Skip to Content

8 M - "Día Internacional da Muller"

Como ben sabedes, o luns reivindicamos o "Día Internacional da Muller"

Aquí vos deixamos un SYMBALOO, con recursos para traballar contidos educativos relacionados con esta temática.

Premede na imaxe!!

8M_Día Internacional da Muller

Por que? E por que o 8 de marzo?

Esta data elixiuse para conmemorar dúas importantes folgas de traballadoras que se produciron en 1857 e 1908. Considérase que ambas ocorreron un 8 de marzo!!

A primeira delas protagonizárona as mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil de Nova York. Naquela época, a maioría de empregados do sector eran mulleres, que traballaban máis de 12 horas diarias cun salario moi baixo, no cal, ademais, existía unha gran brecha salarial.

As xornadas laborais esgotadoras e estas pésimas condicións de traballo, fixeron que as mulleres organizasen unha folga. Organizaron unha marcha pola cidade para reivindicar os seus dereitos, aínda que o que recibiron foi unha gran represión por parte da policía.

En 1908 produciuse outra revolta en Estados Unidos. Neste caso, 40.000  costureras de moitas grandes fábricas do país declaráronse en folga para reclamar a igualdade de dereitos, entre outras reivindicacións. 

Nunha delas,  Cotton Téxtil Factory, en Washington  Square, ocorreu unha traxedia. Os donos desta empresa pecharon as portas das fábricas onde se atopaban as mulleres. O suceso tráxico produciuse por un incendio nese edificio, o que provocou a morte de 120 mulleres. 

Desde 1911 celébrase o Día da Muller Traballadora, aínda que non foi ata 1975 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas establecese este día como o "Día Internacional da Muller". 

Por sorte, temos avanzado moito nesta loita. Especialmente, na maioría dos paises "desenvolvidos".

Pero compre seguilo a facer! Buscando un mundo mellor en todos os paises e culturas do planeta! No que os dereitos de todos os homes e mulleres camiñen á par.

 

COMUNICADO DAS MULLERES DO CEIP DA RAMALLOSA POLO 8M

Estimadas familias: O luns 8 de marzo é o “Día da Muller”, data na que se intenta visibilizar a desigualdade social que sufrimos as mulleres. Este ano é aínda máis importante destacar as innumerables discriminacións que estamos a sufrir, agravadas claramente durante a pandemia. O corazón pídenos secundar a folga convocada para ese día, máis somos conscientes que na situación actual é moi complexo e podemos poñer en risco a seguridade que tanto esforzo nos custou este curso acadar no centro. Por iso, a maioría das traballadoras do colexio decidimos acudir ao noso posto de traballo a pesares de apoiar totalmente a convocatoria, e queremos deixar constancia do noso sentir. Desenvolveremos unha xornada escolar segura pero ao mesmo tempo activa, con achegas didácticas que axuden a seguir, paso a paso, construíndo unha sociedade máis xusta. Cuestións que ademais forman parte do currículum e que como ben sabedes tratamos de abordar transversalmente e continuamente no día a día na nosa tarefa educativa.



page | by Dr. Radut