XORNADA DEMO DE M3MH NO IES POLITÉCNICO DE VIGO

O IES Politécnico de Vigo continúa na innovación tecnolóxica da man das empresas colaboradoras.

O pasado martes 19 de marzo Innovalia Metrology realizou una demo para alumnado e para empresa do software M3MH. Software metrolóxico deseñado para Máquinas Ferramentas.

A SITUACIÓN LABORAL E EMPRESARIAL ACTUAL EN VIGO E COMARCA

O departamento de FOL organiza para o alumnado de Ciclos formativos de adultos unha charla acerca da situación laboral e empresarial en Vigo e a súa comarca. O relator é Guillermo Hermida da consultora UNIGALIA.

 

VACANTES ESO-BACHARELATO PARA O CURSO 2024-25

Número de vacantes para a ESO e Bacharelato. Pique aquí.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

RESERVA CURSO 2024/25 PARA 1º ESO

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

CHARLA TÉCNICA: FLUXO DE INFORMACIÓN, MATERIAIS E CADEA DE SUBMINISTRACIÓN. PLANIFICACIÓN ORIENTADA A DEMANDA

José Manuel Barbeira, da empresa Smartlog, impartiu unha charla/conferencia ao alumnado de adultos de fabricación mecánica sobre a estrutura e tendencias na Programación da Produción en Fabricación Mecánica.

smartlog1

OBRADOIRO XESTION DAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DAS EMOCIÓNS

Alumnado de 3º da ESO  no obradorio " Xestión das emocións a traves da respiración"  impartido por Victoria Ambros. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

VISITA Á UNIVERSIDADE DE VIGO CO ALUMNADO DE 2º CURSO BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA

O pasado 17 de xaneiro o alumnado de 2º de bacharelato de ciencias e tecnoloxía visitou as facultades de Ciencias do Mar, Bioloxía e Química así como as Escolas de Enxeñería de Telecomunicacións, Enerxía e Minas e Industriais. O alumnado foi acompañado polas orientadoras do centro María José Barreiro e Irma Álvarez Diéguez. 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024-25

Martes día 20 de Febreiro ás 18,30 horas haberá unha xornada de portas abertas para o curso 2024-25

 

 

GRAN XORNADA DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Xornada Técnica: Escaneo 3D para la industria automotriz y manufacturera.

Impartida por CREAFORM, do grupo AMETEK.

Pola mañán, alumnado dos ciclos formativos e alumnado dos bacharelatos científicos estiveron moi interesados e participativos na exposición sobre a innovación no escaneado 3D con fins industriais.

Pola tarde, importantes empresas do sector industrial nos visitaron para coñecer de primeira man os avances na enxeñería inversa e no control metrolóxico a partir de escaneos 3D. .

 

CREAFORMGALERIA

Enlace a fotos e videos

 

 

ADMISION ESO/BACHARELATO CURSO 2024/25

PRAZO DE ADMISION PARA ESO E BACHARELATO: Do 1 ó 20 de marzo.

Información detallada dos prazos: prema aquí.

Solicitude de admisión en castelan: prema aquí.

Solicitude de admisión en galego: prema aquí.

Asistente informático para solicitude web: prema aquí.

Normativa: prema aquí

Folla optativas ESO: prema aquí.

Folla optativas BACHARELATO ARTES: prema aquí.

Folla optativas BACHARELATO CIENCIAS: prema aquí.

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE PLASTICOMNIUN EN REDONDELA

O noso alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais visitou o centro de traballo de Plastic Omnium en Redondela o pasado venres, 19 de xaneiro para coñecer como  integran a prevención de riscos e coidan da saúde das persoas na súa actividade no sector da automoción. 

Agradecemos a Alejandro Outeiral e o seu equipo na área de Saúde, Seguridade e Medio Ambiente a oportunidade que cada ano ofrecen o noso alumnado e profesorado. 

 

XORNADA TÉCNICA ESCANEO 3D PARA LA INDUSTRIA AUTOMOTRIZ Y MANUFACTURERA

O IES Politécnico continúa con formación e colaboración con empresas na innovación tecnolóxica.

O próximo xoves 25 de xaneiro teremos unha dobre Xornada Técnica:
 

Escaneo 3D para la industria automotriz y manufacturera

 
A xornada será teórica práctica con demostración de equipos, e estará impartida pola empresa
 

CREAFORM


Realizaranse dúas sesións. En horario de mañá dedicada o alumnado, e en horario de tarde dedicado as empresas.

Enlace con mais información:

https://go.creaform3d.com/webmail/891721/2366953945/27a38488982c8ff460c29ce2d66be0d4f464bad0a920def8e0fb25fe608c672d

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS

O alumnado do CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS visitou o pasado xoves 11 de xaneiro as instalacións da Axencia Galega de Emergencias en A Estrada acompañados pola profesora do módulo de Emerxencias, ISABEL RODRÍGUEZ PÉREZDeste xeito o alumnado do ciclo pode coñecer de primera man a importante labor desenvolto polo Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE -112) e o Grupo de Apoio Loxístico Intervención. Como centro educativo agradecemos a colaboración da AXEGA. 

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS PROBA EXTRAORDINARIA FUTBOL CENTRO CAD-FDYE-GALICA

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS PROBA EXTRAORDINARIA

 

As reclamacións realizaranse na secretaría do IES Politécnico de Vigo os días 16 y 17 de xaneiro.

FERIA SEDEXPO CICLO SUPERIOR PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS

ALUMNADO DE CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS VISITOU A FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS (SEDEXPO) CELEBRADA EN SILLEDA O PASADO 30 DE NOVEMBRO

O noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais tivo a oportunidade de estar en contacto con empresas comprometidas coa seguridade, a defensa da cidadanía e coa xestión das emerxencias e participar nas activdades organizadas (scaperoom de ciberseguridade organizado por INCIBE, simulador 3D de condución de ambulancia, simulacro organizado pola Guardia Civil, demostración de manobras de rescate...). 

 

PROGRAMA CONECTA COA VIDA

O martes 19 de decembro Alicia Parra, Técnica de saúde mental de FEAFES, estará connosco no IES Politécnico nunha formación encadrada no programa para a sensibilización e prevención do suicidio  " Conecta coa Vida", co noso alumnado do C. Superior de Prevención de Riscos Profesionais.  conectacoavida.org 

 

 

 

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE OURO na competición GALICIA SKILLs 2023

O IES POLITÉCNICO de VIGO acada a MEDALLA DE OURO na competición a Fresado CNC de GaliciaSkills 2023, que se celebrou do a 25 ao 27 de outubro no recinto feiral de Silleda.

 

Pedro Rodríguez Rodríguez, alumno do CS Programación da produción en fabricación mecánica, foi o gañador nesta modalidade e estivo acompañado polo seu titor Francisco José Rodríguez Martínez, e apoiado polo profesor experto na competición Javier Fondevila Blanco.

 

 

Pedro Rodríguez representará a Galicia na competición SpainSkills 2024.

 

 

 

 

Distribuir contido