Skip to Content

PROPOSTA DE TAREFAS PARA OS DÍAS SEN ACTIVIDADES LECTIVAS

Nas seguintes ligazóns podedes atopar a documentación coas tarefas propostas ao alumnado para realizar durante os días sen actividades lectivas.

O alumnado de quinto e sexto de primaria debe acceder á aula virtual edixgal en

eva.edu.xunta.es

 

 

Para resolver calquera incidencia poden empregar o enderezo de correo incidencias@ramallosa.org

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

DENDE O NOSO CENTRO QUIXEMOS CONMEMORAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA POÑENDO EN RELEVANCIA AQUELAS MULLERES QUE ESTÁN MÁIS PRETO DE NÓS E QUE SON IMPORTANTES POR DIVERSOS MOTIVOS. E CON ELAS FACER EXTENSIVA A NOSA REINVINDICACIÓN AO PAPEL E VALÍA DAS MULLERES NA NOSA SOCIEDADE.

CLICAR NA FOTO PARA VER MÁIS.

 

Comedor: menú do mes de marzo

Xa temos o menú do mes de marzo.

Importante:No menú en papel enviado ás casas, o día 19 figura como lectivo, cando en realidade é festivo. Anúlase ese día e mantéñense o resto.

No arquivo que se adxunta nesta entrada xa está corrixido.

 

Podedes miralo premendo aquí

OBRADOIRO DE POESÍA CON CLAUDIA CASTRO

O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA TIVO A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NUN OBRADOIRO DE POESÍA, COA AUTORA E VECIÑA DA ZONA, CLAUDIA CASTRO. PREVIAMENTE NESTE CICLO LERON O SEU LIBRO ARREDOR DO CAL XIROU O OBRADOIRO, QUE LEVA POR NOME "GALICIA, O PAIS DAS MARABILLAS", ed. GALAXIA.

LERON POEMAS E DIALOGARON SOBRE AS DISTINTAS ZONAS GALEGAS ÁS QUE SE FAI ALUSIÓN NO LIBRO, ASÍ COMO TAMÉN O ALUMNADO FIXO AS SÚAS CREACIÓNS PLÁSTICAS A PARTIR DOS SEUS GUSTOS, PERO MIRANDO CON OLLOS DE POETAS E POETISAS 

     

NOVOS INSTRUMENTOS PARA A AULA DE MÚSICA!!

Este ano, a aula de música do centro quedará dotada cun baixo eléctrico, unha batería eléctrica con pad de malla e unha mesa de son para amplificar todos instrumentos así como para traballar a técnica vocal con micrófono

Todo isto grazas á nosa ANPA, que tivo a ben facer esta inversión dentro do programa de mellora de materiais para o centro.

Estamos súper agradecidos, tanto dende a Área de Ed. Musical como dende a dirección do centro. Pois para nós, o desenvolvemento das competencias artísticas dos discentes tamén é unha prioridade. E sen dúbida, estas novas ferramentas de traballo daránnos a posibilidade de ampliar o abano de instrumentos cos que traballar cos cativos/as e de paso seguir motivando aos nenos a iniciarse na práctica dalgúns déstes. Cos que de seguro o van a pasar pipa!!

Estamos a facer pequenas "obras" na aula para reorganizar os espazos e en nada xa estarán os peques disfrutando cos nosos novos xoguetes da aula.

Despois da incorporación do "Proxecto UkeCole" á asignatura de música para os cursos de 5º e 6º, este ano imos de sorpresa en sorpresa!!

Mil grazas unha vez máis á "ANPA Río Tella" pola súa labor e apoio a toda a comunidade educativa. É un aunténtico luxo contar cun grupo humano tan traballador e eficiente. Comprometido cos pais/nais, profesorado e en xeral coa mellora da educación dos pequechos e pequechas deste noso CEIP da Ramallosa. 

 

 

 

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2020

Como todos os anos, xa está na rúa o noso calendario solidario. Actividade promovida polo CEIP da Ramallosa a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega en coordinación cos diferentes Equipos de traballo do Centro. Este ano baixo a temática dun dos Proxectos Anuais do Centro; "AULAS ILUSTRES"

Como sabedes, a metade da recadación das vendas vai destinada íntegramente ao Banco de Alimentos do noso Concello e a outra metade do custe é exclusivamente para os gastos de impresión e encadernado dos calendarios contratado a unha empresa externa.

