Medidas coronavirus

 

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Resolución do 23 de abril de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento da FP e a FCT

Novas instrucións en relación co COVID-19 do 13 de marzo 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

 

Proceso de Admisión Curso 2020-2021

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

Para o alumnado do Politécnico de Vigo

Con respecto as actividades a desenvolver durante os días de suspensión das clases:

1.- Os/as que usades a cotío a aula virtual, ésta seguirá sendo o medio preferente para enviarvos as tarefas a desenvolver.

2.- No caso de non usar a aula virtual, o profesorado irá colgando  actividades a través da páxina web do IES. Estas actividades localizaranse  na parte dereita da pantalla,  no menú "ACTIVIDADES 3ª AVALIACIÓN" entrando no curso correspondente.

3.- Outro profesorado porase en contacto con vos  a través do correo electrónico.

Se non se dispón destes medios, repasar utilizando os vosos libros de texto, apuntes...

A Dirección.

 

Nota de prensa do MEC en relación a ABAU e a FCT do 25 de marzo 

 A continuación vai un arquivp co contido da nota de prensa do día 25 de marzo de 2020

 

AdxuntoTamaño
Nota de prensa MEC_ABAU_FCT.pdf357.58 KB
resolucion_23_04_2020_FP.pdf628.8 KB
instrucions_3trimestre.pdf721.11 KB