Skip to Content

Blogue de Mónica

CONTACOMIGO CON NATALIA (NAI DE LOLA)

COMEZAMOS A ACTIVIDADE NA QUE OFERTAMOS ÁS FAMILIAS A POSIBILIDADE DE PARTICIPAR NA VIDA DA AULA N O PROXECTO CONTACOMIGO, CONTANDO UN CONTO E INCLUSA ALGUNHA TAREFA CONXUNTA. ADEMAIS SE QUEREN PODE SER RELACIONADO COA TEMÁTICA DA RECICLAXE OU COIDADO DO ENTORNO, SOBRE O QUE XIRA ESTE ANO A TEMÁTICA DO PROXECTO ANUAL.

NESTA OCASIÓN, TIVEMOS A VISITA DE NATALIA, QUE LLES PRESENTOU ALGÚNS ANIMAIS SALVAXES MEDIANTE ADIVIÑAS, E ADEMAIS SINALANDO NO MAPA ONDE SE ATOPABA A SABANA.  TAMÉN LLES CONTOU UN CONTO DO ELELFANTE "ELMER", QUE LLES GUSTOU MOITO

GRAZAS NATALIA POR COMPARTIR O TEU TEMPO CON NÓS E FACERNOS GOZAR COA LECTURA. GRAZASSSSSSSSSS!!!

 

  

SAÍDA AOS TITERES

   COMO OUTROS ANOS, PARTICIPAMOS NUNHA SESIÓN DE TÍTERES QUE OFRECÍA A SGAE. NESTA OCASIÓN, ERA DUN GRUPO VENEZOLANO E A ACTUACIÓN LEVABA POR TÍTULO "KIKIRIGUAU". TRATABASE DE TÍTERES DE ANIMAIS, FEITOS Á MAN, QUE CONTABAN UNHA HISTORIA PERO SEN DIÁLOGO, SIMPLEMENTE EMITÍAN OS SEUS RESPECTIVOS SONS.
 
  
 
 

25 DE NOVEMBRO- DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

UN ANO MÁIS, QUIXEMOS TRABALLAR CO ALUMNADO SOBRE ESTA LACRA QUE TANTO DANO FAI NA SOCIEDADE, E QUE SIGUE AFECTANDO A MOITAS MULLERES, SOBRE TODO.

PARTINDO DO VISIONADO DE VIDEOS NOS QUE SE MOSTRA O MALTRATO FÍSICO E PSICOLÓXICO ÁS MULLERES, ENTRAMOS NO DIÁLOGO SOBRE ESTE TEMA. POR QUÉ PASA ESTO? POR QUÉ LLE GRITA E LLE INSULTA? POR QUE ELA NON LLO CONTA A ALGUÉN?

DENTRO DUNHA ACTIVIDADE XERAL DE TODO O CENTRO, ESCRIBIMOS NUNHAS CAMISETAS NEGRAS LEMAS, FRASES OU PALABRAS RELACIONADAS CO TEMA. NA NOSA AULA, ESCRIBIMOS FRASES DE REXEITAMENTTO DESTE TIPO DE VIOLENCIA.

 

TAMÉN RECOLLEMOS NUNHAS TARXETAS NOMES DE MULLERES, EN RECORDO DAQUELAS QUE PUIDESEN TER SUFRIDO ESTE TIPO DE VIOLENCIA, E PALABRAS EN POSITIVO, QUE MELLOR NOS GUSTARÍAN QUE NINGUNHA FALTA DE RESPECTO, AGRESIÓNS, INSULTOS, AMEAZAS,..

 

 

     

TAMÉN DECIDIMOS PINTAR NAS PALMAS DAS MANS UNHA MENSAXE COA PALABRA VIOLENCIA TACHADA NUNHA  E NOUTRA UN FORMA DE EMOTICO SORINTE

NON QUEREMOS VIOLENCIA QUEREMOS SER FELICES 


 

E FINALMENTE TOD@S XUNTOS NO PATIO, VENDO DE FONDO O NEGRO DAS CAMISETAS E DAS TARXETAS, LEUSE UN MANIFESTO EN REPULSA DESTE TIPO DE VIOLENCIA E CANTOUSE UNHA CANCIÓN ("SON MULLER" DO GRUPO MÁIS BOAS CAS PATACAS)

  

20 DE NOVEMBRO- DIA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

PARA CONMEMORAR ESTA DATA TAN IMPORTANTE CO NOSO ALUMNADO, CONVERSAMOS DO TEMA. ¿QUE SON DEREITOS? CALES SON OS DEREITOS QUE DEBE TER TODO NENO OU NENA EN TODO O MUNDO? AS SÚAS RESPOSTAS:

"- FACER O MISMO QUE OS MAIORES

- QUE CADA UN FAGA O QUE QUEIRA PERO COUSAS BOAS, QUE NON SEAN BRUTAS

- NON FACER O QUE QUEIRA

- RESPETAR OS PROFES E OS PAIS"

 

FIXEMOS A LECTURA DUN CONTO DA COLECCION DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA, QUE LEVA POR TÍTULO "O NENO SEN NOME", BAÍA EDICIÓNS

 

    

 

 TAMÉN FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA CON TODO O CICLO DE INFANTIL QUE CONSISTÍA EN DEBUXARSE CADA UN A SI MESMO, PARA REFLEXIONAR QUE TODOS SOMOS IGUAIS PERO DIFERENTES.

