Xornadas Informativas FP Dual Galicia

O 23 e 25 de xuño celebráronse unhas xornadas informativas de FP Dual en Galicia. Déixovos ligazóns aos vídeos das xornadas, neles poderedes

atopar as respostas a todas as dúbidas que teñades sobre esta modalidade de Formación profesional.

 

Receitario de Igualdade

Receitario de Igualdade

Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas. 

Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!

 

 

EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO 

Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21

                                         

Aquí tedes a información que nos facilitan as Escolas Superiores de Arte de Galicia, facendo click nos logos podedes acceder a súa páxina web.

 

                                                                      

                                              

 PROBAS DE ACCESO 2020/21

Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.

PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación

Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.

PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía

As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.

 

              

 

 

Inscrición ás EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo. 
Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
PROBA MADUREZA6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.

Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

Preguntas frecuentes: http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno

Obtención Chave365 no teléfono 012 ou no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES

 

As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 22 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.

A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución

 

 

Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

 

 

 

 

Guía da ABAU e do Acceso á Universidade 2020

 

Aquí tedes un enlace a unha guía moi sinxela e completa sobre a ABAU e o acceso a Universidade deste ano 2020.

Moito ánimo e o esforzo será recompensado.

 

 Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

 

 

 

 

 

Como Facer a Matrícula para a ABAU 2020

No seguinte blogue, Mónica Diz, orientadora no IES a Sardiñeira, preparou un documento interactivo que vos explica perfectamente e de forma sinxela como facer a vosa matrícula na ABAU.

 

 

https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/06/como-hacer-la-matricula-en-la-abau.html  

 

Recomendámos que lle votedes un ollo.

 

 Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

 

Ponderacións ABAU 2020-2021

Publicados os parámetros de ponderación para as ABAU 2020 en Galicia.

 

 

 Departamento de orientación 

 IES Politécnico de Vigo

 

Fondo libros de texto curso 2020/21

 

Adaptacións das programacións dos departamentos didácticos con motivo do COVID-19

Podes consultar estas adaptacións no menú Departamentos, na parte dereita da pantalla,  premendo na opción Programacións de cada departamento e accedendo aos arquivos "adxuntos".

REANUDACIÓN DO PROCEDIMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO CURSO 2020-2021


Iniciarase o 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes

Medidas coronavirus

 

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Resolución do 23 de abril de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento da FP e a FCT

Novas instrucións en relación co COVID-19 do 13 de marzo 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

 

Proceso de Admisión Curso 2020-2021

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

Para o alumnado do Politécnico de Vigo

Con respecto as actividades a desenvolver durante os días de suspensión das clases:

1.- Os/as que usades a cotío a aula virtual, ésta seguirá sendo o medio preferente para enviarvos as tarefas a desenvolver.

2.- No caso de non usar a aula virtual, o profesorado irá colgando  actividades a través da páxina web do IES. Estas actividades localizaranse  na parte dereita da pantalla,  no menú "ACTIVIDADES 3ª AVALIACIÓN" entrando no curso correspondente.

3.- Outro profesorado porase en contacto con vos  a través do correo electrónico.

Se non se dispón destes medios, repasar utilizando os vosos libros de texto, apuntes...

A Dirección.

 

Nota de prensa do MEC en relación a ABAU e a FCT do 25 de marzo 

 A continuación vai un arquivp co contido da nota de prensa do día 25 de marzo de 2020

 

Proxecto "Aulas Galegas"

A continuación remítese un enlace ao portal educativo "Aulas Galegas"  creado por profesorado galego para compartir recursos, para axudar ao alumnado, familias e profesorado nestes momentos tan complicados.

http://aulasgalegas.org/o-proxecto/

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ACTIVIDADE NON PRESENCIAL

Aproveita este tempo para reflexionar sobre o teu futuro académico e profesional. No Departamento de Orientación seguimos informando e asesorando. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .

  • INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO

Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com

Sara Rivera:sararivevilla@gmail.com

  • INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP

Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com

Déixovos a presentación da vos pode servir de axuda nas vosas decisións.

 

LIGAZÓNS

Vídeo Entroidada 2020

Visita ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

 

 

Fai clic para ver imaxes 

 

O pasado mércores 19 de febreiro os grupos de 1º Bacharelato de Ciencias E e F, 1º e 2º Bacharelato de Ciencias adultos e ESA do noso centro participaron nesta actividade organizada polo departamento de Matemáticas e que contou coa colaboración do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Puidemos visitar as instalación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

As investigadoras Susana Teijeira e Saida Ortolano encargáronse de coordinar a visita.

Os nosos alumnos foron recibidos por varios científicos que lles presentaron as súas liñas de investigación en diferentes áreas: Roberto Agís ( Epixenética / Neurociencias), Saida Ortolano ( Cultivo celular e ensaios enzimáticos), Eva Poveda ( Cultivo de bacterias), Carlos Spuch ( Neurociencias), Olga Souto e Susana Teijeira ( Corte e tinguido de texidos / Microdisección láser), Vanesa Val ( Biobanco), César Veiga ( Cardioloxía) e Irene Viéitez ( Estudos xenéticos). Os estudantes de doctorado Daniel Pérez e Laura Busto tamén participaron na exposición.

A actividade foi un éxito.

Podedes ver algunhas fotos.

 http://www.fundacionbiomedica.org/alumnos-de-bachillerato-del-instituto-politecnico-de-vigo-visitan-el-iis-galicia-sur/

 

Excursión de alumnos de 2º de ESO ás instalacións de Faro de Vigo en Chapela

 

Acompañados polas profesoras María Fontela, Ana Fresco e María Jesús Fernández, os alumnos de 2º de ESO foron de excursión a visitar o Faro de Vigo en Chapela, o día 18 de febreiro. Con tal motivo, percorreron as instalacións do xornal decano da prensa española e coñeceron en vivo o funcionamento do periódico

Fai clic para ver imaxes

 

Entroido 2020 no IES Politécnico de Vigo

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 26 de febreiro de 2020).

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

 

 

Distribuir contido