Visita ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

 

 

Fai clic para ver imaxes 

 

O pasado mércores 19 de febreiro os grupos de 1º Bacharelato de Ciencias E e F, 1º e 2º Bacharelato de Ciencias adultos e ESA do noso centro participaron nesta actividade organizada polo departamento de Matemáticas e que contou coa colaboración do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Puidemos visitar as instalación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

As investigadoras Susana Teijeira e Saida Ortolano encargáronse de coordinar a visita.

Os nosos alumnos foron recibidos por varios científicos que lles presentaron as súas liñas de investigación en diferentes áreas: Roberto Agís ( Epixenética / Neurociencias), Saida Ortolano ( Cultivo celular e ensaios enzimáticos), Eva Poveda ( Cultivo de bacterias), Carlos Spuch ( Neurociencias), Olga Souto e Susana Teijeira ( Corte e tinguido de texidos / Microdisección láser), Vanesa Val ( Biobanco), César Veiga ( Cardioloxía) e Irene Viéitez ( Estudos xenéticos). Os estudantes de doctorado Daniel Pérez e Laura Busto tamén participaron na exposición.

A actividade foi un éxito.

Podedes ver algunhas fotos.

 http://www.fundacionbiomedica.org/alumnos-de-bachillerato-del-instituto-politecnico-de-vigo-visitan-el-iis-galicia-sur/