E FIXEMOS A EXPOSICIÓN NO CORREDOR DAS NOSAS AULAS.

REPRESENTAR NÚMEROS

NA ASAMBLEA É UN BO MOMENTO PARA ABORDAR A REPRESENTACIÓN DE CANTIDADES, APROVEITANDO O DÍA DO MES CORRESPONDENTE, O ALUMNADO ASISTENTE ESE DÍA Á ESCOLA, O NÚMERO DE DÍAS QUE FALTAN PARA REMATAR O MES OU UNHA DATA SINALADA,... NESTA OCASIÓN, REPRESENTARON CON TAPÓNS O NÚMERO 19, QUE ERA A DATA DO DÍA, ANALIZANDO SE SE PODE FACER ALGÚN GRUPO DE 10 UNIDADES COMPOÑENDO UNHA DECENA E CANTAS UNIDADES SOLTAS QUEDAN, OU CANTOS FALTARÍAN PARA 20... SEMPRE RESPETANDO O NIVEL NO QUE SE ATOPA CADA NEN@

 

 

 

CHEGOU O OUTONO

APROVEITAMOS A ESTACIÓN DE OUTONO PARA FACER PROPOSTAS SOBRE OS FROITOS TÍPICOS, AS CORES PREDOMINANTES, AS FESTAS DA ÉPOCA,.. PARA ISO, GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PUIDEMOS XUNTAR DIVERSOS ELEMENTOS PROPIOS DA ÉPOCA OUTONAL PARA REALIZAR DIVERSAS ACTIVIDADES:

 

- AGRUPAR FROITOS EN SECOS E CARNOSOS (APRENDIMOS QUE ERA CARNOSO)

 

 

- IDENTIFICAR CADA FROITO CO SEU NOME. E NESTE CASO XOGAMOS COA BEEBOT, TENDO QUE IDENTIFICAR A TARXETA CO NOME DO FROITO QUE SE INDICABA E LOGO PROGRAMAR A BEEBOT PARA CHEGAR ATA A TARXETA

 

- RELACIONAR ALGÚN FROITO COA FOLLA DA ÁROBRE Á QUE PERTENCEN

 

 

- CREAR CARAS CON FROITOS DE OUTONO A PARTIR DA OBSERVACIÓN DA OBRA DE ARCIMBOLDO. ESTA ACTIVIDADE ERA POR PARELLAS, POLO QUE PREVIAMENTE DEBÍAN POÑERSE DACORDO QUE ELEMENTOS EMPREGAR E COMO FACELA

 

PESARSE

 PARA ABORDAR OS NÚMEROS DUN XEITO CONTEXTUALIZADO PARA O ALUMNADO, DECIDIMOS TRABALLAR AS SÚAS FUNCIÓNS E USOS NO ENTORNO QUE NOS RODEA: Nº DE ZAPATO, ALTURA, PESO, ANOS QUE TEMOS, Nº DE TELÉFONO,... ). COMEZAMOS POR COMPROBAR CANTO PESAMOS, QUEN É @ QUE MÁIS E O QUE MENOS PESA DA AULA, SE HAI ALGUÉN QUE PESA O MESMO. PERO INICIALMENTE CADA UN FIXO UNHA ESTIMACIÓN DO SEU PESO QUE LOGO COMPARAMOS CO PESO REAL E TAMÉN APROVEITAMOS PARA BUSCALO NO CUADRANTE.

  

 

FAMILIARIZARSE CO CUADRANTE

NESTA OCASIÓN, DIVIDIDOS EN DOUS GRUPOS, ESCOLLERON UN ANIMAL CADA UN PARA IR AVANZANDO POLO CUADRANTE, TANTO COMO INDICABAN OS PUNTOS DO DADO E VER QUE GRUPO CHEGABA ANTES AO NÚMERO 40. DESTE XEITO, VANSE FAMILIARIZANDO CO CUADRANTE, PRACTICAN O CONTEO, OBSERVAMOS QUEN TEN ADQUIRIDO O PASO DO 10 AO 11, DO 20 AO 21,.. POIS ACABASE A FILA E TEÑEN QUE CAMBIAR Á SEGUINTE FILA DENDE O SEU INICIO,..

 

  

CREACIÓNS LIBRES CON MATERIAL NON ESTRUTURADO

O ALUMNADO DISPÓN DE DIVERSO MATERIAL NON ESTRUTURADO (PAUS, CUNCHAS, TAPÓNS, TACOS DE MADEIRA, PEDRAS DE CORES, TUBOS, CAROZOS, ENTRE OUTROS) PARA POÑER A SÚA IMAXINACIÓN A TRABALLAR E CONSTRUIR EN PARELLAS UNHA CREACIÓN LIBRE QUE PREVIAMENTE ACORDAN ENTRE OS DOUS NENOS OU NENAS. ESTES SON ALGÚNS EXEMPLOS

 

 

FACEMOS ZUME

FIXEMOS E PROBAMOS ZUME DE LARANXA E POMELO. DIFERENCIAMOS O SABOR DOCE E AMARGO.

Distribuir contido


by Dr. Radut