Skip to Content

"TÍRALLE DA LINGUA"

Aquí vos deixamos os gañador@s de cada nivel/curso para o concurso "Tíralle da Lingua". Este venres presentamos as propostas seleccionadas, e se todo vai segundo o previsto, o vindeiro 30 de novembro darán o "fallo" dos premios.

Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!

O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano tras ano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.

Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....

Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.

Deixamos aquí un enlace no que podedes dar o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego

AXUDAS PARA A DOTACIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

 

 

A consellería ven de convocar axudas para a dotación de máscaras ao alumnado (ver DOG)

Terá dereito o alumnado que reúna estas condicións:

 

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (non teñen que presentar solicitude, faise de oficio)

 2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 (Si terán que presentar solicitude)

 

 Prazo de solicitude: diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia(publicouse o 13 de novembro)

 Lugar de entrega: no colexio do alumnado.

 Documentación a presentar:

 a) Anexo I (solicitude) . Descargar aquí.

 b) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Descargar aquí

 c) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 1º. Certificado ou volante de convivencia.

 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 d) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21.

 

 

Premio ENREGUÉIFATE 2020

Hoxe mesmo, chegou o Trofeo e o Diploma acreditativo, do premio á regueifa máis reivindicativa, que conseguíu o alumnado de 6º o curso pasado no "ENREGUÉIFATE 2020"

Este ano, máis que nunca, e debido ás circunstancias que estamos a vivir... Queremos compartilo con toda a comunidade educativa e adicárvolo con todo o noso cariño!!

 Trofeo EnreguéifateDiploma Enreguéifate

DOCUMENTACIÓN SOBRE A PREVENCIÓN DA COVID-19

No Consello Escolar do martes 20 de outubro foi aprobada a documentación que elaboramos segundo as disposicións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a prevención da COVID-19.

A normativa esixe que sexa publicada para o seu coñecemento pola comunidade educativa.

Poden acceder á mencionada documentación nos seguintes enlaces, e quedarán exposta permanentemente no apartado de "Documentación" desta web:

Esta documentación poderá sufrir novas adaptacións, dependendo da evolución da pandemia e dos cambios normativos que ditaminen as autoridades sanitarias e/ou educativas. De ser o caso, publicaranse neste mesmo apartado.

CAMBIOS NAS QUENDAS DE COMEDOR

Estimadas familias:

 Como ben saben o servizo de comedor é un dos elementos deste centro máis complexo de organizar, máxime na situación de pandemia, debido á alta demanda de utilización. A día 1 de setembro tiñamos 320 solicitudes polo que era preciso establecer 3 quendas para atender a todo o alumnado mantendo as condicións mínimas de seguridade que estableceron as autoridades sanitarias e educativas. A partir desa data déronse de baixa pouco a pouco (ata este luns) un total de 40 nenos/as que nos permiten reducir o número de quendas a 2.

 

 Sabemos que isto pode ocasionar inconvenientes para as familias que tivestes que acomodar os vosos horarios en función da proposta de horarios de saídas do colexio, pero tedes que entender que a nosa obriga é procurar o maior horario lectivo posible para todas as etapas e esta redución supón un cambio importante na organización docente.

 

 Sentimos non ter a información das baixas de comedor en tempo de poder tomar esta decisión con anterioridade ao comezo do curso e por iso insistimos sempre na necesidade de comunicarlle ao centro as decisións de renuncias ou modificacións nos servizos o antes posible.

