Skip to Content

A IMPORTANCIA DE TER A APLICACIÓN "ABALAR-MÓBIL" NOS DISPOSITIVOS DAS NAIS E DOS PAIS DO ALUMNADO

Nesta situación tan extraordinaria que estamos vivindo as comunicacións adquiren unha gran importancia.

É por iso que temos que aproveitar todos os recursos á nosa disposición.

Xa son moitas as familias nas que as nais ou os pais tedes instalada a aplicación "Abalar-Móbil" nos vosos teléfonos móbiles, pero aínda non estades todas/os, por iso animámosvos a que o fagades para recibir as notificacións que desde o centro poidamos precisar facervos chegar. Tamén se recibirán as cualificacións do alumnado nas avaliacións.

Na web da Consellería de Educación hai instruccións de como facelo.

Deixámosvos aquí os enlaces. Se tedes algunha dificultade no proceso de instalación podedes escribirnos a: incidencias@ramallosa.org

Saúdos.

O EQUIPO DIRECTIVO

Información xeral sobre a aplicación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Manual de instalación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf



page | by Dr. Radut