Skip to Content

PREMIO DOBRE NO "V CERTAME: AS IMAXES DO PATRIMONIO" (Ponte nas Ondas)

Esta semana comunicáronnos o fallo do xurado no "V Certame: Imaxes do Patrimonio Galego-Portugues" organizado por "Ponte nas Ondas".

É un orgullo para nós comunicarvos que recibimos os seguintes premios:

- "1º premio de fotografía": Yoel Ares Gómez "A emigración: A radio"

- Premio ao "Mellor programa de Radio Escolar", no concurso de Podcast do mesmo Certame.

Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.

Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.

Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable. 

Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.

Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe. 

Instrucións transporte escolar 2022-23

No arquivo adxunto tedes as instruccións de transporte para o curso 2022-23.

Clicade AQUÍ

Resolución Provisional Fondo Libros 2022-23

Prezadas familias:

No día de hoxe publicouse na aplicación de FondoLibros a resolución Provisional do reparto de libros para 3º e 4º de Primaria.

Podedes achegaros ao centro ou chamar (881866498) para recibir a información.

Tedes 2 días, ata o mércores 13 para facer as reclamacións que estimedes oportunas. A partir desa data, saírá o listado definitivo.

Os libros asignados a cada alumno/a serán entregados polo titor/a de cada grupo en setembro.

O Equipo Directivo.

Horario de verán

A partir do luns 11 e ata o venres 29 de xullo o horario de secretaría para a atención ás familias será o seguinte:

  • De luns a venres de 08:00h ás 14:00h

Grazas.

PREMIO "PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS"

Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!

PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Nota de prensa

O GALEGO NA HISTORIA (Radio Ramalloseir@s)

 

 

 

ESPECIAL RADIO RAMALLOSEIR@S

VÍDEO DA ACAMPADA 2022

VÍDEO GRADUACIÓN ALUMNADO DE SEXTO 2022

PRODUTO FINAL: VÍDEO ESCOLA VERDE.

Podedes ver un resumo do noso proxecto Escola Verde no vídeo. Continuaremos a traballar por un medio ambiente máis saudábel e unha escola máis ecolóxica. 

San Xoan 2022

Hª San Xoan

Distribuir contido


by Dr. Radut