As mulleres que nos levaron á lúa

A Aula de Emprendemento do Politécnico de Vigo, en colaboración co proxecto de innovación de F.P Galaxia Emprende presenta a exposición "As mulleres que nos levaron á lúa" promovida pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Ourense e Exxperimentaenfeminino. 

Nesta exposición amósanse algunhas das mulleres claves no éxito da misión do Apolo XI e da posterior conquista do espazo.

Poderemos gozar desta exposición itinerante ata fin deste mes de setembro no noso centro.

 

 

LTTA1 Meeting of the ARVETI 4.0 ERASMUS+KA2 Project

A semana do 8 o 14 de maio, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, acompañados de 5 alumnos do centro, estiveron na vila de Hüde cerca do lago Dummer (Alemaña) continuando co proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

grupo en krone

CM Mantemento Electromecánico FP Dual

Prazas disponibles no Ciclo medio de mantemento electromecánico en modalidade dual

(formación compartida no instituto e na empresa) coas empresas:

Pescanova, Insuiña, Conservas Albo, Zendal, Alfrio.

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN FABRICACIÓN INTELIXENTE

O alumnado de 4º ESO posa baixo o mural realizado na entrada da Biblioteca

O alumnado de 4o ESO posa baixo o mural realizado na entrada da Biblioteca baixo a dirección de Carolina, a súa profesora de Plástica e Visual.

Xornada de convivencia do alumnado de relixión co seu profesor Gabino

Luns 13 de xuño. Xornada de convivencia do alumnado de relixión co seu profesor Gabino. Pola mañá visitaron a Igrexa de Santa Liberata e a Colexiata de Baiona, pola tarde gozaron da natureza e daron un bo baño na praia de América.

Información Preinscrición e Matrícula na Universidade

O departamento de orientación déixavos unhas ligazóns que poden servirvos de axuda na preinscrición e matrícula na universidade.

Parabéns ao alumnado do politécnico polos resultados nas probas ABAU!.

Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa!

        

                 

PREMIADA A AULA E TITORA DA ACTIVIDADE CREATIVA DO PLAN PROXECTA: CLASES SEN FUME DE 2ºESO B

A profesora e titora de 2ºB María González Iglesias recibiu onte no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela xunto co seu alumnado o premio de innovación educativa pola actividade "Microtina". Esta actividade forma parte do Plan Proxecta que está coordinado polo Departamento de Orientación do IES Politécnico de Vigo.

Práctica de Extinción de Incendios Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais

O noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais aprenderon a extinguir os distintos tipos de lumes nunha formación en SEGANOSA.

Obradoiro Primeiros Auxilios Ciclo Prevención de Riscos Profesionais

 

A asociación de voluntarios  VODEA  durante  o curso 2021-2022 impartiu obradoiros  de primeiros auxilios na ESO, bacharelato e ciclos formativos, rematando  o curso co   Ciclo de Prevención de Riscos profesionais.

Dar as grazas á Asociación porque  un ano mais puidemos contar con eles .

Déixovos un vídeo feito por Isabel Rodríguez, profe de emerxencias do Ciclo de Prevención de Riscos Profesionais.

 

Comprometidos coa seguridade!!

 

 

 

 

EXPOSICIÓN ESTEREOSCOPÍA

Estades todos convidados á exposición sobre fotografía estereoscópica, ou fotografía 3D, que temos montada na entrada do Instituto. Nela podedes ver o traballo de investigación que fixemos en Física e Química de 4º de ESO sobre fotografía estereoscópica, construimos diversos estereoscopios e fotos 3D que podedes gozar gracias as lentes 3D que tamén elaboramos. Nos paneis podedes disfrutar de máis información usando os códigos QR. Agardamos que vos guste.

foto

Os estudantes de Vigo aprenden sobre a realidade aumentada en Alemaña

O proxecto "Realidade Aumentada para a Educación e a Formación Profesional na Industria 4.0", financiado por Erasmus+, está liderado pola escola BBS Osnabrück Brinkstrasse de Alemaña e reuniu a estudantes de cinco países diferentes, entre eles cinco estudantes do IES Politécnico de Vigo.

 

 

CALENDARIO DA ABAU 2022

 Aquí tedes o  calendario completo da ABAU 2022 publicado pola CIUG.

 

CLASES SEN FUME 2022

CLASES SEN FUME 1º ESO A 2022

CLASES SEN FUME 1º ESO B 2022

CLASES SEN FUME 2º ESO A 2022

CLASES SEN FUME 2º ESO B 2022

 Estas son as actividades creativas do Proxecto Clases Sen Fume

do curso 2021-2022 no que participaron alumnano e orientación e titoría

dos cursos 1ºA ESO, 1ºB ESO,  2ºA ESO, 2ºB ESO

 

Distribuir contido