ALUMNADO AXUDANTE EN CONVIVENCIA IES POLITÉCNICO DE VIGO

O pasado luns 30 de outubro o alumnado axudante en convivencia do IES Politécnico de Vigo acompañado polas orientadoras fomos ao cine a ver a película "CampeoneX". Foi unha sesión moi agradable na que nos sensibilizamos coa diversidade funcional e con valores de cooperación e solidaridade.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIOS E ADMITIDAS A PROBA DE ACCESO EXTRAORDINARIA DE FUTBOL SALA NIVEL I

LISTAXE PROVISIONAL 

PRAZO DE RECLAMACIÓN. 29 DE SETEMBRO E 2 DE OUTUBRO.

CHARLA SEGURIDADE VIAL

O xoves, 28 de setembro e o martes, 3 de outubro visitaranos a Asociación AESLEME para concienciar ao noso alumnado da importancia dunha condución responsable.

Acordo con RoboDK para o emprego do seu software no centro

Emprego do software RoboDK nos ciclos do noso centro.

 


FP Dual Stellantis España--IES Politécnico de Vigo

O 4 de xullo, realizouse no IES Politécnico de Vigo a sinatura dos convenios de FP Dual entre a Conselleiro de cultura, eduación, formación profesional e universidades, Román Rodríguez González, e o director de Recursos Humanos de Stellantis España das plantas de Vigo e Mangualde, Pablo Ramos Basoa.

 

Ao acto asistiron, tamén, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o responsable de Contratación e Formación de Stellantis en Vigo, José Manuel Cernadas; o responsable de Formación de Stellantis, José Ramón Coira; a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, a subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta; e os directores e dinamizadores de relación coa empresa dos centros educativos implicados.

 

Os proxectos de FP Dual asinados para o vindeiro curso 2023/24 coa empresa Stellantis España on os seguintes:

 

No IES Politécnico de Vigo

 

Ciclo Superior Mecatrónica Industrial con oferta parcial do Ciclo Superior Automatización e robótica industrial

 

Curso de Especialización en Robótica colaborativa con oferta parcial do Ciclo Superior de Mecatrónica industrial

 

 

No CIFP Valentín Paz Andrade

 

Curso de Especialización en Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos

 

 

 

1º Ciclo de Prevención de Riscos Formación Loita Contra Incendios

ALUMNADO DE 1º CURSO CICLO SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS FÓRMASE EN LOITA CONTRA INCENDIOS 

 O alumnado do 1º do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais participou nunha formación práctica de "Loita contra incendios" nas instalacións de SEGANOSA, centro de formación en emerxencias, situado en Salvaterra do Miño o pasado venres, 9 de xuño. 

 Agradecemos a Seganosa a súa colaboración coa formación do noso alumnado.  

Obradoiros Primeiros Auxilios

 

A asociación de voluntarios/as  VODEA  durante  o curso 2022-2023 impartiu obradoiros  de primeiros auxilios na ESO, bacharelato e ciclos formativos, rematando  o curso co   Ciclo de Prevención de Riscos profesionais.

Dar as grazas á Asociación porque  un ano mais puidemos contar con eles .

 Déixovos un vídeo feito por Isabel Rodríguez, profe de emerxencias do Ciclo de Prevención de Riscos Profesionais.

 

Comprometidos coa seguridade!!

 

 

FP-DUAL CURSO 2023-2024

O vindeiro curso 2023/24, o IES Politécnico de Vigo terá nova oferta en proxecto de FPDual. 
  • Un novo Curso de Especialización en Robótica Colaborativa con formación complementaria do módulo profesional de Sistemas mecánicos do Ciclo superior de Mecatrónica industrial, coa empresa Stellantis España S.L.
  • Un Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial, con formación complementaria do módulo profesional de Sistemas programables avanzados do Ciclo superior de Automatización e robótica industrial, coas empresas Stellantis España S.L. e Pescanova España S.L.
  • Un Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, coas empresas Industrial Delta Vigo S.L., Pescanova España S.L., Nueva Pescanova Biomarine Center S.L., Insuiña S.L., Productos Congelados S.A. e Centro Tecnológico de Grupo Copo S.L.U.
Nestes proxectos consigues un título oficial, ademais de estar dado de alta na Seguridade Social, e obter unha remuneración, ben mediante bolsa ou contrato de formación para a alternancia.
 
Podes consultar toda a información do proceso de admisión e solicitar a participación nestes proxectos dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo ás 13:00 no portal da Consellería de educación, no seguinte enderezo:
 
Se che quedan dúbidas, podes pasar polo IES Politécnico de Vigo para informarte, ou consultar as dúbidas a través do formulario no seguinte enderezo:
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 Dende 2020, o IES Politécnico de Vigo imparte o Curso de Especialización en Fabricación Inteligente (Acceso GS)
 
 
VEN E INFÓRMATE!!
 
Rúa Conde de Torrecedeira 88, 36208 – Vigo
Tlfno: 986213025
e-mail: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.gal
 

Admisión e matrícula - ciclos formativos (medio e superiores) - cursos de especialización - FP Dual

 Proceso de admisión e matrícula   -  ciclos formativos (medio e superiores)  -  cursos de especialización - FP Dual

Sorriso Prema aquí para obter a información e enlaces do proceso de admisión e matrícula

Premios do Concurso Xuvenil de Fotografía Matemática 2023

 

Primeiro premio de bacharelato: Marlon Blandón Bouzada,

primeiro premio de terceiro da ESO:  Hugo Blanco Piñeiro,

e primeiro premio de primeiro da ESO: Nicolás Rodríguez Lago

 

Marlon Blandón xunto á súa obra "Espiral de Teodoro na natureza":

 

Preme na foto para ver máis

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ABAU CURSO 2023-2024

Aquí tedes publicados os PARÁMETROS DE PONDERACIÓN de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA ACCESO AO CURSO 2023-2024

Obradoiro de ECO PERCUSIÓN co alumnado de 2º ESO

Fai clic na imaxe para ver máis fotos e video

 

Distribuir contido