 

 Polo tanto, a partir do día 5 de outubro as quendas de comedor quedarán deste xeito:

1º Quenda

14:00 a 14:45

Toda Ed. Infantil – 1º A – 1º B - 2º A – 2º B – 3º B

2ª Quenda

15:00 a 15:45

3º A – 3º C – 4º A – 4º B – 4º C – 5º A – 5º B – 6º A – 6º B

 Os horarios de recollida redúcense agora a dous, para o alumnado de comedor:

 1ª Quenda: poden recoller de 15:00 a 15:15 e a partir das 15:50 ata as 16:00

 2ª Quenda: poden recoller a partir das 15:50 ata as 16:00

 

Os grupos aos que afecta o cambio son: Toda Ed. Infantil, 3º C e 4º B

 

A DIRECCIÓN

NOVIDADES Ed. Musical (Curso 2020_21)

Estimadas familias:                                               

 

No CEIP da Ramallosa somos conscientes da relevancia da transformación das comunidades de aprendizaxe, e esforzámonos día a día para seguir incorporando metodoloxías innovadoras e motivadoras na aula. Este curso escolar 2020_21, temos unha situación excepcional propiciada pola COVID 19. Acompañada dunha serie de protocolos sanitarios indispensables, pero que inflúen en innumerables aspectos da práctica educativa.

 

Dende a Área de Educación Musical, acordamos e asumimos algúns cambios metodolóxico-organizativos, co fin de facer o máis segura e enriquecedora posible para os cativos a materia de Música.

A modo de resumo, transmitirlles que non se empregará a frauta en ningún curso (temporalmente) e que ampliamos o "Proxecto Ukecole" aos cursos de 3º e 4º de Ed. primaria.

 

Tamén iniciaremos un "Proxecto de Percusión Tradicional Galega", para o que lles solicitaremos a compra dunha pandeireta a partir do 3º curso de Ed. Primaria e que traian dúas culleres sopeiras (da casa) para aprender a tocalas tamén. En primeiro e segundo de Ed. Primaria, os discentes aprenderán a tocar as cunchas.

 

Como contrapartida, tamén temos que transmitirlles unha información que nos entristece enormemente. O alumnado de Ed. Infantil, non recibirá clases de Ed. Musical por parte do Mestre Especialista do Centro. Esta medida veunos imposta a 3 días do comezo das clases pola Consellería e Educación.

 

Sentimos moito, non ter tido informado antes destes cambios, pero a tardanza e contradicións dos protocolos recibidos, fixo imposible saber con que situación de partida iamos empezar as clases.

 

Por favor, pregámoslle que lean detidamente toda a información aquí (pdf imprimible). 

Para calquera outra dúbida, poden contactar comigo a través do seguintes medios:

- correo electrónico: oscar@ramallosa.org

- Vindeira asamblea online de Ed. Musical (por vídeo-conferencia), Mércores 16 de setembro ás 17:00h

  As familias interesadas, deben solicitarme a asistencia a través do mesmo mail (oscar@ramallosa.org). Identificádevos no correo, co nome e curso dos vosos fill@s.

 

Atte. Óscar (Mestre Especialista de Ed. Musical) 

  Logo Precusión Trad

                                                                                                        

   

DÚBIDAS DE VARIAS FAMILIAS:

 

- Cando teñen que levala a clase? Cando "empezan"? Tanto o ukelele como a pandeireta, sería para empezar o antes posible,  pero non quero poñer prazos, porque entendo que andamos todos a patacón por cuarta entre traballos, volta ao cole... 

De feito, quixen compartir agora toda a información para deixar un tempo prudencial e que poidan ir organizando a compra. Sobre todo, porque coas pandeiretas tradicionales dependedes tamén de que os artesáns teñan en "stock" instrumentos feitos. Así que, sería bo que fixerades o encargo en tempo.

Finalmente, empezamos coa pandeireta e as cunchas no Proxecto de Percusión tradicional, a semana do 12 de outubro (despois da ponte).

A partires desa semana, iremos rotando! Unha semana ukelele, outra pandeireta e culleres (e así sucesivamente).

Os motivos desta decisión  son varios:

- Rendabilizar máis o traballo na aula, dado o escaso tempo semanal que temos para a materia de Ed. Musical.

- Evitar que os discentes veñan moi cargados de peso, tendo en conta que xa a mochila lles supón un peso máis que suficiente.

