Skip to Content

Día do libro

De cara a conmemorar o día do libro, o 23 de abril, plantexamos dende a biblioteca algunhas actividades:

- Apadriñamento lector: alumnado de 5º e 6º de primaria lerán o propio día, a un grupiño de compañeir@s de menor idade dende infantil ata 4º, tendo que pasar días antes pola biblioteca a elexir un libro que contarlles.

- Préstamo-agasallo: cada nen@ traerá da casa un libro envolto que prestará ao compañeir@ que lle toque en sorte ese día e, cando remate de lelo será devolto.

- Mural de fotos lectoras: trátase de aportar fotos onde se mostre unha actitude lectora, pode ser en calquer espazo ou forma, sos ou acompañados, adxuntando unha frase que indique que lle aporta un libro, que tipo de libros lles gusta ler,...

- Historias contadas: o alumnado de 2º e 3º ciclo contarán co compañía de Pepe Sendón, quen lles agasallará cunha actividade de narración de historias, se cadra con algunha sorpresa.

 

Día da Poesía

Para conmemorar o día da poesía, o 21 de marzo, realizamos algunhas actividades como resumo do traballo previo feito nas distintas titorias sobre este tipo de texto: creación de poemas, versos decorando corredores, árbores con titulos como ramas e versos simulando follas, ilustración de poemas, recitado de poemas, identificación de poetas, creación de regueifas,... Tivemos a sorte de contar coa maleta de poesía, con fondos prestados por bibliotecas escolares da consellería, ademais dos dispoñibles no fondo da nosa biblioteca.

O alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, conmemorou este dia coa presenza de Pepe Sendón, que recitou algúns poemas do seu libro "animal Fun!" que previamente se traballou nas aulas. Clica AQUI para ver as imaxes.

Tamén @s alumn@s de 5º A, traballaron a poesía poñéndolle música. Clica AQUI para ver os resultados.

 

Radio "QuintoA"

Para conmemorar o "Día da poesía" inauguramos un espazo onde queremos facer pequenos recunchos de radio.

Comezamos con algúns poemas.

Esperamos que vos gusten.

                             (Preme na imaxe)

radio

MURAIS DE ROSALÍA DE CASTRO

As nenas e nenos de quinto A fixemos un traballo de investigación sobre Rosalía de Castro para conmemorar o seu aniversario, que se celebra o 24 de febreiro. Fixémolo en catro equipos e recollemos algunhas cousas nos murais que vos presentamos aquí (preme sobre cada imaxe para ver o mural):

 

 

DÍA DE ROSALÍA

O venres 23 de Febreiro conmemoramos, no noso cole o día de Rosalía de Castro realizando algunha actividade en recordo do seu aniversario o 24 de Febreiro, facendo alusión ao lema escollido para este ano "ABRIDE A FIESTRA".

Entre as actividades realizadas, tivese a sorte de contar coa actuación dos gaiteiros "os Carapaus", que nos amenizaron coa "alborada de Rosalía" entre outras.

Rosalía de Castro_"Abride a fiestra"

MATERIAIS PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA

________________________________________________

Audiovisual sobre Rosalía, feito polo EDL de Cadreche (A Pobra)

 

______________________________________________________

MATERIAIS PROPOSTOS POLO CONCELLO DE TEO:

Banco de recursos

______________________________________________________

ROSALÍA, POESÍA (letra da canción que interpretaremos colectivamente este venres)

Volve Rosalia(Texto: Pepe Sendón)

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2018

Onte celebramos o Día da PAZ e tivemos a sorte de aprender das experiencias personais de Fernando e Ricardo, integrantes da "Operación PANGONO PANGONO".

Esta organización solidaria está formada por... "un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñeiros, frigoristas, electricistas…) que decidimos aportar o noso gran de area para mellorar un pouco a vida dos que menos teñen. Moitos de nós dedicámonos profesionalmente á docencia como profesoras e profesores de Formación Profesional en centro públicos de Galicia.Todos os membros da Operación Pangono Pangono realizamos o noso traballo de maneira voluntaria e deixamos a escolla das necesidades de actuación aos que mellor as coñecen, aos que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza. A nosa Operación, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática..) das entidades coas que colaboramos e tratamos de resolvelas co menor custo posible para a mesma. E se é posible, a custo cero".

Máis INFO en:

http://operacionpangonopangono.org

https://www.facebook.com/operacionpangonopangono/

 

 

Enlaces con propostas para o Entroido

 

           ENTROIDO 2018                 

 

 

Como este ano o Entroido ven moi adiantado deixámosvos algúns enlaces para empezar a traballar na aula:

 

  • Educateo (material elaborado polo Concello de Teo sobre o Entroido na comarca do Ulla e os máis representativos do resto  de Galicia).

 

   
xerais

 

 

Charla de enfermería

En 2º estamos coa temática dos OFICIOS, así que quixemos aprender de primeira man en que consiste o traballo de enfermería. Montse explicounos moitas cousas interesantes desta importante profesión.

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2018

Velaquí o calendario solidario 2018, creado este ano a partires da temática anual

seleccionada polo centro para a celebración do entroido; "O entroido en Galicia".

Lembrar, que a recadación feita a través da venda do mesmo será doada

íntegramente ao banco de alimentos do noso concello.

O traballo publícase impreso en formato A3 e ten un custe venta ao público de 7€

 

(Preme enriba da imaxe para descargalo. Arquivo libre de virus)

Distribuir contido


by Dr. Radut