Todo o traballo gráfico de deseño, edición e maquetación faise de maneira altruísta a través do EDLG do Centro.

Igual que o ano pasado, o custe de cada exemplar é de 7€

Se ainda non tés o teu exemplar, estades a tempo de adquirilo e aportar o voso gran de area a este proxecto solidario, pois estamos a piques de rematar os exemplares impresos este 2020. Podes botarlle un ollo aquí. Mil grazas pola vosa colaboración un ano máis!!  

 

COMEZA O CLUBE DE LECTURA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

COMEZAMOS TARDE PERO ARRINCA DE NOVO O CLUBE DE LECTURA CUN NUMEROSO GRUPO DE ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA, QUE SE REUNIRÁ OS LUNS E XOVES, NA SESIÓN DE LECTURA, PARA COMENTAR E DIALOGAR SOBRE O LIBRO ESCOLLIDO. NESTA OCASIÓN ESCOLLEUSE:

 "MIL COUSAS PODEN PASAR", de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, Ed. Xerais

          

 

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

HOXE, COMO CADA 30 DE XANEIRO COMMEMORASE O DÍA DA PAZ ESCOLAR E DA NON VIOLENCIA, E DENDE O NOSO CENTRO, QUIXEMOS UNIRNOS A ESTA CELEBRACIÓN CREANDO UNHA FERMOSA INSTALACIÓN DE LAZOS DE CORES, ONDE CADA UN LEVABA ESCRITO UNHA PALABRA RELACIONADA COA PAZ FEITA POR CADA ALUMN@ E PROFESORADO DO COLEXIO, PARA COMPARTILAS CON TOD@S.

PREVIAMENTE POLOS CORREDORES DO CENTRO SE FIXO UN CAMIÑO DE PEGADAS DE TODO O ALUMNADO QUE LEVABAN DECORADAS FRASES, PALABRAS, POEMAS, CITAS, ... RELACIONADAS COA DATA QUE SE CONMEMORA; "PEGADAS DE PAZ". ESES CAMIÑOS CONDUCÍAN Á INSTALACIÓN EXTERIOR ONDE SE PENDURARON OS LAZOS "ENLAZADAS POLA PAZ"

POSTERIORMENTE, CADA UN RECOLLÍA UN LAZO PARA POÑERSE COMO RECORDO DO DÍA E LEMBRANDO QUE O CAMIÑO DA PAZ O FACEMOS TODOS E TODAS COAS NOSAS ACTITUDES, COMPORTAMENTOS, CONDUCTAS,...  DÍA TRAS DÍA.

 

 

          

                  

                                             

                                             

 

        

                                               

 

                  

PEGADAS

 

                                  

E TAMÉN SE FIXO UNHA EXPOSICIÓN DE FONDOS RELACIONADOS COA TEMÁTICA ASÍ COMO CARTEIS CON INFOMACIÓN RELATIVA

 

           

          

O ALUMNADO DE INFANTIL TAMÉN VISIONARON O TRAILER DE "HISTORIA DE UNA GAVIOTA" E REMATAMOS A XORNADA CANTANDO A PEZA "EU TEÑO ALGUÉN" DO GRUPO MARÍA FUMAçA

O ALUMNADO DE 2º VISITA O MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O pasado venres 24 de xaneiro, acudimos a Santiago para visitar o Museo de Historia Natural. Alí puidemos aprender un montón de cousas sobre os animais (hábitat, clasificación, especies...) e minerais. Aproveitamos tamén para dar un paseo polo casco histórico de Santiago. Clicade na foto para ver as imaxes da xornada.

NOVIDADES SOBRE LECTURAS INCLUSIVAS

DAMOS A COÑECER ALGUNHAS NOVIDADES INCORPORADAS Á NOSA BIBLIOTECA RELACIONADAS COA INCLUSIÓN, ONDE OS PROTAGONISTAS TEÑEN ALGUNHA DISCAPACIDADE, SUFREN ALGÚN TIPO DE EXCLUSIÓN, A IMPORTANCIA DO PAPEL DAS MULLERES, LECTURAS CON PICTOGRAMAS OU DE LECTURA FÁCIL, ETC. PARA TRABALLAR CO NOSO ALUMNADO 

Distribuir contido


by Dr. Radut