Skip to Content

MÁQUINAS

O alumnado de "Sexto A" estivo traballando estas últimas semanas na elaboración de maquetas de diferentes tipos de máquinas. Como queira que non houbo tempo nin espazos para amosarvos o seu traballo, deixámosvos unha galería a xeito de exposición virtual.

Ver a exposición

EXPOSICIÓN 2017

Parabén e moitas grazas artistas ramalloseir@s de infantil!

O venres 9 e sábado 10 na Casa Común de Cacheiras, deixamos mostra da nosa alma de artistas, con grande parte do traballo plástico realizado durante o curso no Obradoiro de Artes Plásticas.

Premendo aquí ou na imaxe, deixamos a mostra.

 

TERCEIRO E CUARTO NA ILLA DE ONS.

O 2 de xuño as aulas de terceiro e cuarto visitamos a illa de Ons.

A travesía en barco, o roteiro pola illa e o baño na praia de Area

dos Cans, resultou unha experiencia inesquecible.

Se desexas ver imaxes dese día preme aquí.

EN 1º ACHEGÁMONOS Á CIENCIA CO CIENTÍFICO FELIPE!

O venres 2 de xuño, o pai do noso alumno Felipe amosounos aos alumnos e alumnas de 1º varios experimentos científicos que nos interesaron moito.

Se clicades na imaxe accederedes ao video resumo que temos colgado na blogoteca de 1º.

 

ACAMPADA DO ALUMNADO DE SEXTO

Xa temos as fotos da acampada na galería do cole.

Podes acceder dende aquí

acampada

CONVITE EXPOSICIÓN

CONTAMOS CONVOSCO! AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

                  

EN 1º APRENDEMOS A RESPECTAR E AMAR A NATUREZA!

O pasado mércores, 5 de abril, o alumnado de 1º tivo a visita de Santiago, un axente forestal que lles ensinou un montón de cousas sobre EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Clicade na imaxe e veredes o video da actividade.

 

INFANTIL VISITA O MUSEO GRANELL

@S NEN@S DE INFANTIL VISITAMOS O MUSEO-FUNDACIÓN GRANELL.

CLICADE NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.

 

 

NOTA ACLARATORIA SOBRE A SUSPENSIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR

En relación á suspensión do transporte escolar por alerta laranxa, a Consellería de Educación publicou unha nota aclaratoria o 21-03-17 ás 20:02

Na seguinte ligazón pode acceder ao contido da nota: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21569

Distribuir contido


by Dr. Radut