Skip to Content

MURAL CONSELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA

A ANPA Río Tella participa de forma activa no Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA) do Concello de Teo. Unha das actuacións é a creación dun mural, no patio do CEIP A Ramallosa, froito da participación dos alumnos de 5º e 6º de Eduación Primaria, tanto na concepción do propio mural como no traballo de pintura en parede.

Máis información aquí

mural CLIA no CEIP da Ramallosa

Alumnado de quinto curso, colaboradoras e colaboradores na confección do mural.

Imaxe: ANPA Río Tella (Premer sobre a foto para ampliar)

EXPOSICIÓN DE ARTE NAÍF DO ALUMNADO DE CUARTO.

O alumnado de cuarto iniciouse na corrente artística

da arte Naíf coas súas creacións propias sobre lenzo.

Esta arte inspírase na pintura infantil e caracterízase

pola súa espontaniedade, imaxinación, inxenuidade , 

polo uso de cores brillantes e polo seu autodidactismo.

Premede na foto para acceder á galería de imaxes.

 

VIAXE FIN DE CURSO AO GROVE (3º e 4º de Ed. PRIMARIA)

Xa podedes visionar as fotos da excursión desta semana ao Grove co alumnado de 3º e 4º.

Foi unha xornada completa! Primeiro, a viaxe en barco pola ría coñecendo os segredos das bateas.

Despois a visita ao acuario e o xantar no monte Siradella. E para rematar, tarde de praia en Portonovo.

(clica na imaxe para acceder ao álbum de fotos)

VISITA DE CONCHA BLANCO

Hoxe luns 11 de xuño, a escritora Conha Blanco, estivo na biblioteca do colexio pasando un momento agradable con alumnado de 2º de primaria; contoulles anécdotas, faloulles da importancia dos libros e en concreto sobre " a bruxiña da sorte", que previamente leran e traballaran na aula.

Para @s nen@s foi agradable e levadeiro e ademais cada un levou firmado o seu libro pola autora e tamén deixou un volume para a nosa biblioteca.

Clicade na foto para ver distintos momentos:

    

 

EXPOSICIÓN 18

ARTELLANDO. EXPOSICIÓN FINAL DE CURSO

O venres 8 e sábado 9 de xuño expuxemos un ano máis na casa Común de Cacheiras os traballos realizados no Obradoiro de Artes Plásticas este curso. Pequenos-grandes artistas! Parabéns!

Mirade que linda quedou a nosa mostra. Clicade aquí ou na fotografía

CREACIÓN DE CONTOS

O traballo con textos reais permite ao alumnado adquirir unha competencia lectoescritora no marco contextualizado.

O alumnado de 5º e 6º de infantil elaboraron un conto de grupo co traballo previo ao resultado final: leronse e analizaronse distintos contos, traballaronse as partes e a estrutura do mesmo, as fórmulas de inicio e final, a personaxe principal e outras secundarias. Con este texto, traballouse tanto as propiedades do tipo de texto como as propiedades do sistema de escritura, seguindo a proposta de Myriam Nemirovsky.

Finalmente o grupo, fixo as súas propostas e votacións sobre a temática, a personaxe principal, inventaron a historia en varios momentos ata chegar á definitiva e crearon as escenas do conto. coa axuda da titora se fixo a montaxe final do conto que leva por título "RAIO GAÑOU" e que podes ver se clicas no seguinte enlace:

https://docs.google.com/presentation/d/1_G2e9Wm1w1JxklM1SBcch9QcsOg0CShh...

 Pola súa parte o alumnado de 6º de primaria, tamén elaborou a súa historia en inglés coa axuda do auxiliar de conversa e da mestra titular. Neste caso, a historia xurdiu dunha proposta de ideas e , tras escoller a máis votada, foise creando de xeito conxunto entres as tres aulas; comezando nun grupo e seguindo polos outros e o mesmo coas ilustracións, pois repartiron as escenas como traballo compartido.

Para poder ver a historia creada, que leva por titulo "A STRANGE SUMMER DAY", podedes acceder ao seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1jRd-fKOKNjB63xhn8FSkVu1s8-VAvIxt/view?u...

 

VISITA DE MARÍA CANOSA

Outra escritora, neste caso, María Canosa, conseguiu que o alumnado de 1º ciclo de primaria e de 3º curso, pasaran un agradable e fantástico tempo gozando do acontecido arredor dunha historia contada nun libro; no primeiro grupo coa historia "O día que choveu do revés" e co alumnado de 3º curso con "Rubicundo". A autora en persoa transmitiu e compartiu cos nenas e nenas o por qué desas historias que ela escribe e a importancia da lectura e dunha boa literatura. 

Estes encontros con escritores e escritoras motiva aos nenos e nenas a ler e poder coñecer os autores desas historias escritas en libros e outros textos. 

Grazas tamén María por compartir ese bo facer na transmisión dunha boa literatura infanto-xuvenil.

clica na foto para ver distintas escenas do encontro da escritora co alumnado.

  

VISITA DE MERCEDES QUEIXAS

O alumnado de 1º de EP, compartiu un tempo agradable con Mercedes Queixas, autora do libro "Xandra, a landra que quería voar", sobre o cal intercambiaron opinións despois de lelo. Gustoulles moito a experiencia, porque a coñeceron, porque lles firmou o seu libro e porque lles puxo un selo na pel cunha dedicatoria a cada un.

Grazas Mercedes por achegarte a compartir un pouco do tempo con alumn@s do ceip da Ramallosa

Clica na foto  para ver a actividade.

 

"PALABRAS FERMOSAS DO GALEGO"

Velaquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade "Palabras Fermosas do Galego" proposta para estas "Letras Galegas 2018".

  

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 

O 16 de maio, día previo á celebración da data das nosas letras, volvémonos xuntar toda e Comunidade educativa da Ramallosa no Xirimbao. Un ano máis, reunímonos na nosa fraga á sombra de carballos e castiñeiros, e desta volta, os máis pequechos do cole, convertéronse en auténticos piratas do Ulla. Grazas ao bo facer dos nosos guías, aprendemos moitas cousas de interese da nosa zona e como non, xogamos e divertímonos moitísimo. Coma doutras veces,  tamén realizamos xogos populares e gozamos dos hinchables. Xantamos e como sobremesa, ademais do saboroso xeado, bailamos unha muñeira ao ritmo das gaitas e pandeiretas. De novo, unha xornada estupenda! 

 Preme aquí ou na foto para ver as imaxes

 

MARCELLE 18

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A MARCELLE DE E.I.

Día intenso e fermoso! A peseres desta primavera revolta, o tempo en Outeiro de Rei, portouse e permitiunos gozar da nosa visita. Ahí vos queda a mostra  deste día. Podedes ver, moitas más imaxes, premendo na foto ou aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut