QUE NOMEA DITA IMAXE.

REPRESENTACIÓN DO Nº 11 CON REGRETAS

APROVEITANDO A DATA DO DÍA, REPRESENTARON O Nº 11 CON REGRETAS.

NUN PRINCIPIO, A IDEA DE TOD@S FOI COLLER 11 REGRETAS CALQUERA E ALGÚNS ORDENAR AS REGRETAS DO DENDE O 1. 

 ANTE ESTA ACCIÓN, EU RECORDEI QUE NON SE TRATABA DE COLLER 11 SENÓN DE REPRESENTAR DITO NÚMERO, POLO QUE ALGUN XA SE DEU CONTA E COLLEU A REGRETAS DE 10 + A DE 1, E PRACTICAMENTE TOD@S FIXERON O MESMO, AGÁS UNHA NENA QUE COLLEU A DE 8 + 3 DE VALOR 1.

EU ACERQUEIME A UN NENO QUE LEVABA ORDENADAS DO 1 AO 4 E PREGUNTEILLE CANTAS LEVABA, PROCEDÍN A CONSULTARLLE AS SUMAS DAS CANTIDADES REPRESENTADAS (1 + 2 + 3 + 4) ENTÓN EL DEUSE CONTA QUE SO FALTABA UNHA REGRETA CON VALOR DE 1 PARA QUE SUMASEN 11. E O MESMO FIXEN CON OUTRA NENA QUE TIÑA 2 REGRETAS ROSAS; PREGUNTEILLE CANTO SUMABAN E CANTO FALTABA (QUE REGRETA DEBÍA POÑER) PARA SUMAR 11.

         

                                            

                                

 

 

              

COMPLEMENTARIOS DO 10

 NESTE XOGO, CADA UN LEVABA UNHA COROA CUN NÚMERO QUE NON SABÍA CAL. TRATÁBASE DE IDENTIFICAR CAL ERA E LOGO BUSCAR A PARELLA COA QUE SUMABA 10. 

- PREGUNTÁBANSE UNS A OUTROS PARA DESCUBRIR QUE NÚMERO TIÑAN

- ALGÚN BUSCABA NO CUADRANTE DO 100, CANTO LLE FALTABA AO SEU NÚMERO PARA CHEGAR A 10, PARA SABER ASÍ CAL ERA O SEU COMPLEMENTARIO

  

  

 

      

                                                                

    

                                              

 

                                                        

DIGAME????

SEGUIMOS A TRABALLAR CO USO DOS NÚMEROS QUE NOS RODEAN. OS NÚMEROS DE TELÉFONO ESTÁN ASOCIADOS A PERSOAS, ORGANISMOS,... E SERVEN PARA IDENTIFICAR  A QUEN QUEREMOS CHAMAR.

PODEMOS DIFERENCIAR ENTRE TELÉFONO FIXO OU MÓBIL. ANDIVEMOS A REPRESENTAR UNHA SITUACIÓN DE CONVERSA ENTRE DÚAS PERSOAS A TRAVÉS DO TELÉFONO PRACTICANDO OS SAÚDOS INICIAIS E AS DESPEDIDAS.

TAMÉN FIXEMOS UN LISTADO DOS NÚMEROS DE TELÉFONO QUE CADA NEN@ APORTABA, E COMPROBARON QUE NÚMEROS DE MÓBILES TODOS COMEZAN POR 6 E QUE TODOS TEÑEN 9 CIFRAS.

TAMÉN APROVEITAMOS PARA FALAR DE COMO ERAN ANTES OS NÚMEROS DE TELÉFONO FIXO, POIS CADA PROVINCIA TIÑA ASOCIADO UN PREFIXO; 982 (LUGO), 981 (CORUÑA) 986 (PONTEVEDRA) E 988 (OURENSE)

PRIMEIRO DÍA DO 2º TRIMESTRE

DESPOIS DAS VACACIÓNS, COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE COA LEDICIA DE VOLVER A ESTAR XUNT@S E TAMÉN PORQUE TEMOS NOVOS XOGOS PARA A AULA!!!!!!

TOD@S TEÑEN A ILUSIÓN POR ABRIR OS AGASALLOS, ASI QUE DECIDIUSE COMO FACER PARA QUE TOD@S PUIDESEN PARTICIPAR.

COMO HABÍA 5 AGASALLOS, DECIDIRON POÑERSE EN GRUPOS DE 3 MEMBROS E COMPROBAMOS SE O REPARTO PODÍA SERVIR. 

