Visita do Alumnado de Edificación e Obra Civil ao CIFP SOMESO

ALUMNADO DE CS PROXECTOS EDIFICACIÓN - CS PROXECTOS OBRA CIVIL VISITOU O MÓDULO BIOCLIMÁTICO "A VIEIRA" NO CIFP SOMESO (A Coruña)

O pasado 16 de febreiro o alumnado dos ciclos superiores de Edificación e Obra Civil participou nunha actividade do Contrato - Programa Innova organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil xunto co Departamento de FOL co obxeto de coñecer a bioconstrución como unha alternativa sostible. 

No CIFP SOMESO (A Coruña) visitamos o Módulo Bioclimático Experimental  "A Vieira" e participamos nunha charla impartida por soci@s fundadores da cooperativa Habitat Social o que nos permitiu coñecer unha experiencia cooperativa que constrúe baixo os criterios de sustentabilidade.