Skip to Content

SOMOS FINALISTAS!!

Dende a organización do Certame Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos" e trala deliberación do xurado e valoración dos máis de 70 traballos recibidos de coles de todo Galicia, temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas co traballo que presentamos; “Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial” (Letras Galegas 2023).
Comparto o enlace á info do traballo e ao programa de radio para que poidades escoitar o podcast e coñecer máis cusiñas da nosa proposta.Temos que sentirnos orgullosos, pois trátase dun recoñecemento moi importante a nivel educativo.
Máis sobre este traballo de radio:
Programa de radio presentado a concurso:
O VELLO DOS CONTOS A organización convidóunos á gala de entrega de premios que vai ter lugar o vindeiro martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro de Santiago, na nosa condición de finalistas. Alí estaremos para ver se hai sorte e finalmente, somos quen de acadar un novo recoñecemento para tod@s @s ramalloseir@s.
E non subimos ao podium por un peldaño!! 4º posto, pero máis que felices e orgullosos de estarmos no bombo entre os finalistas e acadar este recoñecemento. Deixámosvos unhas imaxes do noso trofeo. Unha escultura Orixinal obra do alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago. Encántanos!!
Grazas a tod@s!! EASD Mestre Mateo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Casa de Rosalía de Castro, a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Arraianos Produccións. Seguiremos a sementar radio poñendo en valor a nosa lingua e cultura a través deste medio.
Xosé Mosquera 1 Xosé Mosquera2

2ª Edic. CÓNTAME UN CONTO (APOI)

Esta semana asistimos á gala final do Proxecto CÓNTAME UN CONTO. Promovido polo APOI (Museo do Pobo Galego e Fundación Antonio Fraguas) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asistíu todo o alumnado participante no proxecto (3º e 4º de Ed. primaria) e tamén unha representación do alumnado de 5º e 6º que achegaron tamén algunhas actuacións musicais ao acto. Foi toda unha festa e unha experiencia educativa do máis enriquecedora.

Todas as montaxes dsos contos recollidos e contados polos nenos/as estarán no apartado da web do centro adicado a este proxecto. Non deixedes de velos e darlles os vosos like´s.

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe resumo de todo o acto!!

  

Cóntame un conto 2ª Edic(1)

Cóntame un conto (2)

Podedes ver e descargar todas as fotos e vídeos das actuacións no seguinte enlace

 

 

 

ENTRA NA WEB DO APOI (Museo do Pobo Galego), para ver todo o traballo deste fermoso proxecto.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!

Ao longo deste curso, estivemos levando a cabo unha iniciativa de concienciación sobre o uso de residuos plásticos dun só uso. Co que xeramos cada día, nas merendas de media mañá, enchemos un colector aproximademente cada 15 días, e tan só no noso cole.

Reflexionemos: se extrapolamos estes datos a todas as merendas do conxunto dos colexios galegos, decataríamonos da grandísima cantidade de residuo plástico que producimos. 

Está nas nosas mans contribuír a ter un planeta máis limpo e saudable.                          

Desplastifícame montaxe

O 5 de Xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO  MEDIO AMBIENTE,  e dende o colexio queremos facer un acto simbólico e para iso, propoñémosvos que ese día, asmerendas das vosas crianzas non traian plásticos dun só usoO planeta pide axuda "DESPLASTIFÍCAME", é o lema que escollemos para conmemorar esta data. 

Na nosa biblioteca propuxemos lecturas sobre a   temática que enriquecen a aprendizaxe e convidan á reflexión. 

ESPECIAL "CÓNTAME UN CONTO"

 

Programa especial adicado a "Cóntame un conto", proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos de tradición oral galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

- Alumnado participante no programa de radio: 4º de Ed. Primaria (grupo c)

- Profesorado: María Álvarez Garea, Benxa Salgado Otero e Óscar Suárez Carbia

ENTREVISTA Á ESCRITORA SABELA NÚÑEZ SINGALA

XORNADAS LETRAS GALEGAS 2023

“Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial”

Máis que agradecidos polo convite por parte dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega como relatores ás "Xornadas do día das Letras Galegas; Francisco Fdz del Riego".

Desta volta cunha actividade encadrada dentro das actividades promovidas no centro con motivo das Letras Galegas 2023 e dirixida á participación no "V Certame de podcast Xosé Mosquera ”. Fusionando desta volta a aplicación pedagóxica da Radio Escolar e a Intelixencia Artificial como ferramentas didácticas. Neste caso, a través da figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado deste ano.

O papel da radio na escola está máis que evidenciado como ferramenta educativa. No caso da IA, sabemos de todas as contradicións e dúbidas que nos xera esta nova ferramenta, pero por sorte ou por desgraza é algo que xa está nas nosas vidas. E como docentes volvemos a ter o difícil reto de actuar como "guías" facéndolle ver aos discentes as cousas positivas e negativas desta tecnoloxía e o uso responsable da mesma (como no caso doutras).

Tanto no caso da radio como no da intelixencia artificial, este traballo leva implícito un coidado traballo específico na aula, así como a preparación doutros aspectos técnicos, literarios, de expresión oral, etc. Así como a creación de grupos e espazos de traballo cun enfoque de traballo en equipo, (“co-working”).

Relatores

 

ALUMNADO PARTICIPANTE:

Artai, Claudia, Ilía, Gael e Gonzalo (6º Ed. Primaria). 

MESTRES:

- Laura García Díaz: Mestra titora no 3º Ciclo de Primaria. 

- Óscar Suárez Carbia: Mestre Especialista de Ed. Musical.

 

Preme na imaxe para escoitar o programa de radio na nosa canle de radio/podcast

Del Riego

Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015, no 2019 e no 2021 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose. Enquisa que realizarán o alumnado de 5º e 6º, as familias, o persoal de servizos do centro e todo o profesorado.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos.

As familias recibirán un sobre (un único para cada familia), coa clave  para poder acceder a cubrir o formulario.

O enlace para as familias é o seguinte: https://edu.xunta.gal/convfamil

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizarán a enquisa no centro (cada un cunha clave individual que lles facilitaremos nas aulas)

O PRAZO PARA A PARTICIPACIÓN É DO 2 AO 22 DE MAIO

ENREGUÉIFATE 22_23

Velaquí vos deixamos as nosas propostas para esta edición do "Enreguéifate"!!

Desta volta, unha delas en formato de programa de radio, da man do alumnado de 6ºB e realizado tamén para o Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, para poñer en valor o noso patrimonio cultural e lingüístico.

A outra proposta é un traballo realizado para a anterior edición do Enreguéifate, e que por motivos de "loxística dixital" non puido entrar na fase de concurso. Con esta regueifa lembramos o vivido durante a pandemia co COVID.

Agardamos que desfrutedes escoitando aos nos@s regueifeir@s! E que a sorte nos acompañe no certame Guay

Preme na radio para escoitar o programa na canle de radio radio

Distribuir contido


by Dr. Radut