- Tentar darlle tempo aos cativ@s para traballar cos diferentes instrumentos. Fomentando, iso sí, que leven o traballo de música día a día! É mellor que toquen 5 minutos cada día que non deixar para o día antes da clase a práctica do traballo proposto dúas semanas antes. Non tería sentido! Non se lembrarían de nada e o avance no instrumento sería nulo. Para iso, pídovos tamén a vosa "axuda"! Así faremos que tamén aprendan a ser máis disciplinad@s e organizad@s.

 

- Poden compartir instrumento dous irmás? Váleme un que teño na casa? Tanto no caso do ukelele como da pandeireta, se teñen algún na casa que esté en "bo estado" (dun irmá, regalado,...) vale perfectamente, sexa o modelo que sexa.

Tamén podedes compartir entre irmáns o mesmo instrumento. Incluso no cole! Sempre que non estean no mesmo grupo-claseE ainda que coincida a clase de música no mesmo día, podemos organizar para que na hora de música poidan empregar o da irmán indo a recollelo á súa clase. 

 

- Que tamaño de pandeireta compro? Sete ou nove pares (de ferreñas)?  Agora mesmo (polo tamaño da súa man, forza e demais...), a que mellor lle viría sería a de 7 pares (especialmente ao alumnado de 3º e 4º. Pero por outra banda, a de 9 pares é "definitiva". É dicir, aforrarían de volver a mercar pandeireta. Valeríalle para toda a vida! Por iso é difícil ás veces recomendar unha ou outra a estas idades. Resumindo, para o que sería a etapa de primaria, quedaríalle xenial a de 7 pares porque é máis manexable. Pero se a seguen tocando, máis adiante, terían que mercar unha de 9 pares, porque lle quedaría pequena a de 7. Agardo que lles axudara na decisión☺

 

- Terían que levar e traer o instrumento o día que teñen música, ou poden deixalo no cole? O instrumento teñen que traelo e levalo, para que poidan ir tocando na casa e avanzando. Como en calquera instrumento, a práctica é fundamental para avanzar nas apredizaxes que iremos traballando na aula. E tamén de cara á avaliación final dos mesmos.

Pregamos tamén, que sexan coidadosos coa hixiene das fundas dos instrumentos. Nesta situación, toda precaución é pouca.

 

- Onde deixan o instrumento unha vez cheguen ao cole? Haberá un sitio no centro asignado para poder gardar os instrumentos o día que teñen música.   

 

- Teñen que "levar o nome posto"? É importantísimo identificar co nome do alumno tanto os instrumentos como a funda. Fágano do xeito que prefiran, coidando non estropear moito o instrumento, que sería unha mágoa. No caso do ukelele podedes poñelo na zona onde está o "clavijero" (onde se afina, por detrás, en pequeno). E coa pandeireta, facelo tamén na parte interior da madeira en pequeniño (queda máis escondida).

Coas fundas é máis sinxelo! Seguro que teñen ideas incluso mellores, pero é por darlles eu algunha opción.

 

- Que son as cunchas? Refírome a dús "cunchas de vieira". Só terían que traelas o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria

                                     

 

- Teño que mercar unhas culleres? Entendo que non, pois serían dúas culleres das que temos na casa (as de metal sopeiras de toda a vida).

Culler                  Culler

 

Mil grazas por todo o voso apoio e comprensión!! Está sendo complicado, pero todos xuntos imos poder con este bichiño. Calquera cousa, aquí estamos para o que faga falla.  

HORARIOS DE SAÍDA NOS QUE SE PODERÁ RECOLLER AO ALUMNADO

 Para organizar axeitadamente a recollida do alumnado usuario de comedor nas circunstancias especiais deste curso, comunicámoslles que só se poderá facer en determinados momentos. Fora deste horario as portas permanecerán pechadas.

 

Cando excepcionalmente algunha familia teña que recoller ao seu fillo/a noutro horario dos propostos terá que avisar ao centro.

