Xa pasou a Candeloria, polo que hai que comezar a facer as sementeiras das verduras e hortalizas que logo queremos plantar no noso horto, que xa está a piques de iniciar a súa montaxe.![Sorriso Sorriso](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-smile.gif)
Un grupo de infantil, coa axuda ademais de Sarai e Silvia, dúas rapazas en prácticas no departamento de orientación, comezou a facer a sementeiras de varias hortalizas: leituga rizada, lentellas, fabas, chícharos, pementos de Padrón, tomates, espinacas, porros, repolo de cores, e tamén pipas de xirasol.
Tamén aproveitamos a reutilizar materiais usando: botes de iogur, macetas usadas e oveiras para facer as sementeiras
![](/centros/ceipramallosa/system/files/u92/IMG_20220203_110201-%20reciclando%20botes%20de%20iogur%20encher%20de%20terra%20para%20enterrar%20un%20par%20de%20sementes.jpg)
![](/centros/ceipramallosa/system/files/u92/IMG_20220204_104653-%20%20semente%20en%20oveiras%20para%20logo%20transplantalas%20directamente%20na%20terra%20e%20serve%20de%20abono%20%282%29.jpg)
![](/centros/ceipramallosa/system/files/u92/IMG_20220203_111258%20-%20tam%C3%A9n%20reciclando%20vasos%20e%20humedecendo%20algod%C3%B3n%20de%20%60cama%C2%B4%20para%20xerminar%20o%20ch%C3%ADcharo.jpg)
![](/centros/ceipramallosa/system/files/u92/IMG_20220204_144820-%20sementeiras%20preparadas-%20agora%20esperar%20e%20vixiar.jpg)
As sementeiras xa están feitas, agora toca agardar e vixiar o seu xerminar!!!
Non quixemos esquecernos que tamén é moi importante repoblar os montes con novas árbores, para contribuir ao coidado da nosa contorna natural, polo que plantamos castañas e landras; esperamos que xerminen e logo buscarlles un lugar no patio do colexio ou na carballeira colindante.
![](/centros/ceipramallosa/system/files/u92/IMG_20220204_103834.jpg)
E tamén probamos a xeminar as sementes dunha mazá, aproveitamos a froita da merenda dunha crianza:
1- Quitamos as pipas, deixámolas a abrandar en auga,
2- quitámoslle a cáscara exterior, que é máis dura, para favorecer a xerminación dun xeito máis rápido,
3- humedecemos un papel, introducímolas dentro do mesmo e
4- gardámolas nun taper frente á ventá.
![](/centros/ceipramallosa/system/files/u92/IMG_20220202_113443%20-%20tapadas%20nun%20taper%20esperar%20a%20que%20xerminen.jpg)
Agora toca esperar a ver se o proceso chega ao seu fin!!