 

 E SEN MÁIS RETARDO, DESCUBRIRON O QUE SE AGOCHABA NOS PAQUETES

  PERO CON XOGOS NOVOS, ENTRARONLLES AS GAÑAS DE ESTRENALOS, ASI QUE XOGARON UNHA PARTIDA A EL FRUTALITO, QUE CONSISTÍA EN RECOLLER AS CEREIXAS ANTES DE QUE O CORVO CHEGARA Á ÁRBORE. PARA ISO, DISPOÑEN DUNHAS TARXETAS CON IMAXES DE FLORES, NAS QUE DETRÁS PODEN ATOPAR CEREIXAS, CORVOS OU UN ANIMAL DURMINDO. CADA XOGADOR TIRA O DADO, NO QUE SE ATOPAN IMAXES DAS CORES DAS FLORES QUE HAI NAS TARXETAS, ELIXE LEVANTAR UNHA FLOR DA COR QUE LLE TOCOU E PODE SER QUE RECOLLA UN PAR DE CEREIXAS PARA O CESTO, PODE QUE NON PASE NADA PORQUE A TARXETA TEN UN ANIMAL DURMINDO OU PODE QUE O CORVO AVANCE CARA A ÁRBORE SE HABÍA AGOCHADA UNHA IMAXE DESTE.

AH! GAÑOU O CORVO PORQUE CHEGOU Á ÁRBORE ANTES DE QUE @S XOGADORES CONSEGUIRAN RECOLLER AS CEREIXAS!!!!

 

 

SEGUIMOS COA RUTINA DE FACER UNHA ANÁLISE DO TEMPO METEREOLÓXICO QUE FIXO NO MES QUE REMATOU, NESTE CASO FOI DECEMBRO, NO QUE OBSERVAMOS QUE PREDOMINOU O TEMPO NUBRADO.

FIN DO 1º TRIMESTRE

REMATAMOS O 1º TRIMESTRE CUNHA SESIÓN DE ZUMBA PARA LOGO ABRIR BO APETITO COA MERENDA COMPARTIDA QUE DEGUSTAMOS TODO O ALUMNADO DE INFANTIL, SAÍNDO AO CORREDOR PARA CREAR UN CLIMA DE CONVIVENCIA E DE FESTA.

TAMÉN O ALUMNADO DE 5 ANOS TIVO UNHA EXPERIENCIA DIFERENTE QUE GOZARON CON GUSTO E SATISFACCIÓN; PUIDERON COMPARTIR E INTERCAMBIAR XOGO E ESPAZO COS DA OUTRA AULA, POIS NALGÚN CASO ERAN ANTIG@S COMPAÑEIR@S. DADO QUE LLES GUSTOU MISTURARSE, PROBABLEMENTE O REPETIREMOS.

 



ENVÍO DA POSTAL ÁS FAMILIAS

E CHEGANDO ÁS DATAS DE NADAL, E COMO TODOS OS ANOS, ENVÍASE UNHA POSTAL ÁS FAMILIAS PARA FELICITARLLES AS FESTAS DENDE O COLEXIO.

NESTA OCASIÓN, A POSTAL DO ALUMNADO DE INFANTIL ERA PERSONALIZADA, COA FOTO DE CADA NENO OU NENA, CO SEU SAÚDO INDIVIDUAL ÁS SÚAS FAMILIAS.

COMO DÍAS ATRÁS ANDIVERAMOS TRABALLANDO SOBRE OS ENDEREZOS, APROVEITAMOS PARA QUE CADA UN REXISTRASE O ENDEREZO FAMILIAR PARA LOGO PODER ENVIAR A POSTAL (POR CUESTIÓNS DE TEMPO, SÓ @S NOV@S NEN@S DA TITORÍA, PUIDERON TECLEAR O ENDEREZO, POIS O CURSO PASADO O RESTO DO ALUMNADO XA TIVERA A OPCIÓN DE FACELO)

   

PARA QUE POSTAL CHEGUE AO SEU DESTINO, HAI QUE METELA DENTRO DUN SOBRE E POÑERLLE, ADEMAIS DO ENDEREZO, UN SELO, ANTES DE INTRODUCILA NA CAIXA DE CORREOS.

    

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANIVERSARIOS DO 1º TRIMESTRE: XULIA, CARLA, LOLA E NAIARA

NESTE TRIMESTRE, ESTIVERON DE ANIVERSARIO CATRO COMPAÑEIR@S,
E NESTE MOMENTO, XA TOD@S @ DA AULA TEMOS 5 ANOS, SorrisoSorrisoSorriso
NO MES DE OUTUBRO, FESTEXOU O SEU ANIVERSARIO, XULIA.

   

 LOGO EN NOVEMBRO,OS PARABÉNS FORON PARA CARLA

   

 

E FINALMENTE, EN DECEMBRO CUMPLIRON OS CINCO ANOS LOLA E NAIARA

  
Distribuir contido


by Dr. Radut