 

ALUMNADO QUE NON UTILIZA O SERVIZO DE COMEDOR:

 

14:20 para ed. infantil e 14:30 para primaria

 

ALUMNADO QUE SI UTILIZA O SERVIZO DE COMEDOR:

 

- Educación Infantil:

  • 14:20 a 14:30

  • 15:00 a 15:15

  • 15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)

     

 

- Educación primaria 2ª quenda de comedor: 1º A, 1º B, 2º A, 2º B, 3º B, 3º C, 4º B

  • 15:00 a 15:15

  • 15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)

 

- Educación primaria 3ª quenda de comedor: 3ª A, 4ª A, 4º C, 5º A, 5º B, 6º A, 6º B

  • 15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)

 

Nos primeiros días enviaremos un formulario en papel para que as familias interesadas nos comuniquen o horario de recollida. Aproveitaremos o mesmo documento para as autorizacións das persoas que poden recoller ao alumnado no centro.

 

DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA ESENCIAL PARA O COMEZO DAS AULAS

Coa intención de facilitarlle ás familias a información referida á organización do centro e ás pautas orientativas sobre o protocolo COVID-19 enviaremos desde as titorías un correo electrónico a cada familia.

 

No mesmo se lles comunica cal é a titoría e cal é a quenda de comedor para cada nena/o.

 

Fáltanos algún detalle que estamos perfilando e dos que informaremos nestes días, antes do comezo das aulas.

 

Engadimos estes documentos que compre ler con atención e que deixamos nesta web para recorrer a eles sempre que sexa preciso:

 

 

 

  1. Comezo das aulas_primeiro día.pdf (contén a información que xa tiñamos na páxina web sobre o primeiro día de aulas de cada nivel educativo)

  2. Entradas saídas e outras info.pdf (información das normas para as familias de como acompañar ao alumnado non transportado ao centro)

  3. Información sobre a prevención.Obrigas das familias.pdf (condicións do protocolo para as familias e orientacións sobre a prevención)

  4. Autotest diario.pdf (información sobre as probas e observacións que diariamente teñen que realizar aos seus fillos ou fillas)

  5. Declaración_responsable.pdf (documento que teñen que cubrir e asinar responsabilizándose da realización do autotest que propoñen as autoridades sanitarias e educativas)

 

COMEZO DAS AULAS

Oficialmente o alumnado comezará as aulas os seguintes días:

 

10 de setembro:

 

  • 4º e 5º de EI

  • 1º, 2º e 3º de Primaria

 

Nota: como queira que en 4º de Ed. Infantil teñen período de adaptación, a titora informará nunha reunión previa de cómo se desenvolverá a mesma.

 

11 de setembro:

 

  • 6º de Ed. Infantil

  • 4º, 5º e 6º de Primaria

 

HORARIO DE ENTRADA: 9:30 (9:20 para edu. Infantil)

 

HORARIO DE SAÍDA: 14:30 primaria e 14:20 Ed. Infantil (para o alumnado que non ten servizo de comedor ou alumnado de infantil de comedor que as familias prefiran recoller a esa hora)

 

HORARIO DE SAÍDA DOS AUTOBUSES: 16:00 (luns, mércores, xoves e venres)

                                                              16:30 (martes)

 

IMPORTANTE: como queira que o día 10 está convocada unha folga polos sindicatos do ensino, polo que funcionaremos cos servizos mínimos, se algunha familia das que terían que incorporarse ese día decide non enviar aos seus fillos/as incorporaríanse o día 11.

 

 

O luns informaremos, tamén nesta web, dos horarios de apertura das portas do patio e dos protocolos de entrada e saída do mesmo por parte das familias.

O primeiro día non poderán entrar nas aulas as familias como facíamos todos os anos. Se queren acompañalos terán que agardar mentres imos chamándoos nunha zona separada do alumnado, no patio. Pregámoslles que na medida do posible eviten vir con eles, salvo nos casos de educación infantil e alumnado novo no centro. Grazas.

 

 

NOTA INFORMATIVA DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Prezadas familias,

informámosvos que por motivos sanitarios e hixiénicos neste curso non faremos uso do mandilón.

 

Moitas grazas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut